luns, 7 de maio de 2018

Exposición Ilustrando Galicia 2016-2017


Dende o 25 de abril e ata o 3 de xuño, a Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga acolle unha exposición de ilustración literaria galega.

A obra que se expón en Ilustrando Galicia (2016-2017) pretende ofrecer un achegamento á  realidade máis actual da ilustración de libros nesta Comunidade. Para facelo, atendeuse aos libros editados nos anos 2016 e 2017 e seleccionáronse 23 artistas galegos ou establecidos en Galicia que tiveran obra publicada nese período nunha primeira edición.

Entre os 23  ilustradores e ilustradoras presentes na exposición atopamos artistas cunha ampla traxectoria que veñen mantendo a súa actividade ao longo do tempo ata o momento actual, artistas ben coñecidos e tamén recoñecidos dentro e fóra da nosa Comunidade. E, xunto a eles, está aquí representada  unha nova promoción de homes e mulleres que inician agora a súa andaina como ilustradores.
Máis información aquí. Ubicación aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

[Comentario blog]