martes, 2 de xaneiro de 2024

José Luís Baños de Cos gaña a VI edición do Premio Carlos Mosteiro de literatura infantil e xuvenil

 


José Luís Baños de Cos é o gañador do VI Premio Carlos Mosteiro de literatura infantil e xuvenil, un certame convocado polo Concello da Pobra do Caramiñal e a Editorial Galaxia, en colaboración coa asociación Barbantia e creado no 2018 como homenaxe ao escritor veciño deste concello e como medio de promoción para autores e autoras de literatura infantil en lingua galega.

Fóra de xogo, o libro galardoado, reivindica os dereitos das nenas en Afganistán a través do deporte.

Novas na rede:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

[Comentario blog]