xoves, 30 de outubro de 2025

Primeiro Seminario GALIX. Educar dende a LIX

Dirixido preferentemente ás persoas que traballan na mediación lectora: docentes, bibliotecarias/os, animadoras/os socioculturais, etc. GÁLIX organiza este ano o I Seminario GáLIX: Ensinar desde a LIX, unha actividade eminentemente práctica para crear, compartir e difundir ferramentas que contribúan á creación de sinerxías e métodos de traballo co alumnado e os usuarios de ludotecas e bibliotecas.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse en galix@galix.org, antes do martes, 4 de novembro de 2025, indicando Nome, Apelidos e NIF.

 


  • Raquel Castro, que ten unha ampla traxectoria como escritora no xxénero dramático infantil e xuvenil, estará a cargo da primeira sesión sobre teatro: Ergamos á rapazada da cadeira: aprender co corpo.
  • Da segunda sesión do seminario, o xoves 13, ocuparase Anxo Iglesias Mariño, escritor, membro da asociación Espazo Lectura e coordinador do Club de Lectura Compartida Lendo Contigo, que levará o obradoiro de poesía: A mirada rara da rimA (e un S.O.S de verSOS sós)
  • O xoves, día 20, o docente e escritor Xavier Estévez Ferreiro desenvolverá a sesión sobre narrativa: Educando con historias.

 O Seminario desenvolverase nas aulas 2 e 10 da EGAP (Escola Galega de Administración Pública) os xoves 6, 13 e 20 de novembro en horario de cinco a oito (17:00 a 20:00) para facilitar a asistencia do profesorado e estará homologada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Esta actividade formativa está organizada por GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, sección da OEPLI correspondente ao ámbito galego) con axuda do Ministerio de Cultura e Deporte.

Convidamos ás persoas interesadas e profesionais da mediación e a creación do libro infantil e xuvenil galego, a participar nestes obradoiros nos que pretendemos crear sinerxías entre os diferentes sectores da mediación para lograr un intercambio de ideas, experiencias e ferramentas que permitan enfocar a transmisión da literatura dun xeito eficaz e ameno.

venres, 24 de outubro de 2025

Na nosa biblioteca (469) Premios Xerais 2025

 


 

Recibimos a Biblioteca de GÁLIX os premios Merlín e Xules Verne de Edicións Xerais de Galicia 2025:

  • Erin e o lobo

  • O corvo sobre a neve


 

 

 

Título: Erin e o lobo

Texto: Érica Esmorís
Ilustración: Blanca Millán

Editorial: Xerais
Colección: Merlín

XL Premio Merlín de Literatura Infantil

+ info: https://www.xerais.gal/libro/de-11-anos-en-diante/erin-e-o-lobo-erica-esmoris-9788411107365/



 

 


Título
: O corvo sobre a neve
Texto: Andrea Maceiras

Editorial: Xerais
Colección: Fóra de Xogo

Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil

+ info: https://www.xerais.gal/libro/fora-de-xogo/o-corvo-sobre-a-neve-andrea-maceiras-9788411107297/


martes, 21 de outubro de 2025

Rescate en audio 8. O estanque dos parrulos pobres

 

María Montes, que ocupa a vogalía de ilustración na Directiva de GÁLIX, rescata O estanque dos parrulos pobres de Fina Casalderrey para esta sección na que tratamos de recuperar do esquecemento todos os libros que guiaron o progreso do libro infantil e xuvenil galego. Esta obra foi Premio Edebé de Literatura Infantil 1996, cando os certames de editoras de ámbito estatal premiaban obras de calquera idioma oficial.


Graduada e bioloxía, con mestrado en Biotecnoloxía, María Montes compaxina o seu labor na ilustración e o deseño profesional co seu traballo nunha clínica veterinaria en Pontevedra.

Elegante e expresiva, traballa en diferentes obras e proxectos; no campo do libro infantil e xuvenil galego é autora das ilustracións de libros como:

  • A brétema de María Victoria Moreno en Urco (2017)

  • Irmá Paxaro de Tamara Andrés en Cuarto de inverno (2020)

  • A casa da Moira de Sergio Sánchez Benítez en Bululú (2021)

  • Unha nova dimensión de Anxo Iglesias en Xerais (2022)

  • E que vai ser? de Adelaida Vidal en Baía (2023)

  • Quen precisa unha avoa? Andrea Barreira Freije en Xerais (2024)

Do seu compromiso coa igualdade e a cultura galega parten tamén numerosas colaboracións con entidades e asociacións para eventos e celebracións.


luns, 13 de outubro de 2025

Manuel Figueiras: Socio de Honra de GÁLIX 2025. Sábado 18 de outubro, no CSC O Ensanche en Santiago de Compostela

 

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) ten previsto homenaxear a Manuel Figueiras, un dos socios máis veteranos, en recoñecemento ao seu inxente e discreto labor a prol da LIX galega e a súa dedicación desinteresada nesta asociación.

 Formou parte da Directiva de GÁLIX, como Vicepresidente 2º no período 1996-98. Entre 1998 e 1999 foi parte da Directiva colexiada. No período 2005-07 ocupou o cargo de Vicepresidente 1º e foi o presidente de GÁLIX entre 2008 e 2010.  



O seu labor como profesor de galego, dinamizador de iniciativas culturais e promotor da LIXG (Literatura Infantil e Xuvenil Galega) é especialmente relevante.

 

 

 


Presidente da Asociación Filix, organizadora da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Chantada (1994–1997), que se converteu nun referente internacional da literatura infantil, con participación de editoriais de diversos países. Nesta feira entregábase o Premio Rañolas, en 1994 e 1995 a Cando petan na porta pola noite de Xabier P. Docampo, Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz; en 1996, O trasno de Alqueidón de Marilar Aleixandre e o premio de ilustración a Manuel Uhía por Lolo anda en bicicleta; en 1997 Cidades de Fran Alonso e o premio de ilustración a Xan López Domínguez por Sete casas, sete bruxas e un ovo.

Manuel Figueiras é o creador e mantedor da páxina BLIX
(Biblioteca do Libro Infantil e Xuvenil Galego), un completísimo catálogo-repositorio da produción infanto-xuvenil galega que foi un recurso imprescindible para docentes e mediadores mentres estivo activa. Esta páxina obtivo o Premio Irmandade do Libro 2003 da Federación de Libreiros de Galicia, na modalidade de medios de comunicación.

Cómpre valorar tamén o seu valor como tradutor para achegar obras de calidade ao idioma galego

O acto, como se indica no convite, celebrarase este sábado, 18 de outubro ás 12:00, no Salón de Actos do CSC O Ensanche en Santiago de Compostela.

Animádevos a acompañarnos!

 

domingo, 12 de outubro de 2025

Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia XVI: Historia e Literatura na LIX galega

Este vindeiro xoves, 16 de outubro de 2025, celebraremos a Xornada GÁLIX. Desfacendo a Raia XVI: Historia e Literatura na LIX galega no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela O proxecto recibiu unha axuda do Ministerio de Cultura e Deporte, e celébrase co apoio da OEPLI.

A actividade ten como obxectivo a reflexión sobre tratamento da historia na literatura infantil e xuvenil galega, sempre tan necesaria, pero aínda máis na actualidade.


 

Inaugura o acto Miguel García Fernández, historiador e investigador falando de "Historia e LIX, un diálogo posible".

Pilar Sampedro moderará a mesa "O pasado no libro infantil e xuvenil galego" que contará coa participación de Alexandra Cabana Outeiro, Jorge Campos, Eva Mejuto e Pere Tobaruela.

A xornada está aberta á participación de todas as persoas interesadas no libro infantil e xuvenil galego.

Coa organización deste evento, GÁLIX pretende achegar este interesante debate ao profesorado en formación e abrir espazos de diálogo entre expertos da creación, da mediación literaria e cultural e tamén cos participantes e socias e socios.


xoves, 9 de outubro de 2025

Na nosa biblioteca (468)

 

A Editorial Sushi Books achéganos estas novidades para a Biblioteca de GÁLIX:
  • Amelia Fang e os gaticornios travesos

  • O rei Cuu. A maldición do tesouro da momia




Título: Amelia Fang e os gaticornios travesos 

Autora: Laura Ellen Anderson

Tradución: Eva Almazán

Editorial: Sushi Books

Colección: Intermedio
+ info: https://rinoceronte.gal/sushibooks/produto/amelia-fang-e-os-gaticornios-travesos/






Título: O rei Cuu. A maldición do tesouro da momia
Texto: Adam Stower

Tradución: Estela Villar Nogueira

Editorial: Sushi Books

Colección: Intermedio
+ info: https://rinoceronte.gal/sushibooks/produto/o-rei-cuu-a-maldicion-do-tesouro-da-momia/

martes, 7 de outubro de 2025

Na nosa biblioteca (467)

Recibimos de Edicións Xerais de Galicia, como doazón para a Biblioteca de GÁLIX, o XIII Premio Manuel María de literatura dramática infantil :
  • O carteiro de Ximaraos




Título: O carteiro de Ximaraos

Texto: Carlos Labraña
Ilustración: Luz Beloso

Editorial: Xerais
Colección: Biblioteca Dramática Galega 

XIII Premio Manuel María de literatura dramática infantil

+ info: https://www.xerais.gal/libro/biblioteca-dramatica-galega/o-carteiro-de-ximaraos-carlos-labrana-9788411107129/