Fervenzas
Literarias,
revista de literatura galega, ven de publicar, como cada ano,
os Premios Fervenzas Literarias para
os mellores libros do 2018; uns
premios sen dotación económica outorgados por votación pública de
lectores.
Nesta ocasión, e no referente a LIX, os resultados foron:
- Mellor libro de literatura xuvenil para A balada dos unicornios, de Ledicia Costas.
- Mellor libro de literatura infantil para Mamá, quero ser Ziggy Stardust, de Iria Misa.
- Mellor libro traducido de literatura infantil e xuvenil para Pippi Mediaslongas embarca, de Astrid Lindgren, traducido por David A. Álvarez Martínez.
- Ilustrador do ano para Víctor Rivas.
- Mellor capa de libro de literatura infantil e xuvenil para A balada dos unicornios, de Ledicia Costas, feita por Andrés Meixide.
- Mellor editorial do ano para Xerais.
- O peor acontecido para o falecemento de Xabier P. DoCampo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]