O Día da Ilustración celébrase en Galicia cada ano o 30 de
xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de
lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na
industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico
galego.
O Día da Ilustración é unha
iniciativa da Consellería
de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de
Galicia en colaboración coa Asociación
Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).![]() |
Título:
Fábulas de Iriarte Texto: Tomás de Iriarte Ilustracións: Federico Ribas Editorial, ano: Ed. Atlántida. Bos Aires, 1972 |
O ilustrador homenaxeado este ano é Federico Ribas Montenegro, debuxante, ilustrador, publicista e pintor que naceu en Bouzas no 1890 e finou en Madrid en 1952.
A Rede de Bibliotecas de Galicia ten previsto un completo programa de actividades para homenaxear a este autor e difundir o papel da ilustración con exposicións, obradoiros, conferencias e mesas redondas.
Fernando Torres Carbajo, veterianario e escritor afeccionado publicou en xuño de 2015 unha biografía Federico Ribas Montenegro
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]