domingo, 9 de agosto de 2020

Convocatoria do Premio Lazarillo 2020

 

O Lazarillo, o concurso máis antigo de Literatura Infantil e

Xuvenil, ten aberta a convocatoria correspondente ao ano 2020.

 

 

 

Modalidade de Creación Literaria:

 Adicado a estimular a produción literaria infantil de calidade.

  • Para obras inéditas escritas en calquera das linguas do estado español.

  • En calquera xénero:

    • Narrativa e teatro, terán un tamaño máximo de 80 páxinas, en Arial 12 a doble espazo.

    • Poesía: 150 versos por páxina en poesía

  • Dirixidas a lectorado menor de 11 anos.

  • Terá unha dotación de 6.000 €.

  • O prazo de presentación de orixinais remata o 30 de setembro.

Modalidade de Álbum Ilustrado:

Destinado a estimular a produción de álbums infantís ilustrados.

  • Para obras inéditas.

  • Cunha extensión máxima de 32 páxinas.

  • Non poderán exceder o tamaño DIN A2

  • O premio terá unha dotación de 6.000 €.

  • O prazo de presentación de orixinais remata o 30 de novembro de 2020.

luns, 3 de agosto de 2020

Este libro encantoume (agosto 2020)

AGOSTO 2020




Recomendamos:  Bicos e non balas de Antonio García Teixeiro





Poucas persoas lle teñen cantado a paz do xeito que o fai o Mestre Antonio García Teijeiro. A musicalidade dunha poesía
sempre coidada, atenta e respectuosa coa palabra, entrelaza a súa man coa forza das imaxes que é capaz de pousar na alma do lector ou lectora.
Unha antoloxía de poemas que xiran entorno a paz, que te recollen, te acollen e te transportan da primeira a derradeira páxina. Unha voz que sempre fai ben e cura almas.
Porque o mundo pode ser diferente.
Bicos e non balas.

Miguel Ángel Alonso Diz







______________________________
GÁLIX aporta cada mes unha recensión feita por algún socio para a sección Este libro encantoume da OEPLI, ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as recomendacións das seccións aquí, na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no noso blog (bota un ollo na barra lateral!). Se queres colaborar coas túas recensións para esta sección, non dubides en nos contactar.