O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o director xeral de
Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, e Xosé Antonio Perozo,
presidente de GÁLIX, participaron este mércores, 12 de xuño, no
acto de entrega de premios do concurso Selfie LIX de Galicia convocado pola Asociación Galega do Libro Infantil e
Xuvenil (GÁLIX), sección galega da Oepli.
O premiado na categoría de primeiros lectores (de 1º a 3º de Primaria) foi Oriol de la Fuente Rial, que participou a través da Biblioteca Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo (Santiago), cunha representación do libro “Axente Riciños”.
O premio dos lectores avanzados (de 4º a 6º de Primaria), foi para Mara López Rivera, do CEIP Virxe do Carme de Sober (Lugo), cun selfie sobre “O soño do merlo branco”.
O gañador na categoría de Súper Lectores foi Joel Covelo Gallego, do IES Carlos Casares de Vigo, cunha foto que representa unha das ilustracións do libro “O misterio do faro vello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]