mércores, 30 de maio de 2018

Convócase o Premio Lazarillo 2018

A OEPLI vén de convocar o premio anual Lazarillo de 2018. Este ano, na modalidade infantil.

Como sabedes, este premio adícase a 2 modalidades:


Modalidade de Ilustración:
Destinado a estimular a produción de álbums infantís ilustrados, dotado con 3.000 € de premio. Presentaranse maquetas dunha obra con algunhas ilustracións. Descarga as bases para ver toda a información.



Modalidade de Literatura:
Adicado a estimular a produción literaria infantil de calidade, está dotado tamén con 3.000 €. As obras presentadas, de carácter xuvenil, terán un máximo de 80 páxinas. Bota un ollo ás bases completas descargándoas aquí.

Lembrade que podedes consultar tamén as obras gañadoras en edicións pasadas neste enlace.

Toda a información na web da OEPLI aquí. Descarga as bases para as modalidades de Ilustración (aquí) e Literatura (aquí).


venres, 18 de maio de 2018

Na nosa biblioteca (107)


Velaquí as últimas novidades dos amigos de Galaxia:


Título: Amor por catro
Texto: Helena Villar Janeiro
Editorial: Galaxia
Colección: Costa Oeste

TítuloO segredo da vella librería
Texto: Xabier López López
Ilustracións: Xosé Tomás
Editorial: Galaxia
Colección: Árbore azul, + 10 anos

Título: Serpe de cristal
Letras e música: Pirilampo
Ilustracións: Federico Fernández
Editorial: Galaxia
Colección: Sonárbore

Na nosa biblioteca (106)

Dende Editorial Narval chéganos esta novidade:


TítuloA miña voz
Texto e Ilustracións: José Fragoso
Tradución: Laura Sousa Sánchez
Editorial: Narval Editores
Colección:Álbum ilustrado
Reseña de Montse Pena Presas en Chamando a terra

mércores, 16 de maio de 2018

Compilación de reseñas


Grazas á nosa secretaría técnica, ofrecémosvos esta compilación de reseñas que esperamos que sexa de utilidade para o lectorado e as persoas mediadoras:



martes, 15 de maio de 2018

Letras Galegas 2018 - M.ª Victoria Moreno


Imaxe miniatura de Galaxia./ Imaxe superior de lingua.gal
Estamos xa na semana das letras, preparadas para celebrarmos o Día das Letras Galegas que neste 2018 homenaxea á grande María Victoria Moreno.


Na páxina da Real Academia Galega atopamos varios recursos para celebrar o día e coñecer máis da figura e da obra de María Victoria Moreno [aquí]. Aquí, no Portal da Lingua, tes tamén ligazóns a exposicións, eventos, e outros actos relacionados.

Feliz día das nosas letras!

Máis enlaces de interese:

Artigos e conversas:


luns, 14 de maio de 2018

Certames e premios literarios


Hai varios premios de LIX e ilustración en marcha, non perdas detalle de ningún!



II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade


Convoca: O Instituto de Estudios Chairegos e o Concello de Vilalba, en colaboración con Edicións Xerais de Galicia.
Dotación: 3.000 euros en metálico e a publicación da obra gañadora, cunha tirada inicial de 1.500 exemplares.
Prazo de presentación: do 23 da abril ao 12 de xullo de 2018
Díptico coas Bases do premio.
A gañadora do I Premio foi María Reimóndez pola novela "Fóra do normal"
Máis info


XII Premio “Raíña Lupa” de Literatura Infantil e Xuvenil

Prazo: ata o día 1 de xuño de 2018.
Premio: 6.500 €
Bases

XIII Premio “Castelao” de Banda Deseñada

Establécense dous premios, dotados con 6.500 € cada un deles, para cada unha das seguintes categorías:
a) MODALIDADE XERAL. Obras dirixidas a todo tipo de lectores.
b) MODALIDADE LIX. Obras dirixidas especificamente ao público lector infantil e xuvenil.
Prazo: remata o día 15 de xuño de 2018
Bases

XXVII Premio edebé de Literatura Infantil e xuvenil

Convoca: Editorial Edebé.
Modalidades:  Infantil (de 7 a 12 anos) e Xuvenil (a partir de 13 anos). A primeira dotada cun premio de 25.000€ e a segunda cun premio de 30.000€
Idioma: Escritos en castelán ou en calquera das linguas do estado.
Xenero literario: Novela. Extensión das obras será dun mínimo de 20 páxinas e máximo de 80 para a modalidad infantil, e de 80 a 200 para xuvenil.
Derradeiro día para enviar obras: 15 setembro 2018
Bases en galego


venres, 11 de maio de 2018

Entrega de Premios Gala do Libro Galego 2018


O vindeiro sábado, 19 de maio, terá lugar a 3ª Gala do Libro Galego, no Teatro Principal, en Santiago de Compostela

Convocada por AELG, FLG e AGE, a Gala deste ano incorpora novidades en relación ás categorías: a anterior modalidade de literatura infantil e xuvenil dá lugar a dúas modalidades, e incorpóranse os premios á obra de divulgación, á banda deseñada e ao libro mellor editado.

En canto ás modalidades Iniciativa cultural ou de fomento da lectura, Proxecto literario na rede e Xornalismo cultural, que, anteriormente premiaban o traballo realizado no ano previo, agora pasan a recoñecer a traxectoria de varios anos, valorándose, por tanto, a constancia ao longo do tempo nestes ámbitos.


OBRAS EDITADAS EN 2017

Infantil
 - A batalla da pequena Chañan Curi Coca, de Rosa Aneiros, ilustrado por Almudena Aparicio (Edicións Xerais de Galicia).
Bruxa e familia, de Paula Carballeira, ilustrado por Lucía Cobo (Oqueleo).
A señorita Bubble, de Ledicia Costas, ilustrado por Andrés Meixide (Edicións Xerais de Galicia).
Tinta de luz, de Xosé María Álvarez Cáccamo, ilustrado por Berta Cáccamo (Chan da Pólvora Editora).
  
Xuvenil
 - 22 segundos, de Eva Mejuto (Edicións Xerais de Galicia).
Os arquivos secretos de Escarlatina, de Ledicia Costas, ilustrado por Víctor Rivas (Edicións Xerais de Galicia).
Corredora, de María Reimóndez (Edicións Xerais de Galicia).
Os nenos da varíola, de María Solar (Editorial Galaxia).
  
Libro ilustrado
 - O branco non pinta!, ilustrado por María Brenn, de Antía Otero (Apiario).
As estrambóticas aventuras do Barón Münchhausen, ilustrado por David Pintor (Bululú Editorial).
A horta de Simón, ilustrado por Rocío Alejandro (Kalandraka Editora).
Tinta de luz, ilustrado por Berta Cáccamo, de Xosé María Álvarez Cáccamo (Chan da Pólvora Editora).
  
Libro de banda deseñada
 - Alter-Nativo, de Jorge Campos (Aira Editorial).
O Bichero (VII), de Luís Davila (autoedición).
Fóra do mapa, de Emilio Fonseca (Deputación da Coruña).
Licor café. 13 grolos da Nova banda deseñada galega, de varias-os autoras-es (Demo Editorial).
Tonecho, de Xaquín Marín (Editorial Galaxia).

 Iniciativa bibliográfica
 Anna Turbau. Galicia, 1975-1979, Anna Turbau (Consello da Cultura Galega).
- Colección Xerais Básicos Ciencia (Edicións Xerais de Galicia).
- Colección Biblioteca de Teatro, Chévere (Kalandraka Editora).
  
Tradución
 A hora de espertarmos xuntos, de Kirmen Uribe, traducido por Isaac Xubín (Edicións Xerais de Galicia).
Pippi Mediaslongas, de Astrid Lindgren, traducido por David A. Álvarez (Kalandraka Editora).
O rapaz que nunca existiu, de Sjon, traducido por Elías Portela (Rinoceronte Editora).
Vidas imaxinarias, de Marcel Schwob, traducido por Samuel Solleiro (Aira Editorial).

 Libro mellor editado
 Alter-Nativo, de Jorge Campos (Aira Editorial).
Baixo as mesmas nubes, de Elga Fernández Lamas (Edicións Embora).
Camuflaxe, de Lupe Gómez (Chan da Pólvora Editora).
Lumes, de Ismael Ramos (Apiario).
Pippi Mediaslongas, de Astrid Lindgren (Kalandraka Editora).
  
PREMIOS ÁS TRAXECTORIAS

 Iniciativa cultural ou fomento da lectura
 - Biblioteca Neira Vilas de Vigo.
- Chan da Pólvora (proxecto de libraría e edición).
- Clube de lectura feminista Libraría Lila de Lilith/Plataforma de Crítica Literaria A Sega.
- Viñetas desde o Atlántico.
  
Proxecto literario na rede
 - BiosBardia, dirixida por César Lorenzo Gil, https://biosbardia.wordpress.com/
Caderno da crítica, de Ramón Nicolás, https://cadernodacritica.wordpress.com/
Criticalia, de Armando Requeixo, http://armandorequeixo.blogaliza.org/
Galicia Encantada. Enciclopedia de fantasía popular de Galicia, dirixida por Antonio Reigosa, https://galiciaencantada.com/

Xornalismo cultural
 - Ana Romaní
- Daniel Salgado
- Montse Dopico
- Montse Pena Presas

xoves, 10 de maio de 2018

Na nosa biblioteca (105)

Velaquí as últimas novidades de abril da editorial Xerais:



TítuloA noite das bicicletas
Texto: Teresa González Costa
Ilustracións: Jacobo Fernández Serrano
Editorial: Xerais
Colección: Merlín. + 11 anos

Precuela de "A filla do ladrón de bicicletas", Premio Merlín de Literatura Infantil 2010, Premio Frei Martín Sarmiento 2012

TítuloO lobo con botas
Texto: El Hematocrítico
Ilustracións: Alberto Vázquez
Tradución:  Anaír Rodríguez
Editorial: Xerais
Colección: Pequeno Merlín. Álbums



TítuloStreet poems
Texto: Fran Alonso
Ilustracións: Fotografías de Fran Alonso
Editorial: Xerais
Colección: Sopa de libros


TítuloChoiva de ras
Texto: Ánxela Loureiro
Ilustracións: Xosé Tomás
Editorial: Xerais
Colección: Merlín + 9 anos

Entrevista a Ánxela Loureiro en La Voz de Galicia 

Título
A biblioteca de Pedrarcana
Texto e Ilustracións:  Carlos Taboada
Editorial: Xerais

Colección: Merlín + 9 anos



TítuloMaría Victoria Moreno: sementadora de futuro
Texto: Isabel Soto, Xavier Senín
Editorial: Xerais
Colección: Crónica. Biografía

Reseña literaria en Caderno da crítica, blog de Ramón Nicolás

Na nosa biblioteca (104)


Dende Alvarellos Editora chégannos estas novidades:


Título: A miña profe é un monstro!
Texto e Ilustracións: Peter Brown
Tradución: Marta Pérez e Quique Alvarellos, coa supervisión de María Reimóndez
Editorial: Alvarellos Editora
Colección: Verdemar 






TítuloA raíña das tortas
Texto: Alejandro Mene Pazos
Ilustracións: Blanca González Crespán
Editorial: Alvarellos Editora
Colección: Verdemar




Título: A promesa do cabezolo
Texto: Jeanne Wilis
Ilustracións: Tony Ross
Tradución: Marta Pérez e Quique Alvarellos, coa supervisión de María Reimóndez
Editorial: Alvarellos Editora
Colección: Verdemar

mércores, 9 de maio de 2018

Novas da LIX


Velaquí algunhas novas da LIX que quedaran no tinteiro:



martes, 8 de maio de 2018

Na nosa biblioteca (103)


Dende Sushi Books recibimos estas novidades do mes de abril:


TítuloO hobbit
Texto e Ilustracións: J.R.R. Tolkien
Tradución: Moisés Barcia
Editorial: Sushi Books
Colección: Avanzado
Edición especial e limitada, en tapa dura e con ilustracións a cor e en branco e negro do propio autor. 

Título: O libro do verán
Texto e Ilustracións: Tove Jansson
Tradución:  do francés de Moisés Barcia
Editorial: Sushi Books
Colección: Avanzado
Tove Jansson (1914-2001) é unha escritora, pintora e ilustradora finesa coñecida por ter creado os Mumin. En 1966 obtivo o Premio Hans Christian Andersen de literatura infantil polo conxunto da súa obra.


Iniciativa: Podcast sobre María Victoria Moreno en O recuncho do lector


As amigas de O recuncho do lector convídannos a colaborar na súa iniciativa para o día das letras, un podcast colaborativo falando sobre María Victoria Moreno e a súa obra.

Se queres colaborar, podes enviar unha nota de voz ao correo orecunchodolector [arroba] gmail.com.

E non te perdas o podcast o día das letras!

Na nosa biblioteca (102)


Elmer é o último que recibimos da man de Kalandraka:


TítuloElmer
Texto e Ilustracións: David McKee
Tradución:
Editorial: Kalandraka
Colección: Tras os montes
Máis info.  Elmer é un clásico que Kalandraka vén de recuperar en galego e que cumple 30 anos este 2018. Aquí  podes ver un especial de The Guardian polo 25 aniversario da publicación, con subtítulos escritos especialmente para o xornal por David McKee.


luns, 7 de maio de 2018

Exposición Ilustrando Galicia 2016-2017


Dende o 25 de abril e ata o 3 de xuño, a Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga acolle unha exposición de ilustración literaria galega.

A obra que se expón en Ilustrando Galicia (2016-2017) pretende ofrecer un achegamento á  realidade máis actual da ilustración de libros nesta Comunidade. Para facelo, atendeuse aos libros editados nos anos 2016 e 2017 e seleccionáronse 23 artistas galegos ou establecidos en Galicia que tiveran obra publicada nese período nunha primeira edición.

Entre os 23  ilustradores e ilustradoras presentes na exposición atopamos artistas cunha ampla traxectoria que veñen mantendo a súa actividade ao longo do tempo ata o momento actual, artistas ben coñecidos e tamén recoñecidos dentro e fóra da nosa Comunidade. E, xunto a eles, está aquí representada  unha nova promoción de homes e mulleres que inician agora a súa andaina como ilustradores.
Máis información aquí. Ubicación aquí.

venres, 4 de maio de 2018

Este libro encantoume (maio 2018)


MAIO, 2018

Recomendamos: A señorita Bubble, de Ledicia Costas.

Nunha vila calquera dun país calquera, dúas nenas, unha de 9 anos, Noa,  e a súa irmá de 6, Sofi, van
a cotío a unha escola onde  as persoas que se supón que están alí para formalas con agarimo e ensinarlles a vivir neste mundo creándolles incentivos para, unha vez coñecido, tenten transformalo nun lugar atractivo e máis habitable, son en realidade unas bruxas rosmonas e desagradables que só semellan odiar aos nenos e nenas e que, moi lonxe de querer facerlles amar a lectura, como sería o propio dunha bibliotecaria ( e aquí debo confesar o meu desgusto,  por ter sido unha bibliotecaria que realmente AMABA  a súa profesión), semella que o único que pretenden é que as nenas e nenos refuguen xa non só dela, senón tamén desa deprimente escola que os “non acolle” no seu día a día…
Mais un día as pequenas deciden fuxir desa escola abafante e será daquela cando o feliz encontro coa señorita Bubble cambiará por completo xa non só as súas vidas, senón tamén ás dos habitantes (nai e pai incluídos) do pobo onde viven.
Miss Bubble, a quen todos na vila chaman  a bruxa comenenos, é en realidade unha dama inglesa de idade indefinida e aspecto estrafalario, enxeñosa, divertida, amable e cariñosa pero, por riba de todo, unha grande inventora ; os seus trebellos, prácticos e alucinantes van facer as delicias das dúas pequenas…
Obra roaldhaliana ata a medula, está narrada cunha linguaxe vivaz, lixeira e desenfadada, dende a perspectiva dunha nena, pero que podería ser tamén a dun neno, coas idades das dúas protagonistas.
Os mundos dos adultos e dos nenos, que transcorren en paralelo, non semellan chegar a cruzarse nunca.
Sen utilizar en absoluto o didactismo, Ledicia (nome que, por certo, acáelle moi ben ó ton dos seus libros) está, sen embargo, dicíndonos que, de cando en vez, as adultas e adultos deberíamos abaixarnos e tentar contemplar o mundo dende a perspectiva daqueles. Moi diferentes haberían de ser as cousas daquela.
O libro encantoume, lese dun tirón e é de agradecer ese final agridoce que nos deixa cun sorriso nos beizos.
Fantásticas as ilustracións de Andrés Meixide. Axústanse perfectamente ás descricións da autora.

Carmen Bar Cendón
______________________________
GÁLIX aporta cada mes unha reseña feita por algún socio para a sección Este libro encantoume da OEPLI, ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as recomendacións das seccións aquí, na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no noso blog (bota un ollo na barra lateral!). Se queres colaborar coas túas reseñas para esta sección, non dubides en nos contactar.