martes, 29 de outubro de 2024

Eva Mejuto, VIII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade

 

A obra Onde caben catro de Eva Mejuto é a gañadora da oitava edición do Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade, un galardón creado en homenaxe a figura do escritor, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia.

A autora, experta en literatura infantil e xuvenil e álbum ilustrado, con experiencia no mundo editorial e na docencia, ten unha traxectoria consolidada como escritora no eido da literatura xuvenil e infantil na que aborda diversidade de temas de interese social, histórico e cultural.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

[Comentario blog]