mércores, 31 de marzo de 2021

A exposición O CASTRO, tamén na orixe da LIXG. Agora no Centro Sociocultural de Fontiñas

A partir do 1 de abril, estará aberta ao público, Centro Sociocultural de Fontiñas, a exposición O CASTRO, tamén na orixe da LIXG, organizada por GÁLIX, co patrocinio da Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello de Santiago e a biblioteca Afundación de Santiago, para conmemorar o centenario de Isaac Díaz Pardo.

A inauguración será este xoves ás 17:00.

martes, 30 de marzo de 2021

Raquel Senra. Un achegamento á situación do libro infantoxuvenil galego

 

Este vídeo de Raquel Senra pon remate ás diferentes contribucións que GÁLIX procurou para ofrecer unha visión panorámica nas Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia V. Un achegamento á situación do libro infantoxuvenil galego.

Raquel Senra Fernández é Vocal de tradución literaria da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI). Mantén a páxina Árbore Azul: axencia creativa, tradución, ilustración e animación á lectura.

luns, 29 de marzo de 2021

Na nosa biblioteca (232)

 

 

A Editorial Sushi Books achéganos esta novidade para a Biblioteca de GÁLIX:

 

  • Contos de así foi

Autor: Rudyard Kipling

Tradución: Estela Villar Nogueira

domingo, 28 de marzo de 2021

PREMIOS DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL GALEGA

 

 


 





XIV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

  • O prazo de presentación ata o 14 de maio .

  • O premio ten unha dotación de 9.000 €

 Premios Xerais

XXXVI Premio Merlín de Literatura Infantil

    • Para textos inéditos en galego.

    • Dirixidos lectorado infantil

    • O prazo de presentación remata o 1 de xullo de 2021.

      O premio conta cunha dotación de 10.000 € 

 XIII Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil

    • Para textos inéditos en galego.

    • Dirixidos lectorado xuvenil

    • O prazo de presentación remata o 1 de xullo de 2021.

      O premio conta cunha dotación de 10.000 €.

XV Premio de literatura infantil e xuvenil Raíña Lupa

  • Convocado pola Deputación da Coruña

  • Para textos inéditos de narrativa.

  • En lingua galega.

  • Dirixido a lectorado infantil ou xuvenil.

  • O prazo de presentación de orixinais remata o15 de abril de 2021.

  • O premio conta cunha dotación de 6.500 €

Premio Arume de Poesía para aInfancia

  • Convocado pola Fundación Neira Vilas e GÁLIX, co patrocinio de Deleite.

  • Para obras inéditas en galego.

  • Dirixido a lectorado infantil

  • O prazo de presentación remata o 17 de maio

  • O premio conta cunha dotación de 1.000 €

  • A obra premiada será publicada por Edicións Embora.



 

venres, 26 de marzo de 2021

Na nosa biblioteca (231)

 Recibimos da Editorial Kalandraka, como doazón para a Biblioteca de GÁLIX :

  • Elmer e Wilbur 
  • Na cola para a arca


Título
: Elmer e Wilbur

Texto: David McKee  

Tradución : Xosé Manuel González

Editorial: Kalandraka

+ info: https://www.kalandraka.com/elmer-e-wilbur.html

Novas:

Trafegando Ronseis: https://trafegandoronseis.blogspot.com/2021/03/elmer-e-wilbur.html



Título
: Na cola para a arca
Texto: Antonis Papatheodoulou
Ilustracións: Iris Samartzi
Tradución: Manuela Rodríguez

Editorial: Kalandraka
+ info: https://www.kalandraka.com/na-cola-para-a-arca.html

xoves, 25 de marzo de 2021

Ana Guerra. Un achegamento á situación do libro infantoxuvenil galego

Ana Guerra é, dende hai anos, directora de Edicións Obradoiro-Santillana moi centrada no libro educativo e na literatura infantil e xuvenil, actualmente no selo Oqueleo

É tamén vicepresidenta da Asociación de Galega de Editoras (AGE).

Dende a súa perspectiva de editora, achéganos neste vídeo unha análise da situación actual do libro infantoxuvenil galego.

mércores, 24 de marzo de 2021

Premio Arume de Poesía para a Infancia

Premio Arume de Poesía para a Infancia, convocado por:

  • cunha dotación de 1.000 € 

Poderán concorrer autores e autoras, maiores de idade, de calquera nacionalidade que presenten:

BASES
 

  • Obras orixinais en galego.
  • Cunha extensión mínima de 350 versos.
  • Nun grupo ou nun único poema
  • Dirixido a lectorado infantil.
  • Antes do 17 de maio

martes, 23 de marzo de 2021

Na nosa biblioteca (230)

 

 

Recibimos da Edicións Xerais de Galicia, como doazón para a Biblioteca de GÁLIX :

 

  • Marosa e Mariña camiñan a Compostela

  • Cancións para Ana Lúa

  • Non cantan os paxaros neste bosque

 

Título: Marosa e Mariña camiñan a Compostela


 

Texto: Iago López

Ilustracións: Macus Romero

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Pequeno Merlín Álbums
+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=6498909

 

 



Novas:

  • Trafegando Ronseis: https://trafegandoronseis.blogspot.com/2021/03/marosa-e-marina-caminan-compostela.html

Título: Cancións para Ana Lúa
Texto: Xavier Seoane

Ilustracións: Xavier Correa Corredoira
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Merlín
+ info: http://editorialgalaxia.gal/produto/acouga-babau/

Novas:

 

Título: Non cantan paxaros neste bosque
Autor: Carlos Negro

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Fóra de Xogo
+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=6514221

Novas:

luns, 22 de marzo de 2021

Eu son...! Un concurso de GÁLIX polo Día Internacional do Libro Infantil.

 Polo DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2021, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) convoca o concurso "Eu son...!"

Co obxectivo de:

  • Incentivar a lectura de literatura infantil e xuvenil galega entre os rapaces e rapazas.

  • Familiarizar o lectorado máis novo con personaxes da Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) galega

  • Promover a súa potencialidade expresiva

  • Contribuír á divulgación da creación de autoras e autores galegos.

 

Neste concurso premiaremos as gravacións de vídeos de lectoras e lectores de 6 a 14 anos representando a personaxes da literatura galega.

Para participar deberán publicar un vídeo de menos de 1 minuto , a través da súa biblioteca escolar ou pública, librería ou dende a casa, nas redes sociais mencionando o noso usario na publicación:

 

 

 

TikTok: en_galix

Instagram: @somosgalix

Twitter: @GALIX_

Para poder ser visualizados e valorados terán que levar os cancelos:

    #DILIGALIX2021

    #GALIX

E o da categoría pola que participa:

#EUSONINICIAL (lectorado inicial: 1º, 2º e 3º de Primaria) 

#EUSONAVANZADO (lectorado avanzado: 4º, 5º e 6º de Primaria)

#EUSONSUPER (superlectorado: 1º e 2º de Secundaria).

 

BASES