mércores, 15 de decembro de 2021

A Xanela de GÁLIX. Xosé A. Perozo


 
Xosé Antonio Perozo Ruiz naceu en Llerena (Extremadura) en 1951.  

É escritor, xornalista e editor.

Dende que fixou a súa residencia en Galicia, alá polos anos setenta, distinguiuse pola súa militancia no uso do galego e o seu labor a prol da cultura galega na prensa.

Colaborou con medios de comunicación escritos (El Pueblo Gallego, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, El Correo Gallego, La Región, El País) e audiovisuais (TVG, La Voz de Vigo, Radio Galega, Cadena SER).

Destaca o seu labor como comentarista e articulista de actualidade cultural e política.

Foi Director da Enciclopedia Galega Universal. Deseñou e dirixiu a promoción de “Compostela 93”, do “Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España” e de “Compostela Cidade Europea da Cultura do 2000”, entre outros eventos.


Presidente da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil) entre 2017 e 2020

Na actualidade, e dende 2015, é o presidente de GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).

Como escritor ten publicados unha chea de títulos de literatura infantil e xuvenil en galego, entre os que destacamos:

 

En literatura infantil:

  • O enigma de Embívicus (Sotelo Blanco, 1993- Galaxia, 2018)
  • Contos máxicos (Bruño, 1995),
  • Claudina volveu (Obradoiro 1998)
  • Nada no país dos números (Ir Indo 2001)
  • O vento de Antón (Xerais 2004)
  • Unha mensaxe para Sara (Sotelo Blanco 2007)
  • Noite de Reis en Calpancalá (Everest, 2007)
  • Vanesa non quere ser princesa (Auga Editora 2017)
  • Telma, Leire o os coellos sabios (Auga Editora 2017)
  • Don Cazapalabras (Auga Editora, 2021)

Novelas xuvenís:

  • Caderno de Riparia (Xerais 2004)
  • Amor Amargo (Auga Editora 2019)
  • Contigo na nube (Auga Editora 2020)

Libros de divulgación:

  • Quen é quen no primeiro Parlamento Galego (Xerais, 1981)
  • Celso Emilio Ferreiro, compañeiro do vento e das estrelas (Akal, 1981)
 

ACCESO



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

[Comentario blog]