GÁLIX
(Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) en colaboración co
Concello de Pontevedra veñen de convocar o III
PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN. A
presentación pública, celebrada en Pontevedra o pasado 5 de
setembro, correu a cargo de Ana Luna Alonso, Secretaria de GÁLIX, e
de Carmen Fouces, concelleira de Cultura de Pontevedra.
A
ilustración gañadora será a imaxe da XXI edición do Salón
do Libro de Pontevedra,
que terá como tema central o humor.
Carmén
Fouces, concelleira de Cultura, destacou “a importancia de facelo
da man de
GÁLIX,
que co seu traballo e as súas canles de difusión, permite chegar a
todas as latitudes do planeta dentro do proceso de
internacionalización no que o Salón está inmerso.”
Pola
súa vez Ana Luna manifestou o interese de GÁLIX na súa
colaboración co Salón do libro de Pontevedra, tanto na convocatoria
deste importante certame como na elaboración da bibliografía
temática e na realización das actividades.
O concurso de ilustración está aberto á participación de calquera persoa maior de idade de calquera país, que pode presentar -separadamente- un máximo de dúas imaxes inéditas co tema do humor e en formato dixital, dirixidas á web: www.salondolibro.gal/ilustra
As ilustracións finalistas formarán parte da mostra e do Almanaque do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
O prazo de presentación remata o 14 de outubro de 2019
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]