Creador@s na Reserva. Unha publicación de GÁLIX accesible e descargable.


DESCARGAR

 

 

Logo da súa presentación no  Espazo Libro do CULTURGAL 2022 a cargo de X.Antonio Perozo, presidente de GÁLIX, e Víctor Rivas, membro da directiva, o libro CREADOR@S NA RESERVA estará accesible e descargable dende na páxina de GÁLIX.

 

 

 

 

Trátase dunha publicación, coordinada por María Canosa, que ten o obxectivo de destacar a riqueza natural da Reserva de Biosfera: Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e difundir o recoñecemento outorgado pola UNESCO.

A obra responde á idea inicial de poñer en relación a creación literaria e plástica, unindo 21 textos literarios e 21 ilustracións de creadoras e creadores galegos nos 42 traballos que recolle este volume que contou co apoio da Deputación da Coruña.




martes, 20 de decembro de 2022

A Xanela de GÁLIX. Carmen Bar Cendón

Carmen Bar Cendón



Bibliotecaria e socia nº 131.


Foi membro da directiva de GÁLIX e colaborou, como experta en literatura infantil e xuvenil, na elaboración dos catálogos de GÁLIX e nas revistas CLIJ, Festa da palabra silenciada e Revista Galega do Ensino, con artigos sobre lectura e bibliotecas.


Carmen conta de si:

Nacín en Vigo en 1951

Adiqueime ó ensino nos meus primeiros anos de licenciada. Logo din de fuciños co mundo das biblioteca e xa, para min, produciuse o frechazo. 

Durante o período en que Xabier P. Docampo foi presidente de GALIX, formei parte desa directiva, supoño que como vogal de Bibliotecas, pero son incapaz de lembrar que anos foron.

 


E da LIXG respondendo ao 

ACCESO

 

PERCORRIDO DA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE NARÓN EN RELACIÓN CO LABOR DESENVOLTO NA MESMA POLA BIBLIOTECARIA, CARMEN BAR CENDÓN.

Dende a data da súa apertura, febreiro 1986, ata suspensión de actividades, fins do 2001

  • Febreiro 1986 : Inauguración e apertura ó publico.

  • Xuño 1987 : Celébranse na Biblioteca os “Iºs Encontros de Bibliotecas Públicas Municipais”

  • Outono 1988 : Creación do “Grupo Crítico da Biblioteca “ (rapazas e rapaces entre 10 e 17 anos que, coordenados pola biliotecaria, realizaban críticas de libros, obras de creación, etc. Froito do seu labor, habería de crearse máis adiante a revista “Grup!...Teca”)

  • Novembro 1988 : Asino un artigo sobre a Biblioteca para “Atlántico Diario”

  • Curso 1989/90 : Campaña de Animación á Lectura promovida pola Biblioteca no Concello de Narón

  • Colaboracións varias para a revista da editorial Xerais

  • Xullo 1989 : No contexto das Xornadas Pedagóxicas de Nova Escola Galega, celebradas en Ferrol, presento a comunicación : “A Biblioteca de Narón : relato dunha experiencia”

  • Decembro 1989 : Colexio La Salle de Ferrol : Conferencia : “Pais, fillos e libros : como fomentar unha boa relación“

  • Ó longo dos 90 : Representacións teatrais varias a cargo do Grupo Crítico da Biblioteca : Angels Garriga, Álvaro Cunqueiro, Rafael Dieste…

  • Setembro 1991 : No Nº 31 da Revista CLIJ publico o artigo : “Donde viven los libros : la Biblioteca Pública de Narón “. Na mesma revista hei de colaborar en ocasións varias facendo críticas de libros.

  • 1992 : Publicamos o Nº 0 da revista “Grup…Teca”. Colaboran na mesma, ademais do própios membros do Grupo Crítico, persoas que asisten con certa periodicidade á Biblioteca e teñen algo de interese que aportar (críticas, obras de creación, etc.). No ano 1997, nos foi secuestrado o Nº 5 da revista, que tiñamos xa listo para a imprenta, ó sernos negada a aportación económica precisa para a súa publicación. Iniciábase daquela o papel obstruccionista por parte do Concello de Narón, que aínda hoxe é difícil de explicar…

  • Tamén ó longo dos 90 , participo activamente nos sucesivos “Encuentros de Animadores del Libro Infantil y Juvenil” que anualmente se celebran en Guadalajara, Castilla-La Mancha

  • Curso 1992/93 : Críticas varias de libros para a Revista Galega de Educación

  • Xaneiro 1993 : Na mesma revista, nun monográfico sobre a lectura, publico o artigo : “Cando elas e eles son os protagonistas”

  • Maio 1993 : Imparto un Curso de Animación á Lectura no CEFOCOP da Gándara, Narón

  • Xullo 1993 : Narón : Taller de Lectura para Mulleres Adultas

  • Xaneiro 1994 : Comunicación que presento ao 7º Salón do Libro Infantil e Xuvenil da Coruña : “A experiencia dinamizadora da Biblioteca Pública Municipal de Narón”

  • Novembro 1994 : No contexto da entrega en Ferrol dos Premio Xerais, comunicación : “A Ilustración no libro infantil e xuvenil galego”

  • Participo na elaboración do Catálogo : “ A nosa Literatura Infantil e Xuvenil 1995”, publicado conxuntamente por GALIX e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

  • Maio 1995 : Fuenlabrada, comunicación sobre o “Grupo Crítico”

  • Maio 1995 : Artigo no Nº 133 de “Primeras Noticias de Literatura Infantil y Juvenil” : “Autoras Galegas 1985-1995”

  • Maio 1996 : Formo parte do Xurado do Premio Rañolas de Literatura Xuvenil convocado polo Concello de Chantada.

  • Xuño 1996 : Na Feira do Libro de Ferrol, Agustín Fernández Paz invítame a presentar o seu libro “Cartas de Inverno”

  • Xuño 1996 : Xº Aniversario Feria del Libro de Fuenlabrada. Comunicación : “Los encuentros con las autoras y autores : la experiencia en la Biblioteca Pública”.

  • Colaboracións en varios números da revista “Festa da Palabra Silenciada”, realizando críticas de libros.

  • Outubro 1996 : No contexto dunhas xornada organizadas polo Ateneo de Ferrol, baixo o título “Novos camiños na literatura Infantil”, presento a comunicación : “A literatura Infantil e Xuvenil, a Nosa Literatura Infantil e Xuvenil”.

  • Novembro 1996 : Vigo : O Centro UNESCO de Galicia invítame a presentar a revista Grup!...Teca, da Biblioteca.

  • Entre 1997 e 1999 : Colaboro asiduamente coa revista Peonza, da Asociación Cultural do mesmo nome. Santander, Cantabria.

  • Abril 1998 : Facultade de Biblioteconomía da Univ. da Coruña, Campus de Ferrol : Ponencia : “A Biblioteca Pública de Narón : formación, asentamento, situación actual e perspectivas”.

  • Setembro 1998 : Participo nos IX Encontros Pedagóxicos de Ferrolterra, organizados pola CIG-Ensino e a ASPG. Comunicación : “ A Biblioteca Pública de Narón : relato dunha experiencia, a práctica”.

  • Outubro 1999 : Artigo para o xornal O Comarcal : “A quen lle importan as bibliotecas?”

  • Abril 2001 : Facultade de Biblioteconomía de Ferrol, ponencia : “ A profesión bibliotecaria : a vida nunha biblioteca pública”

Ó longo de 16 anos de traballo na Biblioteca, máis de 100 autoras e autores, basicamente galeg@s, pero non só, pasaron pola mesma, nalgún caso en máis dunha ocasión. Non querería deixar a ninguén no tinteiro, pero as e os que paso a mencionar son quizais os máis recoñecidos, debo engadir que “son tod@s @s que están, pero non están tod@s @s que son”. A varias e varios deles chegaríalles o recoñecemento público moitos anos despois.

Sego unha relación cronolóxica aproximada do momento en que pasaron pola Biblioteca.

Narradoras/es

Suso de Toro, Mª Victoria Moreno, Darío Xohán Cabana, Mª Xosé Queizán, Helena Villar Janeiro, Manuel Rivas, Paco Martín, Xoán Ignácio Taibo, Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz, Xoán Babarro, Ana Mª Fernández, Úrsula Heinze, María García Yáñez, Sabela Álvarez Núñez, Pepe Carballude, Miguel Suárez Abel, Andrés García Vilariño, Palmira G. Boullosa, Miguel Vázquez Freire, Xavier Alcalá, Marilar Aleixandre, Joan Manuel Gisbert, Fina Casalderrey, Blanca Quintanilla, Marina Mayoral, Lola González, Antón Cortizas, Gloria Sánchez, Alfonso Álvarez Cáccamo, Sabela Mouriz Barja, Henrique Dacosta López.

(Como é ben sabido, entre elas e eles hai poetas, ensaístas, etc.)

Poetas

Ana Romaní, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Ramiro Fonte, Luz Pozo Garza, Miguel Anxo Fernán-Vello, Pilar Pallarés, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xavier Seoane, Manuel María, Claudio Rodríguez Fer, Chus Pato, Manuel Forcadela, Francisco Salinas Portugal, Marica Campo, Ánxeles Penas, Marta Dacosta, Helena de Carlos, Luísa Villalta, Eduardo Estévez, Sonia Guillén, Conchi Sedano.

As/os (daquela) Novísimas e Novísimos da Literatura Galega

Felipe Riola Parada, Carlos Vila Sexto, Yolanda Castaño, Xosé Manuel Lema Mouzo, Rafa Villar, Paula Carballeira, Emma Couceiro, Olga Novo, Inma López Silva, María Canosa, Verónica Martínez Degado, Lupe Gómez, Estevo Creus Andrade, Celso Fernández Sanmartín.

Ilusradoras/es

Xaquín Marín, Penélope Ares, Xulia Barros, Xan López Domínguez, Miguelanxo Prado, Manolo Uhía.

Ensaístas

Felipe Senén, Xosé María Dobarro Paz, Xan Rodríguez Silvar, Bernardo Máiz Vázquez, Francisco Rodríguez Sánchez, Miguel Mato Fondo, Pilar García Negro, Mª Jesús Fernández Fernández, Carmen Fernández Sanjulián, Mª do Carme Panero, Carmen Blanco, Encarna Otero Cepeda, Xosé Antonio Tarrío Fernández, Camiño Noia, Laura Tato Fontaíña, Francisco Pillado Mayor, Fernado Torreiro, Delia Vázquez, Andrés Sobrino, Xan Ramírez.

Con motivo do 500 Aniversario do Descubrimento celébranse na Biblioteca varias sesións de contacontos no que participan persoas orixinarias de diferentes países latinoamericanos : Chile, Cuba, Argentina, Uruguay, Brasil…

Grupos de Teatro, Animación e outros que colaboraron asiduamente coa Biblioteca

“Xalgarete”, “Kukas”, Colectivo “Caroza”, “Catacrok”, “Xirandola”, “Trinke Trinke”, así como O Clube de Montaña Ferrol.



luns, 19 de decembro de 2022

Convocados os premios Xerais 2023


Edicións Xerais de Galicia vén de convocar os seus premios de Literatura infantil e xuvenil galega para o ano 2023.

 

 

 

  • Premio Merlín de Literatura Infantil, 38ª edición.

    Para obras inéditas e orixinais.

    Escritas en galego normativo.

    Dirixido áo lectorado infantil

    Cunha dotación de10.000 €

    O prazo de entrega de orixinais remata o 24 de marzo de 2023.

    Imaxe de wikipedia.


  • Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 12ª edición.

    Para textos orixinais e inéditos.

    Presentados en lingua galega, conforme á normativa vixente.

    Dirixidos ao lectorado xuvenil.

    Cunha dotación de10.000 €

    O prazo de entrega de orixinais remata o 24 de marzo de 2023


Podes consultar as bases na propia web da editora.

venres, 16 de decembro de 2022

Antón Cortizas recibe o Premio Arume de Poesía para a Infancia.

A obra Os versos da mariola, de Antón Cortizas, resultou gañadora no Premio Arume de Poesía para a Infancia da Fundación Neira Vilas.


 O
xurado, composto por Xosé Antonio Perozo, Presidente de GALIX, Rosalía Morlán, Secretaria da Fundación Neira Vilas e Pilar Sampedro, experta en literatura infantil e xuvenil e vicepresidenta de GÁLIX, valorou na obra de Cortizas reivindicación do xogo tradicional a través da poesía, unha sorte de brincadeira coa palabra poética como vehículo para achegarse a un encontro entre a rapazada, máis alá da tecnoloxía ou as pantallas

O autor premiado nesta edición do Premio Arume é un escritor que conta cunha ampla e sólida traxectoria dentro da literatura en galego para o lectorado máis novo e tamén como investigador do eido da cultura e os xogos populares.

Este venres, 16 de decembro, no Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela, terá lugar o acto de entrega do Premio Arume 2022 coa presencia de Pedro González Boquete, representando a Deleite, Xosé Antonio Perozo, presidente de GÁLIX e Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística. Na mesma xornada farase a presentación dos libros gañadores na anterior edición do certame, coa presencia dos seus autores

A Fundación Xosé Neira Vilas e GÁLIX, suman esforzos para manter vivo o certame literario creado hai vinte ano por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda coa finalidade de apoiar a poesía infantil. 

O premio conta co patrocinio de Deleite, unha empresa galega recoñecida polo seu compromiso coa calidade do seu produto, mais tamén coa lingua e coa cultura.

 

 

martes, 13 de decembro de 2022

Na nosa biblioteca (318)


 Recibimos, como doazón da Editorial Galaxia para a Biblioteca de GÁLIX:

  • Hoshi. A voz da pedra fósil

  • Estrela… fugaz?

     

 

Título: Hoshi. A voz da pedra fósil

Autor: Brais Babarro Fernández

Editorial: Galaxia

Colección: Costa Oeste

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/hoshi-a-voz-da-pedra-fosil/





 

Título: Estrela… fugaz?

Ilustración: Fonso Barreiro

Editorial: Galaxia

Colección: Árbore

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/estrela-fugaz/

 

 

venres, 9 de decembro de 2022

Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) con libros para iniciar o camiño, ás 21:00 na TVG2


A
Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) con libros para iniciar o camiño hoxe ás 21:30 en A porta aberta, un programa dirixido por X. H. Rivadulla Corcón que ten como obxectivo dar a coñecer traballo das asociacións e entidades sociais galegas e trata de abarcar todos os sectores da sociedade en todo o territorio galego. 

Este venres, 9 de decembro de 2022 ás 21:00, emítese o programa dedicado á GÁLIX - Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, un colectivo formado por todas aquelas persoas implicadas na creación, publicación e mediación do libro destinado á infancia e á xuventude.

 A emisión de hoxe contará coa presencia de Xosé Antonio Perozo, presidente da asociación; os membros da directiva: Pilar Sampedro e Héctor Cajaraville; e Fran Castro, director de Galaxia e expresidente de GÁLIX, como socio da entidade. Falarán do labor da asociación e dos proxectos que levan a cabo na defensa, promoción do libro infantil e xuvenil en galego.

luns, 5 de decembro de 2022

Na nosa biblioteca (317)

 Chegaron novidades da editorial Bululú como doazón para a Biblioteca de GÁLIX :

  • O Crebanoces

  • O sono máis antigo

  • Grandes Cidades, Pequenos Viaxeiros – LONDRES

  • Sherlock Holmes – A banda de lunares

Título: O Crebanoces

Texto: E.T.A. Hoffmann

Adaptación: María Canosa

Ilustracións:  David Pintor

Editorial: Bululú


Título: O sono máis antigo

Texto: Mar Benegas

Ilustracións: Javi Hernández

Tradución: Xosé Duncan

Editorial: Bululú

Premio Cervantes Chico 2022

 

Título: Grandes Cidades, Pequenos Viaxeiros – LONDRES

Texto: Beth Beckman

Ilustracións: Holley Maher

Tradución: Maruxa Zaera Landeira

Editorial: Bululú

Colección: Grandes Cidades, Pequenos Viaxeiros

+ info: https://www.editorialbululu.com/producto/grandes-cidades-pequenos-viaxeiros-londres/


Título: Sherlock Holmes – A banda de lunares

Adaptación: Stephanie Baudet

Ilustracións: Arianna Bellucci

Tradución: Maruxa Zaera Landeira

Editorial: Bululú

Colección: Sherlock Holmes para pequenos detectives