luns, 26 de outubro de 2020

Na nosa biblioteca (216)

 

Recibimos as novidades de Edicións Xerais de Galicia, como doazón para a  Biblioteca de GÁLIX :

 

 

  • Fábulas contadas

  • Superavoa

  • Antía e Daren

  • A raíña galega

  • Asterix e os normandos

  • Salvamos o planeta


Título: Fábulas contadas
Texto: Gonzalo Navaza
Ilustracións: Orelí Pello

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Sopa de libros
+ info: https://xerais.gal/libro.php?id=6092265

Novas:

Rede Lectura, Asesoría de bibliotecas escolares: http://redelectura.blogspot.com/2020/10/fabulas-contadas.html

Título:Superavoa
Texto: David Rodríguez
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Sopa de libros
+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=6092536

Novas:

Recomendación de librería Couceiro:

Título: Antía e Daren
Texto: Valentín Alvite
Ilustracións: Miguel Porto Hermida
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Sopa de Libros
+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=6518744

Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, 2019

Novas:

Nós diario: https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/valentin-alvite-gana-premio-raina-lupa-literatura-infantil/Asterix e os normandos20190925171124084412.html

Título: A raíña galega
Texto:Xosé Durán
Editorial: Edicións Xerais de Galicia

Colección: Fóra de xogo
+ info:https://www.xerais.gal/libro.php?id=6466541

Título: Asterix e os normandos
Texto:René Goscinny
Ilustracións: Albert Uderzo
Tradución:Xavier Senín, Mª Isabel Soto e Alejandro Tovar

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Merlín Cómics
+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=6070915

Novas:

Asterix, páxina oficial: https://www.asterix.com/les-createurs/albert-uderzo/

Librotea. El País: https://librotea.elpais.com/libros/asterix-e-os-normandos-3/

Título: Salvamos o planeta
Texto: Larousse Editorial
Ilustracións: Bruno Martínez Tabares
Tradución: Equipo Xerais

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Básicos Ciencia
+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=6465419


venres, 23 de outubro de 2020

CURSO: MEDIACIÓN LECTORA E LIXG.

 As Xornadas GÁLIX Desfacendo a raia, correspondentes ao ano 2020, celebraranse de xeito telemático en colaboración co CAFI, abertas á participación de todo o profesorado e certificables.

A temática desta nova edición é a mediación lectora e contamos con catro relatoras do maior nivel para falar do papel da mediación dende diferentes ámbitos.

Inscrición en FPROFE



xoves, 22 de outubro de 2020

GÁLIX: Dúas nóminacións galegas aos premios internacionais ALMA

 


 Publicáronse este mércores, 21 de outubro, as candidaturas aos premios internacionais Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA ), outorgado anualmente polo goberno sueco e que naceron coma homenaxe á creadora de Pippi Mediaslongas.

Nestes premios recoñécese o traballo dos diversos actores que conforman o mundo do libro infantil e xuvenil.

Más dun cento de organizacións en todo o mundo presentaron candidaturas para este premio.

GÁLIX (Asociación Galega do LIbro Infantil e Xuvenil) que representa o ámbito lingüístico galego dentro do IBBY (International Board on Books for Young People), presentou as dúas candidaturas galegas que foron aceptadas e compiten agora coas de 64 países.

Presentamos a proposta de Bibliotecas escolares de Galicia en base ao seu continuado labor na transformación e actualización das bibliotecas, na promoción da lectura e na construción de lectores/as críticos/as e comprometidos/as.

Un esforzo, este, que parte da creación da Asesoría, das convocatorias do PLAMBE, Clubs de lectura, Bibliotecas Escolares Solidarias, Biblioteca Inclusiva, biblioteca Creativa, Radio na biblio... e tamén do empeño dun profesorado innovador e implicado que traballa máis alá do seu horario, tecendo unha rede colaborativa ben orientada e sempre
actualizada
.

Paula Carballeira é unha destacada profesional no eido da narración oral. Unha autora polifacética de literatura infantil e xuvenil que leva publicados numerosos libros que abranguen todos os xéneros: en teatro, narrativa e poesía e album ilustrado.

Ademáis a súa obra está dirixida a todos os tramos de idade, dende prelectores ata a mocidade.

Dentro do ámbito teatral, ademais de dramaturga é directora e actriz de teatro e televisión.

xoves, 15 de outubro de 2020

A xanela de GÁLIX. Nova sección do blog.

 


GÁLIX naceu hai máis de tres décadas como un movemento asociativo dos diversos sectores que traballan a prol do Libro Infantil e Xuvenil Galego. Foi a resposta a unha necesidade de sumar esforzos co obxectivo de promover e divulgar o traballo feito e aglutinar forzas para as novas proxeccións. Unha xanela desde a que amosar e a través da que poder ver o Libro Infantil e Xuvenil Galego (LIXG).

Queremos, desde aquí, rememorar esa fiestra pola que asomar GÁLIX (sección galega da OEPLI, representación do ámbito lingüístico galego no IBBY) e o propio Libro Infantil e Xuvenil Galego (o LIXG) a través dos seus socios e socias, orixe e motivación da agrupación. Contamos, para iso, cunha nova sección: A Xanela de GÁLIX. Nela, a través dun breve cuestionario, as persoas asociadas irannos falando desa ollada ao pasado, presente e futuro do LIXG.

Unha sección que inauguramos hoxe e que se renovará cada mes, presentando ás persoas que formamos esta asociación por orde, máis ou menos estrita, de antigüidade; a socia Teresa Pérez Tilve será quen se ocupe da documentación. Desta maneira, buscamos a implicación máis alá do pago dunha cuota, porque todos e todas nós constituímos o valor que máis cotiza en GALIX.



mércores, 14 de outubro de 2020

Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.

Imaxe de Emilio en Wikimedia Commons

 

 

A escritora Elia Barceló é a nova Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo seu libro O efecto Frankenstein, Premio Edebé 2019 e publicada en galego por Rodeira en tradución de Belén Rodríguez.

 

 

 

 

 

A obra pretende ser unha homenaxe á figura de Mary Shelley e achegarnos á situación da muller na súa época a través dos ollos da protagonista, unha estudante universitaria do século XXI. 

 

Moitos parabéns no nome de GÁLIX!!! 

martes, 6 de outubro de 2020

Que é GÁLIX?

Un vídeo para dar a coñecer a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), as súas funcións e o seu labor e animar ás persoas interesadas no mundo do libro infantil e xuvenil en galego a asociarse e colaborar no noso traballo.

luns, 5 de outubro de 2020

Nova biblioteca no concello de Cambre

 

O concello de Cambre conta cun novo espazo bibliotecario inaugurado o pasado por autoridades do Concello e a Deputación.

Entre as personalidades que acudiron na inauguración da nova Biblioteca Central de Cambre, foron convidados os socios de GÁLIX, Ángeles Roca, que foi, ata a súa recente xubilación, unha persoa clave no desenvolvemente das bibliotecas municipais de Cambre; e tamén o ilustrador Xosé Cobas, que participou no decorado cuns magníficos murais, un deles do conto " O home que inventou unha maneira de andar" de Xabier P. Docampo, socio de Honra de GÁLIX 2018.

As novas instalacións están concebidas como un espazo de convivencia entre persoas lectoras de todas as idades e de reivindicación da obra de autores galegos como Manuel Rivas, Xabier P. Docampo e Agustín Fernández Paz que decoran boa parte das paredes do edificio.

Podedes coñecer a biblioteca no vídeo da inauguración que está no facebook da Deputación Provincial da Coruña.

https://www.facebook.com/1833286343630697/posts/2438401443119181/?sfnsn=scwspwa