Lembramos os Premios do Ministerio de Cultura que teñen relación coa literatura infantil e xuvenil, así como con galegos ou galegas:
Premio
Nacional de Literatura / Modalidade Literatura infantil e
xuvenil : Juan Kruz Igerabide por Letren txotxongiloa
Esta obra, escrita orixinalmente en euskera, foi traducida ao catalán (Abecedari
pipiridari), ao galego (Abecedario monicredario) e ao castelán
(Abezedario titirijario). A tradución ao ao galego é obra de Antonio García Teijeiro e Alba Piñeiro
Estévez.
+ info : Web do Ministerio de Cultura
Premio
Nacional de Periodismo Cultural: Ana Romaní
O xurado resaltou que o premio foi concedido "Pola súa longa traxectoria no periodismo, o seu constante
traballo de promoción da cultura e da radio con formatos
propios”.
Desde 1990 ata agosto de 2018, dirixiu o informativo Diario
Cultural na Radio Galega, programa de divulgación cultural
diaria, decano en Galicia e dos máis veteranos de España.
+ info : Web do Ministerio de Cultura
Premio
Nacional de Fomento da Lectura: Revista
Peonza de literatura infantil e xuvenil e a Botica
del Libro
Premio
Nacional á Mellor Labor Editorial Cultural : Editorial Media Vaca
Premio
Nacional de Ilustración 2018: Maria Rius
O xurado motivou a elección da ilustradora catalana "pola súa
extensísima traxectoria, pola atemporalidade da súa obra, polo
carácter sereno da súa lustración, sempre en diálogo co texto e,
finalmente, pola súa implicación col colectivo de ilustradores".
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]