Encantoume
ler Teño
oito anos e quero ser youtuber
porque
sentín curiosidade en saber
que
me ía contar o autor (un vello coñecido da nosa LIX) tras ese
título.
Agradoume
atopar tanto lirismo nun libro para a rapazada, nun libro no que o
protagonista quere ser, nada máis e nada menos, ca youtuber.

Teño
oito anos e quero ser youtuber
é
o exemplo claro de modernizar a literatura de sempre. A historia da
vida dun neno, vista nos tempos actuais, pero chea de pingas de
lirismo. Todo acontece e é lembrado segundo decidamos facelo. É
aquí os ollos dun narrador que ama a súa lingua, pero tamén a súa
terra. É aquí unha narración renovada das máis vellas historias.
María
Canosa
______________________________
GÁLIX
aporta cada mes unha
recensión feita por algún socio para a sección Este
libro encantoume da
OEPLI,
ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as
recomendacións das seccións
aquí,
na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no
noso blog (bota un
ollo na barra lateral!). Se queres colaborar
coas túas recensións para esta sección, non dubides en nos
contactar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]