O vindeiro sábado, 19 de maio, terá lugar a 3ª Gala do Libro Galego, no Teatro Principal, en Santiago de Compostela
Convocada por AELG, FLG e AGE, a Gala deste ano incorpora novidades en relación ás categorías: a anterior modalidade de literatura infantil e xuvenil dá lugar a dúas modalidades, e incorpóranse os premios á obra de divulgación, á banda deseñada e ao libro mellor editado.
En canto ás modalidades Iniciativa cultural ou de fomento da lectura, Proxecto literario na rede e Xornalismo cultural, que, anteriormente premiaban o traballo realizado no ano previo, agora pasan a recoñecer a traxectoria de varios anos, valorándose, por tanto, a constancia ao longo do tempo nestes ámbitos.
OBRAS EDITADAS EN 2017
Infantil
- A batalla da pequena Chañan Curi Coca, de Rosa Aneiros, ilustrado por Almudena Aparicio (Edicións Xerais de Galicia).
- Bruxa e familia, de Paula Carballeira, ilustrado por Lucía Cobo (Oqueleo).
- A señorita Bubble, de Ledicia Costas, ilustrado por Andrés Meixide (Edicións Xerais de Galicia).
- Tinta de luz, de Xosé María Álvarez Cáccamo, ilustrado por Berta Cáccamo (Chan da Pólvora Editora).
Xuvenil
- 22 segundos, de Eva Mejuto (Edicións Xerais de Galicia).
- Os arquivos secretos de Escarlatina, de Ledicia Costas, ilustrado por Víctor Rivas (Edicións Xerais de Galicia).
- Corredora, de María Reimóndez (Edicións Xerais de Galicia).
- Os nenos da varíola, de María Solar (Editorial Galaxia).
Libro ilustrado
- O branco non pinta!, ilustrado por María Brenn, de Antía Otero (Apiario).
- As estrambóticas aventuras do Barón Münchhausen, ilustrado por David Pintor (Bululú Editorial).
- A horta de Simón, ilustrado por Rocío Alejandro (Kalandraka Editora).
- Tinta de luz, ilustrado por Berta Cáccamo, de Xosé María Álvarez Cáccamo (Chan da Pólvora Editora).
Libro de banda deseñada
- Alter-Nativo, de Jorge Campos (Aira Editorial).
- O Bichero (VII), de Luís Davila (autoedición).
- Fóra do mapa, de Emilio Fonseca (Deputación da Coruña).
- Licor café. 13 grolos da Nova banda deseñada galega, de varias-os autoras-es (Demo Editorial).
- Tonecho, de Xaquín Marín (Editorial Galaxia).
Iniciativa bibliográfica
- Anna Turbau. Galicia, 1975-1979, Anna Turbau (Consello da Cultura Galega).
- Colección Xerais Básicos Ciencia (Edicións Xerais de Galicia).
- Colección Biblioteca de Teatro, Chévere (Kalandraka Editora).
- Mulleres bravas da nosa historia (Urco Editora).
Tradución
- A hora de espertarmos xuntos, de Kirmen Uribe, traducido por Isaac Xubín (Edicións Xerais de Galicia).
- Pippi Mediaslongas, de Astrid Lindgren, traducido por David A. Álvarez (Kalandraka Editora).
- O rapaz que nunca existiu, de Sjon, traducido por Elías Portela (Rinoceronte Editora).
- Vidas imaxinarias, de Marcel Schwob, traducido por Samuel Solleiro (Aira Editorial).
Libro mellor editado
- Baixo as mesmas nubes, de Elga Fernández Lamas (Edicións Embora).
- Camuflaxe, de Lupe Gómez (Chan da Pólvora Editora).
- Lumes, de Ismael Ramos (Apiario).
- Pippi Mediaslongas, de Astrid Lindgren (Kalandraka Editora).
PREMIOS ÁS TRAXECTORIAS
Iniciativa cultural ou fomento da lectura
- Biblioteca Neira Vilas de Vigo.
- Chan da Pólvora (proxecto de libraría e edición).
- Clube de lectura feminista Libraría Lila de Lilith/Plataforma de Crítica Literaria A Sega.
- Viñetas desde o Atlántico.
Proxecto literario na rede
- BiosBardia, dirixida por César Lorenzo Gil, https://biosbardia.wordpress. com/
- Caderno da crítica, de Ramón Nicolás, https://cadernodacritica. wordpress.com/
- Criticalia, de Armando Requeixo, http://armandorequeixo. blogaliza.org/
- Galicia Encantada. Enciclopedia de fantasía popular de Galicia, dirixida por Antonio Reigosa, https://galiciaencantada.com/
Xornalismo cultural
- Ana Romaní
- Daniel Salgado
- Montse Dopico
- Montse Pena Presas
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]