xoves, 27 de febreiro de 2025

Na nosa biblioteca (443)

 


Recibimos
da Editorial Entre Nubes y Cuentos, como doazón para a Biblioteca de GÁLIX

  • Quérote coma ...


Título: Quérote coma...
Texto: Ana Meilán
Ilustracións: Silvina Eduardo
Editorial: Entre Nubes y Cuentos

martes, 25 de febreiro de 2025

Os Premios Lazarillo 2024 entregaranse en Pontevedra

 


Respondendo a unha proposta de GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), o acto de entrega do Premio Lazarillo celebrarase este ano no marco da Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, sendo esta a primeira vez que se realiza nunha cidade que non sexa Madrid e Barcelona.


Este
certame, que ven celebrándose desde o 1958, é o máis antigo do Estado español para o lectorado máis novo. Convocado nas súas primeiras edicións polo extinto Instituto Nacional del Libro Español, desde 1986 encárganse da convocatoria do premio a OEPLI e as súas seccións territoriais GÁLIX, Galtzagorri, ClijCat e Consejo General del Libro.

Na comunicación deste evento por parte do presidente de GÁLIX, David Cortizo, e o concelleiro de cultura, Demetrio Gómez, o presidente de GÁLIX lembrou o relevante número de autoras e autores galegos que recibiron este galardón ao longo da súa historia.

O galardón ten a particularidade de estar aberto á participación de obras escritas en calquera das linguas do estado e conta co patrocinio do Ministerio de Cultura e a Fundación McDonald´s.

O acto, na presente edición, faise coincidir co Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra en todo o mundo o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen.



 

luns, 24 de febreiro de 2025

Na nosa biblioteca (442)

 

Recibimos novidades de Edicións Xerais de Galicia, como doazón para a Biblioteca de GÁLIX:

  • O caderno de Roque

  • O enigma de Sempreviva



 

Título: O caderno de Roque

Texto:Carlos Taboada

Ilustración: Carlos Taboada

Editorial: Xerais
Colección: Merlín

+ info: https://www.xerais.gal/libro/de-11-anos-en-diante/o-caderno-de-roque-carlos-taboada-9788411106207/

Finalista do XXXIX Premio Merlín 2024





Título
: O enigma de Sempreviva
Texto: Andrea Maceiras

Ilustración: Sara Porras

Editorial: Xerais
Colección: Sopa de libros

+ info: https://www.xerais.gal/libro/de-10-anos-en-diante/o-enigma-de-sempreviva-andrea-maceiras-9788411106177/

 

 

 

 

 

xoves, 20 de febreiro de 2025

Na nosa biblioteca (441)

 

Chegaron as novidades de Antela Editorial como doazón para a Biblioteca de GÁLIX :

  • Erea e as agullas máxicas

 

 

Título: Erea e as agullas máxicas 

Texto:Sarai Lorenzo
Ilustracións: Sarai Lorenzo­

Editorial: Antela
Colección: Galo Pinto

+ info: https://antelaeditorial.com/index.php/producto/erea-e-as-agullas-maxicas-comic-gal-esp-pt/#reviews



martes, 18 de febreiro de 2025

Na nosa biblioteca (440)

 


Chegaron as n
ovidades de Edicións Fervenza­ como doazón para a Biblioteca de GÁLIX :

  • A fraga das avoas invisíbeis




Título: A fraga das avoas invisíbeis

Texto: Claudia Castro
Ilustracións: Yolanda López

Editorial: Fervenza

+ info: https://www.edicionsfervenza.es/home/347-a-fraga-das-avoas-invisibeis.html

sábado, 15 de febreiro de 2025

A XANELA DE GÁLIX. Xavier Estévez

 

Xavier Estévez Ferreiro, escritor e docente galego. Socio número 324 de GÁLIX.

Naceu en Bruxelas en 1969. Fillo de emigrantes, viviu na súa cidade natal até 1977.

Estudou primaria e secundaria en Vigo e diplomouse en Maxisterio de Primaria na Escola de Pontevedra en 1990. Desde o ano 2003 dá clases no Colexio Divino Salvador de Vigo.

Toda a súa vida estivo vencellado aos libros e a escrita.

Obra Infantil-xuvenil

  • A lenda do Rei Lobo (2008). Editorial Tambre. Ilustracións de Andrea López Álvarez.

  • A rapaza da fiestra (2010). Editorial Tambre, Ala Delta. Ilustracións de Fernando Llorente. Traducida ao castelán como La chica de la ventana (Edelvives, 2018), e ao éuscaro como Leihoko neska (Ibaizabal,  2020).

  • O corazón da maxia (2015). Vigo: Xerais, Col. Merlín. Ilustracións de Santy Gutiérrez.

  • Todos os soños (2015). Editorial Tambre, Ala Delta. Ilustracións de Marcos Viso.

  • Kibuko (2017). Ed. Obradoiro.

  • Aqueles momentos que perdemos (). Ed. Obradoiro.

  • Avións de papel (2017). Vigo: Xerais, Col. Merlín. Ilustracións de Marcos Viso.

  • Os camiños do vento (2019). Vigo: Xerais, Col. Merlín. Ilustracións de Xosé Cobas.

  • A memoria dos pingüíns (2023). Vigo: Xerais, Col. Merlín. Ilustracións de Carlos Gallego Domínguez.

Obras colectivas

  • Soños de Cajamarca (2020). Editorial Antela.

  • Creador@s na reserva (2022). Galix.




  ACCESO AO CUESTIONARIO EN PDF 


Eu era un rato de biblioteca que devoraba libros coma quen come croquetas.

  1. Ti es o socio número 324. Por que te asociaches a GALIX e continúas apoiando este proxecto?

Penso que é boa idea asociarse para espallar a nosa literatura. Xuntos facemos máis forza e podemos chegar máis lonxe.

  1. Que ou quen che axudou a achegarte á LIX galega?

Pasei parte da miña infancia e a miña adolescencia na biblioteca pública que había na rúa Romil (Vigo). Pasei alí moito tempo. E alí descubrín que a literatura galega tamén é un bo camiño.

A nosa debilidade diría que é, por un lado o pouco que se respecta o noso traballo dende o eido institucional, e por outro, que a LIX galega dependa tanto do sector educativo.

  1. Que libro marcou a túa infancia ou a túa mocidade?

Difícil escoller un. Foron moitos. Eu era un rato de biblioteca que devoraba libros coma quen come croquetas. Non podo elixir.

  1. Un libro de literatura infantil ou xuvenil galego que consideres imprescindible?

Tamén podería dicir varios. Por citar un, Das cousas de Ramón Lamote de Paco Martín. No seu día fíxome rir abondo.

  1. Con que personaxe da nosa LIX te sentes máis identificado?

Con calquera personaxe curioso e aventureiro. Con aqueles que son quen de ver máis alá da superficie.

O galego está en retroceso. A lectura tamén. Se xuntamos as dúas cousas temos un futuro que non é esperanzador.

  1. A que ilustradora ou ilustrador galego escollerías para poñer imaxes aos teus soños ?

Tiven a sorte de que grandes ilustradores e ilustradoras traballaron en textos meus. Repetiría con calquera deles. E hai ademais infinidade de grandes ilustradores cos que quixera traballar. A listaxe sería interminable.

  1. Sinala a maior fortaleza e a maior debilidade do libro infantil e xuvenil galego.

A nosa fortaleza é o inmenso talento que hai en Galicia. Temos creadores cun fecundo mundo literario que paga a pena descubrir.

A nosa debilidade diría que é, por un lado o pouco que se respecta o noso traballo dende o eido institucional, e por outro, que a LIX galega dependa tanto do sector educativo. Non deberíamos depender tanto das lecturas nos centros escolares.

  1. Dende que ti te vinculaches ao LIXG ata a actualidade, que cambios destacarías na súa evolución

O galego está en retroceso. A lectura tamén. Se xuntamos as dúas cousas temos un futuro que non é esperanzador. As redes sociais interromperon a evolución que debería ter seguido a nosa literatura cara arriba. E non lle vexo moita solución.

  1. Cal consideras que é o grao de coñecemento e respecto pola LIX galega?

Non se coñece o suficiente. Sacando un par de nomes propios penso que o resto somos bastante descoñecidos para o público xeral. Respéctase o noso traballo, pero o descoñecemento é un problema que debemos resolver.

  1. Apunta un par de iniciativas necesarias para promover a lectura de libros infantís e xuvenís galegos e para conseguir unha maior proxección fóra de Galicia.

Hai que apoiar aos creadores, tanto escritores/as como ilustradores/as. Os medios de comunicación deberían apostar máis pola cultura. Vou poñer un exemplo claro. O meu primeiro libro saíu publicado en 2008. Levo dende entón nove libros. ¿Cantas veces puiden achegarme a TVG para contestar a algunha pregunta? Ningunha. Ningún programa cultural da Televisión de Galicia pensou que era boa idea. En dezasete anos unha entrevista de cinco minutos na radio pública en horario nocturno, e unha reportaxe de dous minutos na TVG falando dun libro meu. No meu caso, boto de menos algo máis de apoio dos medios. E supoño que non son un caso único.