FEBREIRO 2020
Recomendamos: Lúa en Ningures de Beatriz Maceda
Unha historia conmovedora no
sentido etimolóxico da palabra, porque nos fai reaccionar e
empatizar coas sensacións que experimentan os millóns de persoas
que “sobreviven” nos campos de refuxiados.
Lúa,
a nena protagonista, será os nosos ollos, os nosos oídos e ata o
noso corazón nesa terra de ninguén, e ao mesmo tempo de todos, que
é Ningures. Con ela iremos descubrindo a realidade dunha existencia
gris, que só as nenas e nenos son quen de encher de cor ao careceren
da bagaxe vital que, en demasiadas ocasións, constrúe camiños cara
á desesperanza.

Moi
recomendable a lectura desta necesaria e magnífica obra de Beatriz
Maceda, que atopa, nas suxestivas e atractivas ilustracións de Laura
Veleiro, o complemento perfecto.
Irene
Penas
______________________________
GÁLIX
aporta cada mes unha
reseña feita por algún socio para a sección Este
libro encantoume da
OEPLI,
ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as
recomendacións das seccións
aquí,
na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no
noso blog (bota un
ollo na barra lateral!). Se queres colaborar
coas túas reseñas para esta sección, non dubides en nos
contactar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]