Antonio
García Teijeiro é escritor, poeta, profesor, crítico de literatura
infantil e colaborador habitual en xornais e revistas de prestixio. Apoiou a GÁLIX dende a súa creación e foi membro da primeira directiva.
Naceu
en 1952 en Vigo, onde cursou os seus estudos e onde comezou a
traballar como mestre; a Vigo e ao seu mar estivo sempre fondamente
unido.
E
ao meu maxín acoden as miñas lembranzas de cativo na praia de
Samil. Era ben pequeno e teño gravada a imaxe dese primeiro medo ás
ondas. De ficar paralizado diante da escuma que pousaba na area como
intimidándome. Lembro tamén o meu pai levándome das mans mentres
eu batuxaba na auga para aprender a nadar. Lembro botarme de cabeza
na dársena do Náutico ou estar sentado nas rochas como agardando
unha mensaxe dentro dunha botella que nunca cheguei a recibir. Ese é
o meu mar de todos os día.
García
Teijeiro, A. (20
de decembro de 2020).
O meu mar de todos os días. Faro
de Vigo.
Recuperado de
https://www.farodevigo.es/estela/2020/12/20/o-meu-mar-dias-26510129.html
 |
Fotografía de Anxo Cabada |
O poeta é tamén un destacado deportista que foi xogador e logo adestrador de balonmán.
Como
docente participou en movementos de renovación pedagóxica e
colabora en actividades de formación do profesorado, obradoiros de
creación literaria e animación á lectura e imparte charlas e
conferencias. As súas obras Disfrutar escribindo. A narración e a poesía nas aulas (Galaxia),forman parte deste seu labor de apoio á formación de docentes.
Considerado
un dos poetas máis significativos en lingua galega, dedicou a maior
parte da súa obra á literatura infantil con máis de trinta
poemarios.
Moitos
dos seus poemas están recollidos en antoloxías galegas, en castelán
e en catalán e tamén en Latinoamérica.
Tamén podemos escoitar os seus versos musicados nas voces de grupos e músicos de dentro e fóra do país como Paco Ibáñez, Antón Seoane, Mamá Cabra, María Fumaça.
Toda
a información pode ser consultada no blog do autor: Versos
e Aloumiños,
http://garciateijeiro.blogspot.com.es/
OBRA
LIXG:
POESÍA
INFANTIL:
Coplas
(Galaxia,
1988);
Nenos (Galaxia,
1988); Aloumiños
(Galaxia,
1988);
Cacarabín,
Cacarabón,
en castelán Versos
de auga (Edelvives,
1991);
As
catro estacións (Galaxia,
1991);
Ventos
(Xerais, 1992 );
Poemas
do sol e da lúa,
en Trazos, trozos e retrincos (Xunta de Galicia, 1992);
Lueiro
de papel (Xerais,
1995); Na
fogueira dos versos
(Xerais,
1996);
Unha
chea de aloumiños
(Edelvives, 1998);
A
fala das pombas que falan
(Xunta de Galicia, 1999);
"As verbas que fan o camiño", en Imos xuntos camiñar
(Xunta de Galicia, 1999);
Cadernos
de fume
(Anaya,1999);
Palabras envoltas en cancións (Galaxia2000); Aire sonoro (Ir Indo,
2001); ¡Ai, canto falan as pombas que falan! (Ir Indo, 2002);
Paseniño Paseniño (Everest,
2003);
"Bicos, bicos... e máis bicos", en Para cantar e contar
(Xunta de Galicia, 2003); Bicos
na voz
/ Besos
en la voz
(bilingüe, Deputación de Málaga,
2004 );
Cando
caen as follas
(Everest, 2006); Petando
nas portas de Dylan (Galaxia, 2007); Á sombra do lueiro de papel
(Everest, 2007); Un
rato díxolle á lúa. Antoloxía poética
(Xerais,
2013);
Lendo
lendas, digo versos (Xerais,
2015)
en colaboración con Antonio Reigosa;
Palabras
do mar
(Embora, 2015); Poemar
o mar
(Xerais ,2016);
Vento,
ventiño, venteiro (Xerais,
2019); Bicos
e non balas
(Galaxia, 2019)
e
O
que ven os ollos dos nenos (Xerais).
NARRATIVA
INFANTIL:
A
chave dos soños (Galaxia,
1988);
A
teima de Xan
(Sotelo Blanco,
1991 e 2005);
Antón
e a paxariña de papel (Xunta
de Galicia, 1991);
O
cabalo de cartón (Luis
Vives, 1992);
O monicreque de Alicia (Xunta
de Galicia, 1992);
Fantasía en re maior
(Luis Vives, 1994);
Ó outro lado da esquina
(Bruño, 1996);
Ladrándolle á lúa (Sotelo
Blanco, 1997);
"O carrusel", en E dixo o corvo
(Xunta de Galicia, 1997);
Sempre
quenta o sol (Alfaguara,
1994);
En
voz baixa
(Xerais,1998);
Cara
a un lugar sen nome
(Sotelo Blanco, 1998);
"Verbas de sal", en Un saquiño de contos
(Xerais, 2001);
Os peixes de cores (Xerais,
2002); Trala
liña do horizonte
(Edelvives/Tambre, 2002);
"As lentes de John Lennon", en Postais do camiño
(Galaxia, 2004);
Honorato, o rato namorado (Xerais,
2007); Cos
ollos na lúa (Everest,
2010);
Verbas de sal (Xerais,
2011)
A nena do
parque (Embora,
2014);
Raiolas de sol
(Galaxia, 2016)
PREMIOS:
- Premio
Merlín 1996 por
"Na fogueira dos versos"
- Lista
de Honra
do
IBBY, 1998,
con
"Na fogueira dos versos"
- Premio
Europeo Pier Paolo Vergerio da Universidade de Padua (Italia) 1998
concedido
por un xurado
internacional
- Premio
Nacional de Literatura infantil e xuvenil 2017 pola obra
Poemar o mar
- Lista
de Honra do IBBY (2018) con
Lendo lendas, digo versos, libro
feito en colaboración con
Antonio Reigosa
- Varios
dos seus libros foron incluídos nas listas de honra da CCEI e da
revista CLIJ.
- O
seu libro Cacarabín, Cacarabón (en castelán Versos de agua) foi
elixido entre "Los 100 del siglo XX" no VI Simposio de
Literatura Infantil e Lectura da FGSR.
- O
seu libro Trala liña do horizonte foi
elixido como libro asociado do "Fórum Barcelona 2004".