A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) ten previsto homenaxear a Manuel Figueiras, un dos socios máis veteranos, en recoñecemento ao seu inxente e discreto labor a prol da LIX galega e a súa dedicación desinteresada nesta asociación.
Formou
parte da Directiva de GÁLIX, como Vicepresidente 2º no período
1996-98. Entre 1998 e 1999 foi parte da Directiva colexiada. No
período 2005-07 ocupou o cargo de Vicepresidente 1º e foi o
presidente de GÁLIX entre 2008 e 2010.
O seu labor como profesor de galego, dinamizador de iniciativas culturais e promotor da LIXG (Literatura Infantil e Xuvenil Galega) é especialmente relevante.
Presidente
da Asociación Filix,
organizadora da Feira
Internacional do Libro Infantil e Xuvenil
de
Chantada (1994–1997), que se converteu nun referente internacional
da literatura infantil, con participación de editoriais de diversos
países. Nesta
feira
entregábase o Premio
Rañolas,
en
1994
e 1995
a
Cando
petan na porta pola noite
de
Xabier P. Docampo,
Cartas
de inverno
de Agustín Fernández Paz; en 1996, O
trasno de Alqueidón
de Marilar Aleixandre e o premio de ilustración a Manuel Uhía por
Lolo
anda en bicicleta; en
1997
Cidades de
Fran Alonso e o premio de ilustración a Xan López Domínguez
por Sete casas, sete bruxas e un ovo.
Manuel
Figueiras é o creador e mantedor da páxina BLIX
(Biblioteca do Libro Infantil e Xuvenil Galego), un completísimo catálogo-repositorio da produción infanto-xuvenil galega que foi un recurso imprescindible para docentes e mediadores mentres estivo activa. Esta páxina obtivo o Premio Irmandade do Libro 2003 da Federación de Libreiros de Galicia, na modalidade de medios de comunicación.
(Biblioteca do Libro Infantil e Xuvenil Galego), un completísimo catálogo-repositorio da produción infanto-xuvenil galega que foi un recurso imprescindible para docentes e mediadores mentres estivo activa. Esta páxina obtivo o Premio Irmandade do Libro 2003 da Federación de Libreiros de Galicia, na modalidade de medios de comunicación.
Cómpre valorar tamén o seu valor como tradutor para achegar obras de calidade ao idioma galego.
O acto, como se indica no convite, celebrarase este sábado, 18 de outubro ás 12:00, no Salón de Actos do CSC O Ensanche en Santiago de Compostela.
Animádevos a acompañarnos!




Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]