Respondendo a unha proposta de GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), o acto de entrega do Premio Lazarillo celebrarase este ano no marco da Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, sendo esta a primeira vez que se realiza nunha cidade que non sexa Madrid e Barcelona.
Este certame, que ven celebrándose desde o 1958, é o máis antigo do Estado español para o lectorado máis novo. Convocado nas súas primeiras edicións polo extinto Instituto Nacional del Libro Español, desde 1986 encárganse da convocatoria do premio a OEPLI e as súas seccións territoriais GÁLIX, Galtzagorri, ClijCat e Consejo General del Libro.
Na
comunicación deste evento por parte do presidente de GÁLIX, David
Cortizo, e o
concelleiro
de cultura, Demetrio Gómez, o presidente de GÁLIX lembrou o
relevante
número de autoras e autores galegos
que
recibiron este galardón
ao
longo da súa historia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]