xoves, 29 de novembro de 2018

Xornadas "Desfacendo a raia" en Pontevedra

O pasado luns 26 de novembro tivo lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación de do Deporte, en Pontevedra, a primeira parte das Xornadas Desfacendo a raia, organizadas por GÁLIX. Este ano o tema elixido foi "A LIX nos medios de comunicación". 

Na mesma, poidemos gozar e aprender coas intervencións de Miguel Vázquez Freire, Tamara Andrés e Mario Regueira. A conversa estivo moderada por Ana Luna.

O vindeiro mércores 5 de decembro celebrarase a segunda parte no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación de Lugo. O acto será aberto a todo o público ata completar aforo.

mércores, 28 de novembro de 2018

Fina Casalderrey, Premio Rosa dos Ventos 2018

Fina Casalderrey foi galardoada co Premio Rosa dos Ventos 2018, concedido anualmente polo alumnado de 5º curso de Bacharelato do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires.
"Fina tiña que ter a nosa Rosa dos Ventos", expresan os mozos e mozas que resolveron o galardón, que valoran tamén a condición da académica como docente. "É ante todo mestra, e iso nótase cando un a escoita. Achega os conceptos dun xeito amable, sen estridencias, con agarimo...", engaden sobre unha autora que puideron coñecer en persoa e que, "malia ser unha das figuras máis importantes da literatura infantil e xuvenil", é unha persoa de "talante modesto, respectuoso, cariñoso, cercano e optimista".
Con este permio preténdese homenaxear a un home, muller ou entidade que, sen formar parte da institución, acredite méritos destacables na defensa da identidade fundacional da institución educativa. Do mesmo xeito, simboliza a irmandade cos premiados e coas premiadas, para que continúen acompañando o labor pedagóxico na escola e difundan as actividades que realiza.
En edicións anteriores, o Premio Rosa dos Ventos recoñeceu tamén o labor de Víctor Freixanes, Manuel Rivas, Henrique Monteagudo, Carlos Núñez, Luís G. Tosar e Jorge Mira.
+ info:
http://santiagoapostol.edu.ar/gl/article/escritora-e-acad%C3%A9mica-fina-casalderrey-premio-rosa-dos-ventos-2018
http://www.espanaexterior.com/la-escritora-y-academica-fina-casalderrey-premio-rosa-dos-ventos-2018/
https://academia.gal/inicio/-/asset_publisher/m2gF/content/id/1216120/pop_up?_101_INSTANCE_m2gF_viewMode=print

luns, 26 de novembro de 2018

Na nosa biblioteca (131)

E para ir rematando este mes de novembro... recibimos na nosa biblioteca estas novidades de Hercules de Ediciones:
Título: Porque te quero moito
Texto e Ilustracións: Milja Praagman
Tradución: María Alonso Seisdedos coa colaboración de Antón Vialle
Editorial: Hércules de Ediciones
Colección: Novas lecturas de Hércules
+ infohttp://www.herculesediciones.com/gl/libro/porque-te-quiero-mucho/#

Título: Mortiña
Texto e Ilustracións: Barbara Cantini
Tradución: Rosa Marta Gómez Pato e Manuel González González
Editorial: Hércules de Ediciones
Colección: Novas lecturas de Hércules
+ info:   http://www.herculesediciones.com/gl/libro/mortina/

 
Título: A manchas ou a raias?
Texto e Ilustracións: Estefanía Padullés
Tradución: Charo Baleirón Sóñora
Editorial: Hércules de Ediciones
Colección: Novas lecturas de Hércules
+ infohttp://www.herculesediciones.com/gl/libro/a-manchas-o-a-rayas/#
Recomendación da libraría Couceiro

venres, 23 de novembro de 2018

Na nosa biblioteca (130)

Con moita felicidade, recibimos na nosa biblioteca as dúas obras gañadoras do I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade, organizado por Baía Edicións.
Título: A Reconquista
Texto
:Antía Yáñez
Ilustracións
: Ana Pedreira
Editorial
: Baía Edicións
Colección
: Conto x conto
+ info
: 
Obra gañadora ex aequo do I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2018)
Recensión en Trafegando ronseis

Título: Vermella
Texto: Sabela Losada Cortizas
Ilustracións: Minia Regos
Editorial: Baía Edicións
Colección: Conto x conto
+ info: 
Obra gañadora ex aequo do I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2018)
Recensión en Trafegando ronseis.

xoves, 22 de novembro de 2018

Na nosa biblioteca (129)

Recibimos na nosa biblioteca os flamantes gañadores dos premio Merlín de Literatura Infantil e Jules Verne de Literatura Xuvenil, ambos convocados por Edicións Xerais de Galicia.

Título: Kusuma
Texto: Héctor Cajaraville
Ilustracións: María Lires
Editorial: Xerais
Colección: Merlín. + de 9 anos
+ info:
https://www.xerais.gal/libro.php?id=5155583
Premio Merlín de Literatura Infantil 2018
-Booktubers Gala Xerais Premio Merlín 2018
-Discurso de Héctor Cajaraville, Premio Merlín de Literatura Infantil 2018: “A literatura infantil e xuvenil galega atravesa un momento de esplendor”
-Entrevista a Héctor Cajaraville en Praza pública por Montse Dopico  (19/06/2018)
-Recomendación literaria da libraría Couceiro 

Título: Aplicación instantánea
Texto: Carlos Negro
Editorial: Xerais
Colección: Fóra de xogo
+ infohttps://www.xerais.gal/libro.php?id=5155227
Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2018
-Booktubers Gala Xerais Premio Jules Verne 2018
-Discurso de Carlos Negro, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2018: “A mocidade agradece calquera proposta literaria que rebente os estándares de aprendizaxe e os transforme en estandartes de liberdade”
-Recensión en Trafegando ronseis
-Entrevista a Carlos Negro en Praza pública por Montse Dopico (16/07/2017)

mércores, 21 de novembro de 2018

Simposio María Victoria Moreno

A Real Academia Galega xuntará no Simposio María Victoria Moreno dezaseis especialistas que profundarán en diversos aspectos da vida e da obra da autora protagonista do Día das Letras Galegas 2018. O encontro desenvolverase os días 27 e 28 de novembro en horario de tarde na sede da institución (rúa Tabernas, 11 – A Coruña).
A entrada é libre e inscrición, gratuíta. Para formalizar a inscrición cómpre enviar un correo electrónico antes do 27 de novembro a publicacions@academia.gal.

O programa do Simposio é o seguinte:

MARTES 27 DE NOVEMBRO
16:30-16:45 h Inauguración. Obra literaria de María Victoria Moreno
16:45-17:45 h Conferencia inaugural. Un lugar de honra na LIX. María Victoria Moreno Blanca Ana Roig Rechou
17:45-18:15 h Relatorio  MVM e a poesía para a infancia Antonio García Teijeiro
18:30-20:00 h A obra de MVM | Mesa redonda  Daquelas que contan... Mercedes Queixas / Algunhas claves do discurso literario de MVM Isabel Soto / A transcendencia no Diario da luz e a sombra Andrés Torres Queiruga. Modera: Xoán Babarro
20:00-20:30 h Recital
Xesús Rábade Paredes Antonio García Teijeiro
Mercedes Queixas Zas Xoán Babarro
Ana María Fernández Darío Xohán Cabana
Conduce: Xesús Rábade Paredes


MÉRCORES 28 DE NOVEMBRO
Acción cultural e biografía de María Victoria Moreno
16:30-17:00 h Relatorio María Victoria, xenerosidade e compromiso coa cultura galega Xavier Senín
17:00-17:30 h Relatorio A mestra e a pegada do camiño ensinado Fina Casalderrey
17:30-18:45 h MVM. Vida e acción cultural | Mesa redonda MVM, ensaísta Manuel Bragado / MVM: compromiso e conciencia cívica dunha muller adiantada ao seu tempo Isabel Mociño / MVM autora de libros de texto ou como explicar a literatura galega á mocidade Montse Pena Presas. Modera: Marilar Aleixandre
19:00-19:45 h Conferencia de clausura : O activismo cultural e cívico de MVM Xesús Alonso Montero
19:45-20:15 h Proxección María Victoria Moreno nas aulas de hoxe: vídeos de participación nos centros escolares.

martes, 20 de novembro de 2018

Acto de entrega do XI PREMIO COMPOSTELA

Mañá mércores, no Pazo de Raxoi, Fran Pintadera e Christian Inaraja, autores de Cándido e os demais, recibirán o XI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado por esta obra sobre o tratamento da diversidade e da diferenza. O libro está publicado por Kalandraka en sete linguas, as cinco peninsulares, inglés e italiano.

Con anterioridade, Fran Pintadera visitará hoxe martes ás 12:00 horas o CIFP Compostela, en Lamas de Abade. Compartirá co alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil as claves desta obra e a súa experiencia como autor e narrador. E tamén, como cada ano, haberá outra visita ao alumnado de Bacharelato Artístico do IES do Sar, o propio mércores 21 a partir das 10:15 horas.
Fran Pintadera e Christian Inaraja impartirán unha charla na que abordarán o proceso de construcción do libro dende o punto de vista creativo.

Máis información:

luns, 19 de novembro de 2018

I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil "Muíño do Vento"


A Asociación Sociocultural Muíño do Vento, de Ferrol, convoca o I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil "Muíño do Vento".
Os textos da presente convocatoria irán destinados ao público infantil de idades comprendidas entre os 7 e os 12 anos. A data límite para a presentación de orixinais é o 14 de decembro de 2018. Establécese un único premio dotado con 1.500 euros. O xurado fará pública a súa resolución na primeira quincena do mes de abril de 2019, e a súa decisión será inapelable. Se así o estimase, podería declarar deserto o premio. A concesión do premio leva incluída a publicación da obra por parte da editorial Bululú.
Podes consultar as bases deste premio na propia páxina da asociación.

venres, 16 de novembro de 2018

Premios do Ministerio de Cultura 2018

Lembramos os Premios do Ministerio de Cultura que teñen relación coa literatura infantil e xuvenil, así como con galegos ou galegas:
 Premio Nacional de Literatura / Modalidade Literatura infantil e xuvenil :  Juan Kruz Igerabide por Letren txotxongiloa
Esta obra, escrita orixinalmente en euskera, foi traducida ao catalán (Abecedari pipiridari), ao galego (Abecedario monicredario) e ao castelán (Abezedario titirijario). A tradución ao ao galego é obra de Antonio García Teijeiro e Alba Piñeiro Estévez.
+ info : Web do Ministerio de Cultura 

 Premio Nacional de Periodismo Cultural: Ana Romaní
O xurado resaltou que o premio foi concedido "Pola súa longa traxectoria no periodismo, o seu constante traballo de promoción da cultura e da radio con formatos propios”.
Desde 1990 ata agosto de 2018, dirixiu o informativo Diario Cultural na Radio Galega, programa de divulgación cultural diaria, decano en Galicia e dos máis veteranos de  España.
+ info : Web do Ministerio de Cultura 

Premio Nacional de Fomento da Lectura: Revista Peonza  de literatura infantil e xuvenil e a Botica del Libro
Premio Nacional á Mellor Labor Editorial Cultural : Editorial Media Vaca 
Premio Nacional de Ilustración 2018: Maria Rius
O xurado motivou a elección da ilustradora catalana "pola súa extensísima traxectoria, pola atemporalidade da súa obra, polo carácter sereno da súa lustración, sempre en diálogo co texto e, finalmente, pola súa implicación col colectivo de ilustradores".

mércores, 14 de novembro de 2018

Publicacións do IBBY

En GÁLIX recibimos do IBBY un novo número da revista Bookbird e o Resumo dos Informes Bianuais das Seccións da IBBY 2014 - 2016, entre as que está a propia GÁLIX.
Ambas publicacións están a disposición dos socios e das socias de GÁLIX para a súa consulta.

martes, 13 de novembro de 2018

Na nosa biblioteca (128)

O pasado mes de outubro recibimos na nosa biblioteca esta fantástica novidade de Rodeira-Grupo Edebé:
Título: As crónicas do viaxante. O pasaxeiro 19
Texto: Carlos Vila Sexto
Tradución: Belén Rodríguez Suárez
Editorial: Rodeira. Edebé
Colección: As crónicas do viaxante ; 1
+ info: http://www.edebe.com/publicaciones-generales/libro-1-o-pasaxeiro-19=4575=5=223
Entrevista en Todo literatura a Carlos Vila Sexto por Javier Velasco Oliaga (21/10/2018)

luns, 12 de novembro de 2018

Na nosa biblioteca (127)

Dámoslle a benvida á nosa biblioteca a estas catro marabillosas novidades de Kalandraka:

Título: Cerráronseme os ollos
Texto: Patrick Bard
Tradución: Fernando Moreiras
Editorial: Faktoría K. Kalandraka
Colección: Narrativa K
+ info:
http://www.kalandraka.com/fileadmin/images/books/dossiers/Cerraronseme-os-ollos-G.pdf


Título: Os esqueletos divertidos
Texto e Ilustracións: Janet e Allan Ahlberg
Tradución: Óscar e Sandra Senra Gómez
Editorial: Kalandraka
Colección: Tras os montes
+ info:
http://www.kalandraka.com/fileadmin/images/books/dossiers/OsEsqueletosDivertidos_g.pdf
Recomendación literaria da Libraría Couceiro 




Título: Un, dous, tres, vampiro ti es
Texto e Ilustracións: Nadia Budde
Tradución: adaptación de Xosé Ballesteros
Editorial: Kalandraka
Colección: Acartonados. Prelectores
+ info:
http://www.kalandraka.com/fileadmin/images/books/dossiers/UnDousTresVampiro_g.pdf
Recensión literaria en Trafegando ronseis
 
Título: O que eu creo (de todo) : reflexións inmorais de Xavier Piñeiro Traba
Texto: Jordi Sierra i Fabra
Tradución: Carlos Acevedo
Editorial: Faktoría K. Kalandraka
Colección: Narrativa K
+ info:
http://www.kalandraka.com/fileadmin/images/books/dossiers/O-que-eu-creo-G.pdf
Avance do libro

xoves, 8 de novembro de 2018

20 anos do Día da Biblioteca

Recibimos na nosa biblioteca, enviado por Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, o número monográfico Día de la Biblioteca : 20 años, 1997-2016, o cal contén todos os pregóns e carteis destes vinte anos de celebración.


Se alguén desexa consultalo pode pasar pola oficina de GÁLIX.
+ info : https://www.amigosdellibro.com/

martes, 6 de novembro de 2018

Tiiu Kitsik gaña o 2º Premio Internacional de Ilustración convocado polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e GÁLIX

O pasado 16 e outubro fallouse o 2º Premio Internacional de Ilustración, convocado polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e mais GÁLIX.
Antonio Seijas, vogal de ilustración de GÁLIX, representou no xurado a nosa asociación.
No certame resultou gañadora a obra da ilustradora Tiiu Kitsik, artista estoniana residente en Berlín. O traballo –escollido entre 115 propostas– será a imaxe do cartel da XX edición do Salón que se celebrará do 22 de marzo ao 12 de abril do vindeiro 2019 co lema “A Revolución”. O xurado destacou “a forza, positivismo e alegría dunha imaxe que representa a infancia e a lectura como motor de todos os cambios e revolucións posibles”. A ilustración ganadora recibirá un premio bruto de 3.000 €


Seleccionaronse tamén doce ilustracións finalistas coas que a Deputación de Pontevedra editará un almanaque para o ano 2019.
No seguinte enlace pódense consultaros traballos dos/as 12 finalistas:
http://www.salondolibro.gal/cartelxx/