martes, 20 de novembro de 2018

Acto de entrega do XI PREMIO COMPOSTELA

Mañá mércores, no Pazo de Raxoi, Fran Pintadera e Christian Inaraja, autores de Cándido e os demais, recibirán o XI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado por esta obra sobre o tratamento da diversidade e da diferenza. O libro está publicado por Kalandraka en sete linguas, as cinco peninsulares, inglés e italiano.

Con anterioridade, Fran Pintadera visitará hoxe martes ás 12:00 horas o CIFP Compostela, en Lamas de Abade. Compartirá co alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil as claves desta obra e a súa experiencia como autor e narrador. E tamén, como cada ano, haberá outra visita ao alumnado de Bacharelato Artístico do IES do Sar, o propio mércores 21 a partir das 10:15 horas.
Fran Pintadera e Christian Inaraja impartirán unha charla na que abordarán o proceso de construcción do libro dende o punto de vista creativo.

Máis información:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

[Comentario blog]