OUTUBRO 2019
Recomendamos: Memoria do silencio de Eva Mejuto, ilustración da cuberta de David Sierra
Para
min, como ilustrador, “Memoria do silencio” é un exemplo dunha
historia que se pode visualizar dende o primeiro momento.

Para
quen guste do labor de documentación previa a calquera obra,
“Memoria do silencio” aporta á lectura gran cantidade de
información excelentemente integrada e que realmente consegue
transportar ao lector a estes anos dende, para certos colectivos,
cada decisión tomada podía ser a diferenza entre a vida e a morte.
Eva
Mejuto introduce tamén conceptos sobre o feminismo e a liberdade
sexual, colectivos especialmente perseguidos polos réximes
fascistas, e que engaden outro punto máis de tensión nas vidas das
protagonistas, a parte de actualizar a historia ao século XXI cunha
visión desta época máis ampla que a que se adoita facer.
E
para rematar, como boa novela de época, Eva fía unha trama de
fuxidas, persecucións, perigos que acaban conducindo a un final
imprevisto.
Víctor
Rivas
______________________________
GÁLIX
aporta cada mes unha
reseña feita por algún socio para a sección Este
libro encantoume da
OEPLI,
ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as
recomendacións das seccións
aquí,
na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no
noso blog (bota un
ollo na barra lateral!). Se queres colaborar
coas túas reseñas para esta sección, non dubides en nos
contactar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]