xoves, 26 de setembro de 2019

Xornadas de animación á lectura





Asociación Española de Amigos do Libro celebrará, este venres 27 de setembro as II Jornadas de Animación a la Lectura, na biblioteca Joaquín Leguina de Madrid.

Estas xornadas están dirixidas a todo tipo de profesionais relacionados coa lectura e a educación: animadores, editores, bibliotecarios, libreiros ... e, fundamentalmente, a profesores de Infantil, Primaria e Secundaria.

Entre os especialistas que participan na actividade queremos sinalar a presencia de Cristina Novoa, asesora técnica docente de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación de la Xunta de  Galicia, que participará na mesa redonda sobre o papel da biblioteca escolar na animación lectora.






mércores, 25 de setembro de 2019

Convocatoria do Premio Lazarillo 2019

O Lazarillo é o concurso máis antigo en Literatura Infantil e Xuvenil, que se vén celebrando desde o 1958. 
 
Convocado nas súas primeiras edicións polo extinto Instituto Nacional del Libro Español, desde 1986 ven sendo a OEPLI, e as súas seccións territoriais GÁLIX, Galtzagorri, ClijCat e Consejo General del Libro, a encargada da convocatoria do premio.
O certame conta co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte e de MacDonald’s

O premio Lazarillo convócase nas modalidades de “Álbum Infantil e Xuvenil Ilustrado” e “Creación literaria”, para obras escritas en calquera das linguas do estado para nenos e nenas a partir de 12 anos.

O veredicto do xurado e a entrega do Premio farase público no mes de abril, co gallo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil.

xoves, 19 de setembro de 2019

Revista Lazarillo nº 40

Recibimos na nosa biblioteca a revista Lazarillo nº 40, como doazón da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil

 


Título: Lazarillo. nº 40 (maio, 2019)
Edita: Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil
Periodicidade: Bianual. Editanse dous números ao ano (xuño e decembro)
+ info:




Neste número, na sección "LOS ESCOGIDOS: un espazo onde se recollen e recensionan os títulos que consideran máis interesantes no amplísimo panorama da LIX", recoméndase "La balada de los unicornios" de Ledicia Costas.

Pode consultarse o exemplar nas nosas oficinas.

mércores, 18 de setembro de 2019

Na nosa biblioteca (171)

 



Recibimos de Edicións Xerais o libro do noso compañeiro Miguel Vázquez Freire





Texto:Miguel Vázquez Freire
Ilustracións: [cuberta], Pexels
Editorial: Xerais
Colección: Librox





En Biblos Club de Lectores Revista Galega de Información Literaria - Ano 17 N.º 100 SETEMBRO-OUTUBRO 2019: http://www.biblosclube.com/pdf/revista100.pdf







Miguel Vázquez Freire recolle, nun texto moi necesario, as reflexións de moitos anos sobre a Literatura Infantil e Xuvenil.


Caderno da crítica: https://cadernodacritica.wordpress.com/2019/12/12/da-carapuchina-ao-senor-lamote-de-miguel-vazquez-freire/
Diario Cultural :  http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-04-10-2019-4192523




martes, 17 de setembro de 2019

Na nosa biblioteca (170)

Recibimos como doazón da Ed. Embora, para a Biblioteca GÁLIX :
  • Detrás dos perdidos (2019)
  • A pequena compaña (2019)
  • Sementes viaxeiras (2019)
  • Pelo de nube (2018)
  • O ladrón de voces (2018)

Título: Detrás dos perdidos
Texto: Pedro Rielo
Ilustracións: María Brenn
Editorial: Embora
Colección: O globo
+ info: http://www.edicionsembora.es/producto_detalle.php?producto=1213
Novas:
Entrevista co escritor no diario Cultural da CRTVG :
Recomendación literaria de Armando Requeixo en Diario Cultural:
Recensión literaria:

Título: A pequena compaña
Texto: Carlos Labraña
Ilustracións: Óscar Villán
Editorial: Embora
Colección: Tren das cores
+ info: http://www.edicionsembora.es/producto_detalle.php?producto=1216
VII Premio Estornela de Teatro para Nenos
Novas:
Recensión literaria:

Título: Sementes viaxeiras
Texto: Yolanda Castaño
Ilustracións: Xosé Tomás
Editorial: Embora
Colección: Fardel dos soños
+ info: http://www.edicionsembora.es/producto_detalle.php?producto=1211
Recensións:
Novas:

Título: Pelo de nube
Texto e Ilustracións: Dani Vieitez e Iria Iglesias
Editorial: Embora
Colección: Fardel dos soños
+ info: http://www.edicionsembora.es/producto_detalle.php?producto=1207
Novas:

Título: O ladrón de voces
Texto: María Canosa
Ilustracións: Noemí López
Editorial: Embora
Colección: Fardel dos soños
+ info:
Novas:
Recensión literaria:




venres, 13 de setembro de 2019

A OEPLI PRESENTA NOVE LIBROS PARA A LISTA DE HONRA DA IBBY 2020

A OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil), sección española do IBBY (International Board on Books for Young People), en colaboración co Ministerio de Cultura y Deporte presentará os títulos para a Lista de Honra da IBBY.
Cada dous anos, a Lista recolle unha escolma de libros de recente publicación propostos polas Seccións da IBBY, pola súa relevancia, interese e calidade, en tres modalidades: escritores/as, ilustradores/as e tradutores/as.
A OEPLI, por ter máis dun idioma oficial, presenta catro libros nas modalidades de escritores/as e tradutores/as e un título para a de ilustradores/as.
Desta escolla derívase unha maior divulgación e coñecemento destes títulos e, consecuentemente, un aumento do número de traducións e de edicións estranxeiras de libros de calidade para nenos/as.
Durante os Congresos da IBBY preséntase o catálogo e expóñense as obras. Unha vez que
remata, os libros, viaxan por todo o mundo en exposicións e feiras de libros e inclúense nas coleccións permanentes da Lista de Honra que están na International Youth Library de Munich, o Swiss Institute for Child and Youth Media de Zurich e na Bibiana Research Collection en Bratislava, na JBBY Tokyo e na Northwestern University en Evanston, Illinois.”
Esta selección ofrece unha visión das diversas contornas culturais, políticas e sociais nas que os
nenos e nenas viven e medran e pode ser utilizada por mediadores que participan no desenvolvemento de programas educativos e de alfabetización e iniciativas editoriais para
implementar coleccións exemplares.

Títulos presentados pola OEPLI  para a LISTA DE HONRA DA IBBY 2020
MODALIDADE DE ESCRITORES/AS







MODALIDADE DE TRADUTORES/AS

MODALIDADE DE ILUSTRADORES

ENCONTRO GALEGO DE ILUSTRACIÓN


O 16 Encontro Galego de Ilustración, organizado pola AGPI en colaboración do Concello de Santiago de Compostela e o apoio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, celebrarase no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, os días 27 e 28 de setembro.
O obradoiro con Javirroyo realizarase na Unitaria, calzada de San Pedro e a Sesión DJ Ilustrada no Camalea, praza de San Martiño.
O Encontro trae a Santiago unha escolma do máis interesante que se está a facer na Península no campo da ilustración

martes, 10 de setembro de 2019

III PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) en colaboración co Concello de Pontevedra veñen de convocar o III PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN. A presentación pública, celebrada en Pontevedra o pasado 5 de setembro, correu a cargo de Ana Luna Alonso, Secretaria de GÁLIX, e de Carmen Fouces, concelleira de Cultura de Pontevedra.
A ilustración gañadora será a imaxe da XXI edición do Salón do Libro de Pontevedra, que terá como tema central o humor.
Carmén Fouces, concelleira de Cultura, destacou “a importancia de facelo da man de GÁLIX, que co seu traballo e as súas canles de difusión, permite chegar a todas as latitudes do planeta dentro do proceso de internacionalización no que o Salón está inmerso.”
Pola súa vez Ana Luna manifestou o interese de GÁLIX na súa colaboración co Salón do libro de Pontevedra, tanto na convocatoria deste importante certame como na elaboración da bibliografía temática e na realización das actividades.
O concurso de ilustración está aberto á participación de calquera persoa maior de idade de calquera país, que pode presentar -separadamente- un máximo de dúas imaxes inéditas co tema do humor e en formato dixital, dirixidas á web: www.salondolibro.gal/ilustra
As ilustracións finalistas formarán parte da mostra e do Almanaque do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
O prazo de presentación remata o 14 de outubro de 2019