Fina Casalderrey foi galardoada co Premio Rosa dos Ventos 2018, concedido anualmente polo alumnado de 5º curso de Bacharelato do
Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires.
"Fina tiña que ter a nosa Rosa dos Ventos", expresan os mozos
e mozas que resolveron o galardón, que valoran tamén a condición
da académica como docente. "É ante todo mestra, e iso nótase
cando un a escoita. Achega os conceptos dun xeito amable, sen
estridencias, con agarimo...", engaden sobre unha autora que
puideron coñecer en persoa e que, "malia ser unha das figuras
máis importantes da literatura infantil e xuvenil", é unha
persoa de "talante modesto, respectuoso, cariñoso, cercano e
optimista".
Con este permio preténdese homenaxear a un home, muller ou entidade que, sen formar parte da institución, acredite méritos destacables na defensa da identidade fundacional da institución educativa. Do mesmo xeito, simboliza a irmandade cos premiados e coas premiadas, para que continúen acompañando o labor pedagóxico na escola e difundan as actividades que realiza.
En edicións anteriores, o Premio Rosa dos Ventos recoñeceu tamén
o labor de Víctor Freixanes, Manuel Rivas, Henrique Monteagudo,
Carlos Núñez, Luís G. Tosar e Jorge Mira.
+ info:http://santiagoapostol.edu.ar/
http://www.espanaexterior.com/
https://academia.gal/inicio/-/
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]