sábado, 6 de xullo de 2019

Xosé Antonio Neira Cruz é o gañador do II Premio Carlos Mosteiro de literatura infantil e xuvenil

O concello da Pobra do Caramiñal, xunto coa Asociación Cultural Barbantia , convoca en 2018 o I Premio Carlos Mosteiro de literatura infantil e xuvenil, como homenaxe a este escritor que exerceu como mestre neste concello durante moitos anos.  


Na segunda edición deste certame, II Premio Carlos Mosteiro de literatura infantil e xuvenil, o xurado, formado pola escritora Patricia Mallo, a vocal da Asociación Cultural Barbantia Pilar Sampedro e o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro, elexiu por unanimidade a obra titulada O enigma do baúl pechado, do escritor compostelán Xosé Antonio Neira Cruz, que será publicada pola editorial Galaxia

Referencias á nova na web:

 

1 comentario:

  1. Useful article, thank you for sharing the article!!!

    Website bloggiaidap247.com và website blogcothebanchuabiet.com giúp bạn giải đáp mọi thắc mắc.

    ResponderEliminar

[Comentario blog]