luns, 22 de febreiro de 2021

Abraham Carreiro: Un achegamento á situación do libro infantoxuvenil galego. (Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia V)

Como parte das Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia V. Un achegamento á situación do libro infantoxuvenil galego, solicitamos a participación dalgunhas persoas de diferentes ámbitos dentro do sector do libro. Froito desta colaboración son os vídeos que iremos incorporando á nosa canle de YouTube.

Abraham Carreiro comparte a súa opinión neste primeiro vídeo.

 

Abraham Carreiro é un vigués formado en Barcelona onde cursou Artes Gráficas, logo especializouse en Ilustración e traballa, a día de hoxe, como debuxante, ilustrador, deseñador gráfico e escritor.

A súa dedicación á literatura infantil e xuvenil e o seu compromiso coa lingua e a cultura galegas é patente en obras como:

  • O cazador de Cambodia (A Nosa Terra 2009)
  • Latcho Drom (A Nosa Terra 2009)
  • As espiñas do porco espiño (A Nosa Terra 2010)
  • Xoeliki: as aventuras dun ciberpirata (Sotelo Blanco, 2011)
  • Xoeliki: o grande apagamento (Sotelo Blanco, 2012)
  • Xoeliki: os ordenadores apagados (Moito conto, 2017)

Cómpre suliñar a experiencia crowdfunding Os estudios Tex. O mundo dos debuxos animados, un interesante proxecto editorial e didáctico para achegar o mundo dos debuxos animados ao lectorado máis novo.

O Papagaio, o xornal da xente miúda, é unha revista creada e dirixida por Abraham Carreiro na que colabora un magnífico equipo de creadoras e creadores, ten periodicidade mensual e abarca unha chea de temas de índole científica e cultural de xeito rigoroso e cunha linguaxe clara e divertida. Unha gran achega para as bibliotecas escolares e públicas, para as familias e, máis que nada, para a rapazada que precisaba de algo así, en galego.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

[Comentario blog]