- O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra abre as súas portas no mundo dixital, e ofrece contidos todos os días no Salón Virtual
- O Colectivo NOGA #narracionoralgalega crea a canle de YouTube Pandemia de contos, onde se poden atopar historias breves contadas por diversas narradoras e narradores orais.
- A editorial Galaxia ten creada no Instagram a conta Galaxia Infantil, na que se están a colgar vídeos nos que as autorías falan dos seus libros
- Mitos, contos e lendas para ler ou contar en familia na páxina Galicia Encantada, a enciclopedia da fantasía popular e tradicional de Galicia.
- A páxina web de Kalandraka, que ofrece moito material videográfico arredor da literatura.
- A Asesoría de bibliotecas escolares publica unha chea de recursos e actividades arredor da lectura.
- En páxinas como a de Os Bolechas, por exemplo, podemos atopar contido para ocupar o tempo de lecer das nosas crianzas.
- Atoparedes vídeos, series, música, audio-contos e xogos en galego na web do Xabarín en CRTVG.
- Non vos perdades os divertidos Karaokes do Xabarín, para cantar en familia.
- Na canle YouTube do Xabarín.
- Tamén hai vídeos karaoke do Xabarín na páxina GalicianTunes con11 videoclips para cantar co Xabarín.
- Na canle de YouTube Sonárbore, a canle en youtube da Editorial Galaxia, hai moitos vídeos para cantar e bailar en galego.
- O portal web Aulas Galegas ofrece unha chea de material educativo en galego para as crianzas creado expresamente para estes días.
- Nós salientamos a sección 'Lecturas compartidas', coordinada por Montse Penas e Anxos Rial.
- Na páxina da Real Academia Galega: contidos para o público infantil sobre Carballo Calero: http://primaveradasletras.gal/
Non
esquezades que desde GÁLIX desenvolvemos iniciativas para ler LIX na casa:
#euleolix en Instagram, na que que vos animamos a compartir fotografías das lecturas de LIX galega que estades a realizar nas vosas casas.
O concurso "Un poema na túa voz" para animar ás familias a ler cos nenos e nenas poesía galega.
Os vosos comentarios poden axudarnos a mellorar e completar estas
informacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]