FINA CASALDERREY PROPOSTA POR GÁLIX PARA O PREMIO HANS CHRISTIAN ANDERSEN 2023, COA DECISIÓN DA OEPLI E O APOIO DA XUNTA DE GALICIA E O MINISTERIO DE CULTURA

Publicado por GÁLIX | 23.2.23 Deixa un comentario

    A Asociación Galega para o Libro Infantil e Xuvenil, GÁLIX, decidiu propoñer a escritora galega Fina Casalderrey para o Premio Internacional Hans Christian Andersen considerado o Nobel da literatura infantoxuvenil. Deseguido a directiva da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil), logo de valorar as diferentes propostas das catro seccións de España do IBBY, por unanimidade tomou a decisión de presentar á convocatoria de 2024 a Fina Casalderrey na modalidade de creadora literaria e a Elena Odriozola na modalidade de ilustradora.

     

A escritora pontevedresa Fina Casalderrey é unha das grandes referencias da literatura infantil española. O Premio Hans Christian Andersen é o máis alto recoñecemento internacional que se concede a un autor/a vivo/a neste xénero. O galardón concédeo a Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY) dende o ano 1956 a partir das propostas que realizan as propias seccións nacionais.

 

O fallo do xurado farase público na Feira do Libro Infantil de Boloña en 2024. A entrega dos premios realizarase no marco do 39 Congreso Internacional de IBBY, que se celebrará en Trieste (Italia) do 30 de agosto ao 1 de setembro de 2024.

    O xurado internacional está integrado por Evelyn Arizpe (México/UK), Brenda Dales (USA), Sabine Fuchs (Austria), Diana Laura Kovach (Arxentina), Shereeh Kreidieh (Líbano), Bettina Kümmerling-Meibauer (Alemaña), Jaana Pesonen (Finlandia), Tan Fengxia (China), Pavle Uakar (Eslovenia) e Morgane Vasta (Francia), xunto coa directora executiva de IBBY, Carolina Ballester, como membro do xurado ex officio.

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]