ÁNXELA
GRACIÁN, ESCRITORA, TRADUTORA E SOCIA Nº 200 DE GÁLIX
Ánxela
Rodríguez Rodríguez (máis coñecida no mundo literario como Ánxela
Gracián) naceu,
hai un tempo,
en San Paio de Arcos.
Foi
vicepresidenta da Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil
(GÁLIX).
É
licenciada
en Filoloxía Galega
e dedicou o seu labor profesional ás letras nas súas facetas como
escritora,
tradutora, editora, crítica literaria e dinamizadora cultural.
Obtivo
o premio
de Investigación Xohana Torres
do Concello
de Santiago
en 1994 co ensaio Herdanza
e signo.
En
2008 gañou o premio
Plácido Castro pola súa tradución d' A
illa misteriosa
de Jules Verne.
No
ano 2018 gañou o premio Pura e Dora Vázquez coa obra As
historias da ogra Pinta e,
ex aequo, o premio Meiga Moira coa obra Voces de auga.
E
coa obra Donas
de nós,
gañou novamente o premio Meiga Moira no ano 2022.

Ti
es a
socia
número 200.
Por que te asociaches a GALIX
e
continúas
apoiando este proxecto?
Foi
a raíz da publicación do meu primeiro libro Cos petos cheos de
cinza da Editorial Everest. Daquela, empecei a concentrar
esforzos na LIX, antes non o fixera. A primeira vez que oín falar
de Galix foi arredor do ano 97-98,nun encontro-tertulia de
escritores que faciamos en Santiago, con Miguel Vázquez Freire,
Marilar Aleixandre, Gloria Sánchez, Carlos Labraña, Xosé Gándara,
Pilar Sampedro, Magdalena de Rojas, Lourdes e outra xente máis
relacionada co libro infantil, onde poñiamos en común os nosos
gustos e lecturas. Eles falaban das actividades da asociación, eu
achegueime á bilbioteca Nova 33, que daquela estaba na rúa do
Vilar e comecei a ler LIX e tamén me fixen social.
Que ou quen che axudou a
achegarte á LIX galega?
Foi a publicación dese libro que
referín antes, realmente non sabía que era de LIX, escribino
porque eran contos que inventaba para a miña sobriña e conteillo a
unha amiga, ela púxome en contacto con Irene Penas, pasei a papel
eses contos e Irene editounos. Aí foron os comezos.
Que libro
marcou a túa infancia ou a túa mocidade?
Eu
son unha lectora voraz dende a infancia nunha casa sen libros, ou con
moi poucos. No Colexio de Castroverde agora hai unha biblioteca moi
nutrida, pero cando eu estudei polos anos 70 había escasamente un
andel de libros e moitos deles non eran propiamente infantís. Aínda
así, eu lía, un pouco de todo, moi heterodoxamente, a miña
infancia marcouna un libro sobre illas salvaxes A illa misteriosa de
Jules Verne, que moitos anos máis tarde traducín ao galego. Quedei
enganchada con aqueles catro fuxitivos da xustiza que domesticaban
unha illa salvaxe no medio do océano, aínda que xa entón me
preguntei por que non había mulleres alí. Era estraño, como se os
homes se bastasen para todo: Na miña mocidade foi La Regenta, que a
lin con catorce anos porque ma deu a ler a bibliotecaria da
biblioteca de Lugo, sempre estarei en débeda, fascinoume. Atopaba
moitas similitudes co Lugo deses anos 80 ao que acababa de mudarme
para facer Primeiro de BUP-
Un libro de literatura infantil
ou xuvenil galego que consideres imprescindible?
As cousas de Ramón Lamote. Eu
estaba en COU cando o premiaron, merqueino e lino dun tirón. Foi un
encontro co espazo da cidade de Lugo, ou calquera cidade provinciana,
e unha aposta polo marabilloso, para min é o clásico dos clásicos.
Pero é difícil dicir un só. Hai moitos marabillosos.
Con que personaxe da nosa LIX te
sentes máis identificado?
Gústame
ese Lamote que outorga marmolubios ao neno que gañe a carreira de
nubes. Tamén me gusta moito a Merche de Asústate Merche e a
protagonista feminina da novela de Aire Negro.
A que ilustradora ou ilustrador
galego escollerías para poñer imaxes aos teus soños ?
Ui,
son tantos que é difícil dicir un. Quizais digo Cubeiro porque
ilustrou o meu primeiro libro e sempre me gustou moito o seu
traballo, pero son moitos os que me gustan. Moitos, moitos, cada un
cunha mirada diferente.
Sinala a maior fortaleza e a
maior debilidade do libro infantil e xuvenil galego.
A
maior fortaleza é esa pluralidade de voces e tendencias que forman
un conxunto moi heteroxéneo, a debilidade, creo que a falta de
promoción exterior, de estratexias para vendernos fóra, hai moitas,
pero eu desexaría que fosen máis, para facernos oír.
Dende que
ti te vinculaches ao LIXG ata
a actualidade, que cambios destacarías na súa evolución?
A
consolidación e o prestixio. Cando comecei había un desprestixio
grande no sistema infantil e moi pouca investigación e proxección.
Agora iso cambiou, a LIX xa non se considera unha literatura menor e
ten presenza en todos os espazos e tamén hai un mercado moi
consolidado e plural.
Cal
consideras que é o grao de coñecemento e respecto pola LIX galega?
Creo
que falta formación para os profesores de secundaria, por exemplo,
non hai un tema específico no temario de oposicións, e logo van
necesitar desas lecturas e deses nomes para enfrontarse no día a día
nas aulas, por exemplo. Creo que se deberían impartir charlas nas
bibliotecas e nos espazos de mediadores. E tamén na universidade,
non só nas de Formación do Profesorado.
Apunta un par de iniciativas
necesarias para promover a lectura de libros infantís e xuvenís
galegos e para conseguir unha maior proxección fóra de Galicia.
Encontros
con autores e autoras e ilustradores e ilustradoras nas bibliotecas,
por exemplo, organizado e sistematizado.
Un
podcast de lecturas gravadas a disposición dos centros, ou outro
soporte, vídeo etc.