AGOSTO 2020

Recomendamos: Bicos e non balas de Antonio García Teixeiro
Poucas
persoas lle teñen cantado a paz do xeito que o fai o Mestre Antonio
García Teijeiro. A musicalidade dunha poesía
sempre coidada, atenta
e respectuosa coa palabra, entrelaza a súa man coa forza das imaxes
que é capaz de pousar na alma do lector ou lectora.
Unha
antoloxía de poemas que xiran entorno a paz, que te recollen, te
acollen e te transportan da primeira a derradeira páxina. Unha voz
que sempre fai ben e cura almas.
Porque
o mundo pode ser diferente.
Bicos
e non balas.
______________________________
GÁLIX
aporta cada mes unha
recensión feita por algún socio para a sección Este
libro encantoume da
OEPLI,
ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as
recomendacións das seccións
aquí,
na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no
noso blog (bota un
ollo na barra lateral!). Se queres colaborar
coas túas recensións para esta sección, non dubides en nos
contactar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]