xoves, 23 de decembro de 2021

Desexámosvos unhas felices festas e un ano de boas lecturas.

Desde Gálix queremos desexarvos unhas Felices Festas. 

 Facémolo coa felicitación da OEPLI, onde as distintas linguas proxectan a mesma mensaxe, atesourando que a unión é o mellor dos camiños.

mércores, 22 de decembro de 2021

Colección DEFENSORAS DE DEREITOS da Coordinadora Galega de ONGD

 

Na nosa participación no CULTURGAL, o pasado 27 de novembro, demos a coñecer a guía de literatura infantil e xuvenil de GÁLIX, "Donas no espello da LIXG" que repartimos entre editoras, librerías e profesionais da escrita, a tradución e a crítica.

Aproveitamos para visitar os postos da feira e descubrir novos proxectos de interese dentro da LIX.

E trouxemos os libros da colección Defensoras de dereitos que a Coordinadora Galega de ONGD publicou para dar a coñecer as vidas de mulleres que destacaron por defender os dereitos humanos nunha das rexións máis perigosas do mundo.

 Nestes textos recóllense as experiencias de  Haydée Castillo (Nicaragua), Verónica Salazar (O Salvador),  Miriam Suazo (Honduras), Estela Ángeles Mondragón (México) e María Cuc Choc (Guatemala), algunhas das mulleres defensoras organizadas arredor da Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos (IM-Defensoras).

Son libros dirixidos ao lectorado adolescente, escritos por Lara Dopazo Ruibal con ilustracións de Marta Conde e RotmInas. 

 

martes, 21 de decembro de 2021

Na nosa biblioteca (275)

 


 

Recibimos novidades de Edicións Xerais de Galicia, como doazón para a Biblioteca de GÁLIX:

 

 

  • A nena lectora.

  • O xenio da Cidade do Sal


 

Título: A nena lectora

Texto: Manuel Rivas

Ilustración: Susana Suniaga

Editorial: Edicións Xerais de Galicia

Colección: Alternativas. Pequena memoria

+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=6092437



Novas:

 

 

 


Ilustracións: Xosé Cobas

Coordinación e interpretación musical: Luis Soto

Editorial: Edicións Xerais de Galicia

Colección: Sopa de Libros

+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=6486952 



Novas:


luns, 20 de decembro de 2021

Na nosa biblioteca (274)


 A Editorial Sushi Books achéganos estas novidades para a Biblioteca de GÁLIX:

  • A bruxa novata

  • O equipo Chascadentes



Título: A bruxa novata

Texto: Mary Norton

Tradución: Moisés Barcia

Editorial: Sushi Books

Colección: Intermedio
+ info: https://rinoceronte.gal/sushibooks/produto/a-bruxa-novata/


Título: O equipo Chascadentes

Texto: Eduard Bass

Ilustracións: Josef Čapek

Tradución: Moisés Barcia

Editorial: Sushi Books

Colección: Intermedio
+ info: https://rinoceronte.gal/sushibooks/produto/o-equipo-chascadentes/

 Novas:

xoves, 16 de decembro de 2021

Finou Adela Turín. Creadora e investigadora da LIX con perspectiva feminina.

 

Finou Adela Turin. Coa súa morte perdemos un referente da literatura infantil e xuvenil con perspectiva feminista.

Nada en Italia en 1939 e formada en Historia da Arte, dedicou a súa vida profesional a escribir para a infancia e investigar as trazas sexistas na literatura infantil.

Creou a colección «Dalla parte delle bambine» coa intención de confrontar a discriminación de xénero no eido da familia patriarcal que publicou uns vinte libros entre 1975 1980.

En París, funda con Silvie Cromer a asociación «Du côté des filles», que 1994 investiga e denuncia o sexismo nos materiais educativos, ademais de xerar mecanismos de sensibilización dirixidos ao sector editorial e ás institucións.

Escribiu artigos para diversas revistas e publicacións e libros como Los Cuentos siguen contando: algunas reflexiones sobre los estereotipos (1995).

En 1998 publica ¿Qué modelos para las niñas?: una investigación sobre los libros ilustrados con Sylvie Cromer, Carole Brugeilles, Isabel Cromer e Nella Bosnia. 

No proxecto 'Atención Album', que se realizou coa axuda da Comisión Europea, as autoras analizaron a práctica totalidade dos álbum ilustrados para o lectorado de 0 a 9 anos publicados en Francia, Italia e España no 1994.

Ao longo da súa carreira publicou numerosos álbums de primeiras lecturas de alta calidade estética e literaria nos que denuncia a discriminación das nenas na familia e na sociedade.

En galego temos traducidos varios títulos:

  • Artur e Clementina, con ilustracións de Nella Bosnia e tradución de Eva Almazán, Kalandraka  
  • Rosa Caramelo con ilustracións de Nella Bosnia e tradución de G. Tolentino, Kalandraka. 
  • A historia dos bonobos con lentes con ilustracións de Nella Bosnia e tradución de G. Tolentino, Kalandraka. 
  • Unha feliz catástrofe con ilustracións de Nella Bosnia e tradución de G. Tolentino, Kalandraka.

mércores, 15 de decembro de 2021

A Xanela de GÁLIX. Xosé A. Perozo


 
Xosé Antonio Perozo Ruiz naceu en Llerena (Extremadura) en 1951.  

É escritor, xornalista e editor.

Dende que fixou a súa residencia en Galicia, alá polos anos setenta, distinguiuse pola súa militancia no uso do galego e o seu labor a prol da cultura galega na prensa.

Colaborou con medios de comunicación escritos (El Pueblo Gallego, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, El Correo Gallego, La Región, El País) e audiovisuais (TVG, La Voz de Vigo, Radio Galega, Cadena SER).

Destaca o seu labor como comentarista e articulista de actualidade cultural e política.

Foi Director da Enciclopedia Galega Universal. Deseñou e dirixiu a promoción de “Compostela 93”, do “Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España” e de “Compostela Cidade Europea da Cultura do 2000”, entre outros eventos.


Presidente da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil) entre 2017 e 2020

Na actualidade, e dende 2015, é o presidente de GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).

Como escritor ten publicados unha chea de títulos de literatura infantil e xuvenil en galego, entre os que destacamos:

 

En literatura infantil:

  • O enigma de Embívicus (Sotelo Blanco, 1993- Galaxia, 2018)
  • Contos máxicos (Bruño, 1995),
  • Claudina volveu (Obradoiro 1998)
  • Nada no país dos números (Ir Indo 2001)
  • O vento de Antón (Xerais 2004)
  • Unha mensaxe para Sara (Sotelo Blanco 2007)
  • Noite de Reis en Calpancalá (Everest, 2007)
  • Vanesa non quere ser princesa (Auga Editora 2017)
  • Telma, Leire o os coellos sabios (Auga Editora 2017)
  • Don Cazapalabras (Auga Editora, 2021)

Novelas xuvenís:

  • Caderno de Riparia (Xerais 2004)
  • Amor Amargo (Auga Editora 2019)
  • Contigo na nube (Auga Editora 2020)

Libros de divulgación:

  • Quen é quen no primeiro Parlamento Galego (Xerais, 1981)
  • Celso Emilio Ferreiro, compañeiro do vento e das estrelas (Akal, 1981)
 

ACCESO



 

domingo, 12 de decembro de 2021

Acto de entrega dos Premios do concurso EU SON...!

Coas dificultades e restricións que o andazo do Covid19 nos impón e gardando todas as medidas de seguridade, celebramos este venres a entrega dos premios do concurso Eu son...!, convocado por GÁLIX con ocasión do Día Internacional do Libro Infantil.

O acto, presidido polo Secretario Xeral de Cultura, D. Anxo Lorenzo, con Pilar Sampedro como representante de GÁLIX, contou coa presencia de D. César Fernández, Vicepresidente da Deputación de Ourense, Dna. Noelia Rodríguez, Alcaldesa de Ribadavia, a Concelleira de Cultura Dna. Paula Rodríguez e a bibliotecaria Dna. Teresa Rivela que nos deu a benvida.

 Logo da presentación de a cargo da nosa Vicepresidenta, o Secretario Xeral de Cultura pronunciou unhas palabras sobre a importancia da lectura en galego e o papel de GÁLIX. A continuación fíxose entrega dos diplomas e os premios ás concursantes premiadas.

venres, 10 de decembro de 2021

Na nosa biblioteca (273)


 Recibimos novidades de Edicións Xerais de Galicia, como doazón para a Biblioteca de GÁLIX:

 

 

  • Virus e bacterias. E logo... por que?

  • Que sabes da Guerra Civil e o franquismo?

  • A morte e as súas representacións na LIX ibérica e iberoamericana

Título: Que sabes da Guerra Civil e o franquismo?

Texto: Manuel Veiga Taboada

Ilustracións: Carlos Gallego Domínguez

Editorial: Edicións Xerais de Galicia

Colección: Coñecemento-Seica

+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=6849484


Título: Virus e bacterias. E logo... por que?

Texto: Jordi Font Barris

Ilustración: Jorge Del Corral Escriche

Tradución: Equipo Xerais

Editorial: Edicións Xerais de Galicia

Colección: Coñecemento-Básicos Ciencia

+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=6834305



Autor
ía : Red Temática de Investigación "LIJMI"

Coordinadora: Blanca Ana Roig Rechou

Coordinadora: Mª Isabel Soto López

Coordinadora: Marta Neira Rodríguez

Editorial: Edicións Xerais de Galicia

Colección: Didáctica e outros materiais educativos-Materiais

+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=6487695