mércores, 30 de xaneiro de 2019

Os libros máis lidos nos clubs de lectura de centros de ensino.





Os clubs de lectura dos centros de educación secundaria, bacharelato e formación profesional son unha iniciativa de fomento da lectura libre e voluntaria. Son comunidades lectoras que favorecen o intercambio entre iguais de opinións, intereses e emocións e inflúen positivamente na formación como lectores do alumnado participante.
Os 50 libros máis lidos polos 231 clubs de lectura dos centros educativos de Galicia durante o curso 2017/2018.

Na nosa biblioteca (146)

Novas de Galaxia na biblioteca de GÁLIX.

Título: Os Fantom
Texto: Patricia Mallo
Ilustracións: Alba Cid
Editorial: Galaxia
Colección:Árbore azul
Obra gañadora da primeira edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro.

Obra gañadora da primeira edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro.
Patricia Mallo gaña o primeiro premio de literatura infantil Carlos Mosteiro (21 de xuño de 2018). La Voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2018/06/21/span-langglpatricia-mallo-gana-primeiro-premio-literatura-infantil-carlos-mosteirospan/0003_201806G21P35993.htm

Canal Barbanza: http://www.canalbarbanza.com/WCBar/archivos/28724
 

Título: O segredo das Burgas
Texto: Andrés Pombo Graña
Editorial: Galaxia
Colección: Costa Oeste
Entrevista a Andrés Pombo por Xosé Manoel Rodríguez, en La Voz de Galicia. Ourense :
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2019/01/24/span-langgl-segredo-das-burgas-conta-fantasia-drama-humorspan/0003_201901O24C7994.htm


martes, 29 de xaneiro de 2019

Día da Ilustración.


O Día da Ilustración celébrase en Galicia cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego.
O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).
Ilustrador do cartel deste ano, Santy Gutiérrez








Título: Fábulas de Iriarte
Texto: Tomás de Iriarte
Ilustracións: Federico Ribas
Editorial, ano: Ed. Atlántida. Bos Aires, 1972

O ilustrador homenaxeado este ano é Federico Ribas Montenegro, debuxante, ilustrador, publicista e pintor que naceu en Bouzas no 1890 e finou en Madrid en 1952.


A Rede de Bibliotecas de Galicia ten previsto un completo programa de actividades para homenaxear a este autor e difundir o papel da ilustración con exposicións, obradoiros, conferencias e mesas redondas.

Fernando Torres Carbajo, veterianario e escritor afeccionado publicou en xuño de 2015 unha biografía Federico Ribas Montenegro 

Finou Juan de Isasa

Recollemos a nova do falecemento de Juan de Isasa, membro do Comité Executivo de IBBY e Vicepresidente de IBBY de 1992 a 1996. En 2004 converteuse en membro do Consello da Fundación IBBY e serviu ata 2010.
En 2010, recibiu a mención de Membro Honorario de IBBY no 32º Congreso IBBY en Santiago de Compostela.
En 2013 Juan de Isasa recibiu o premio de Editor de honra da Federación de Gremios de Editores de España.


luns, 28 de xaneiro de 2019

venres, 25 de xaneiro de 2019

Premios Fervenzas Literarias 2018



Fervenzas Literarias, revista de literatura galega, ven de publicar, como cada ano, os Premios Fervenzas Literarias para os mellores libros do 2018; uns premios sen dotación económica outorgados por votación pública de lectores.
Nesta ocasión, e no referente a LIX, os resultados foron:

xoves, 24 de xaneiro de 2019

Bienal de ilustración de Bratislava

A Bienal de Bratislava é unha prestixiosa exposición internacional de ilustracións de libros para a infancia e a xuventude, organizada polo Ministerio de Cultura da República Eslovaca, a Comisión Eslovaca da UNESCO e a Casa Internacional da Arte para Nenos, que se celebra durante os meses de setembro e outubro. Ademais da mostra de orixinais, realízase un simposio internacional de especialistas na ilustración de libros para infantís e xuvenís.
A OEPLI pode presentar como máximo 15 ilustradores, que envían orixinais de unha ou dúas obras publicadas no últimos tres anos.
GÁLIX como sección galega da OEPLI, Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil, xunto co Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, CLIJCAT, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil, e Galtzagorri Elkartea, participa na selección dos 15 ilustradores que poderán participar na próxima Bienal de Bratislava, que se celebrará en outubro.
Cada ilustrador/a pode presentar un máximo de 8 ilustracións de 1 ou 2 libros, publicados en galego, nunha editorial galega (tamén se admiten autoedicións).

Condicións:
  • Cada autor/a pode presentar como máximo 2 libros. Si se presentan por primeira vez os libros poden estar editados nos últimos 5 anos, pero si participaron nalgunha outra edición os libros teñen que estar publicados entre 2017 e 2019.
  • Cómpre aportar as seguintes ilustracións:1 ilustración da cuberta do libro e 3 ilustracións interiores.
  • Datos : Nome da/o ilustradora/o. Título do libro. Nome da editorial e ano de publicación.
As solicitudes de participación deberán enviarse a GÁLIX: galix@galix.org ou a OEPLI: oepli@oepli.org.
No marco da Bienal, un xurado internacional concede os seguintes Premios ás mellores obras: un Grand Prix cun valor de 3000 $, cinco Mazás de Ouro de 1500 $ e cinco Placas cun valor de 100 $ cada unha.

mércores, 23 de xaneiro de 2019

Na nosa biblioteca (144)

Tres novidades de Galaxia:
  • A derradeira bala,
  • Paio e o poder da música e
  • Puf! vaia peido... : seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes

Título: A derradeira bala
Texto:Fernando Castro Paredes
Editorial: Galaxia
Colección: Costa Oeste
+ info: http://editorialgalaxia.gal/produto/a-derradeira-bala/
I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño
Notas na prensa, recensións e comentarios sobre o libro en:

Título:Paio e o poder da música
Textos e cancións: Verónica Santalices e Federico Welicki. Oviravai.
Ilustracións: David Ouro
Editorial: Galaxia
Colección:Sonárbore. Libro + CD
+ info: http://editorialgalaxia.gal/produto/paio-e-o-poder-da-musica/

Librorecomendado por Librería Couceiro
Facebook Oviravai




Título: Puf! vaia peido... : seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes
Texto e Ilustracións: Luísa Martínez Lorenzo
Editorial: Galaxia
Colección: Varios
+ info: http://editorialgalaxia.gal/produto/puf-vaia-peido-seres-sorprendentes-con-nomes-ben-ocorrentes/

Entrevista en Diario Cultural 




martes, 22 de xaneiro de 2019

No falecemento de Fernando Cendán



O pasado xoves 17 de xaneiro, morreu en Madrid, Fernando Cendán Pazos, nado en Narón en 1931.
A traxectoria profesional de Fernando Cendán estivo sempre ligada ao libro e á lectura; traballou no Instituto Nacional del Libro Español ata a súa desaparición en 1986 cando se incorporou ao Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Exerceu tamén como profesor e secretario da Escuela de Librería de Madrid, e como xerente da revista "El Libro Español".
De entre as obras publicadas, queremos destacar: Medio siglo de libros infantiles y juveniles (1935-1985), Edición y comercio del libro español, La fiesta del libro en España: crónica y miscelánea e, El Ferrol : su ría y su comarca.
Fernando Cendán era tamén o pai da nosa compañeira Ana Cendán, secretaria da OEPLI, con quen compartimos a dor desta perda.

mércores, 16 de xaneiro de 2019

Calendario do libro e da lectura 2019

Presentámosvos o novo calendario 2019 da Rede de Bibliotecas de Galicia coas datas máis salientables arredor do libro e a lectura. Podedes descargar o calendario, deseñado pola ilustradora Blanca Millán, en formato pdf picando aquí.


martes, 15 de xaneiro de 2019

Na nosa biblioteca (143)

Dámoslle a benvida á nosa biblioteca a esta proposta de Aira Editorial.
Título: Macedonia de versos
TextoConcha Blanco
Ilustracións: Lidia Nokonoko
Editorial: Aira Editorial
Xénero: Poesía
+info:https://airaeditorial.gal/titulos/macedonia-de-versos/



luns, 14 de xaneiro de 2019

Convócase o II Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil

O Concello de Pontevedra e Urco Editora convocan o II Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil. Pódense enviar orixinais ata o 31 de xaneiro
Estas son as bases do premio:

 

venres, 11 de xaneiro de 2019

Premios Xerais 2019


Un ano máis, Edicións Xerais de Galicia convoca os seus premios. No tocante á literatura infantil e xuvenil, a editora publicou as bases da 34ª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil (dotado con 10.000 euros) e da 11ª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil (con igual dotación económica).
O veredicto do xurado coñecerase o 7 de xuño e a entrega dos galardóns terá lugar no mes de outubro cos libros xa editados.
Podes consultar as bases na propia web da editora picando aquí.

xoves, 10 de xaneiro de 2019

Este libro encantoume (xaneiro 2019)




XANEIRO, 2019

Recomendamos Bestiario doméstico, de Raquel Castro.
 
Un variado bestiario de animais (mamíferos, réptiles, insectos, arácnidos…) que se poden atopar en calquera casa rural ou con xardín; coas súas rutinas cotiás, as súas cuitas e vivencias. Un exquisito sentido do humor e mesmo retranca.
O nome dun animal dá título a cada capítulo, seguido do seu nome científico e unha breve definición, tamén científica. As andanzas, os soños, os devezos, os namoros, a loita pola supervivencia de cada bicho, as súas présas ou a súa calma, os trafegos de cada un, completan o capítulo que, nas súas últimas liñas dará entrada ao animal que nomeará o seguinte. Así, a xeito de elos dunha mesma cadea, chegaremos ao último destes “bichos”, ao último capítulo, e atoparémonos reunidos nel a todos os demais.
Cunha linguaxe sinxela e coidada, algún que outro retrinco á nosa cultura e mesmo poesía, é un libro de lectura amena.
A recomendación da editora é a partir dos 10 anos, pero ningunha persoa adulta debería perderse esta oportunidade de sorrir (mesmo rir a cachón) con este bestiario. Encantoume. Moito. Co significado real de encanto. Deixoume con ganas de moitos máis bichos neste bestiario.

Isabel Serantes Gómez

martes, 8 de xaneiro de 2019

Recensión de "Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia" en Balea Cultural

http://baleacultural.net/2018/12/12/feminismos-e-literatura-infantil-e-xuvenil-en-galicia-un-traballo-que-cobre-unha-lagoa-da-nosa-historia-literaria/
Navegando no océano de internet batemos coa Balea Cultural, onde publicaron esta interesante recensión de Iria Pedreira sobre o libro Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia (Edicións Laiovento) da crítica e profesora Montse Pena Presas, que define como "un traballo imprescindible e comprometido que cobre unha importante lagoa da nosa historia literaria".
Pica aquí para ler a recensión completa.

luns, 7 de xaneiro de 2019

Na nosa biblioteca (141)

Continuamos coas novidades na nosa biblioteca. Dámoslle a benvida a estas dúas estupendas traducións, agasallo de Sushi Books!
Título: O Señor dos Aneis
TextoIlustracións: J.R.R. Tolkien
Tradución:  Moisés Barcia
Editorial: Sushi Books
Colección:
+ infohttp://rinoceronte.gal/sushibooks/tenda.php?op=ver&id=1426
Obra publicada orixinariamente en tres entregas entre 1954 e 1955. Traducida por primeira vez ao galego por Moisés Barcia, publicada en Xerais entre 2001 e 2002. 
-Recomendación de Armando Requeixo no Diario Cultural
-Culturagalega.gal
Título: Os Bandiden
Texto: Siri Kolu (Kouvala - Finlandia, 1972 - )
Ilustracións: Tuuli Juusela
Tradución: [do italiano], Moisés Barcia
Editorial: Sushi Books
Colección: Intermedio
+ info: http://rinoceronte.gal/sushibooks/tenda.php?op=ver&id=1425
Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

sábado, 5 de xaneiro de 2019

Na nosa biblioteca (140)

E continúan a chegar libros á nosa biblioteca. Neste caso, esta estupenda proposta de Kalandraka:
Título: Os contos da avoa Pepa
Texto:  Francisco X. Fernández Naval
Ilustracións: Manolo Figueiras
Editorial: Kalandraka
Colección: Sete leguas
+ info:
http://www.kalandraka.com/fileadmin/images/books/dossiers/OsContosDaAvoaPepa-G_01.pdf
-Avance do libro
-Recensión literaria na Voz de Galicia por Xesús Fraga


xoves, 3 de xaneiro de 2019

Na nosa biblioteca (139)

Inauguramos o ano dándolle a benvida á biblioteca de GÁLIX a esta novidade de Narval Editores.
Título: Lobiños
Texto: José Carlos Román
Ilustracións: David Rodríguez Lorenzo
Tradución: Laura Sousa Sánchez
Editorial: Narval Editores
Colección: Álbum ilustrado







+ info: https://elblogdenarval.com/lobitos/
Presentación na libraría Eixo de Ourense
Sobre o ilustrador, o ourensán David Rodríguez Lorenzo:
https://davidlorenzoillustration.com/Contacto-About-and-contact
https://www.facebook.com/davidlorenzoart
https://elblogdenarval.com/david-r-lorenzo/
https://www.babidibulibros.com/autor/david-rodriguez-lorenzo/