xoves, 29 de xuño de 2017

Verkami do libro-disco 2 de Sira e o robot


Facémosvos chegar a información deste Verkami da man de Mark Wiersma. Aínda quedan 4 días para facer o proxecto realidade!




O proxecto é un librodisco (o segundo, parte dun proxecto ambicioso de 10 librodiscos), unha proposta interesante e novidosa.

Neste momento quedan 4 días no crowdfunding, e precísanse só algo máis de 500 € para poder chegar á meta e publicar este traballo.

Tes toda a información nos enlaces máis arriba.

luns, 26 de xuño de 2017

Na nosa biblioteca (62)


Aquí tedes as novidades de Xerais:


Título: 22 segundos
Texto: Eva Mejuto
Editorial: Xerais
Colección: Fóra de xogo
Web do libro 

Título: Conta saldada
Texto: Suso de Toro
Ilustracións: (Cuberta) Antonio Seijas
Editorial: Xerais
Colección: Fóra de xogo

Reedición da obra, novela editada en 1996.

venres, 23 de xuño de 2017

Na nosa biblioteca (61)


Velaquí a última novidade que nos trae Kalandraka:


Título: Rufus, o morcego que adoraba as cores
Texto e Ilustracións: Tomi Ungerer
Tradución: Sandra Senra Gómez e Óscar Senra Gómez
Editorial: Kalandraka
Colección: Tras os montes

xoves, 22 de xuño de 2017

Na nosa biblioteca (60)


Dúas revistas máis para a nosa biblioteca, a revista Lazarillo e a revista do IBBY:


Título: Lazarillo, revista de la Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil [nº 36 (maio, 2017)]
Edita: Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil


Título: Bookbird: a journal of international children's literature
Editorial: IBBY International Board on Books Young People


mércores, 21 de xuño de 2017

Na nosa biblioteca (59)


Velaquí a última novidade de Baía Edicións para a nosa biblioteca:


Título:  Os golfiños e o xigante
Texto: Inacio Vilariño Sanmartín
Ilustracións: Iván Suárez
Correcciójn lingüística: Marta Negro Romero
Editorial: Baía
XII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques 2016, modalidade para rapaces, convocado por AGADIC / Reseñas literarias en Trafegando Ronseis / Noticia no blog de GÁLIX dos premios


Guías de lecturas para o verán


As bibliotecas municipais de Oleiros veñen de presentarnos catro guías con recomendacións para lermos este verán. Con elas, prométennos lecturas para sorrir, reflexionar ou emocionar.


Cada unha das guías diríxense a un grupo de idade. Podedes velas e descargalas en cada un dos enlaces máis abaixo. Lembrade que estes libros están dispoñibles nas vosas bibliotecas e que podedes levalos en préstamo.

Visita a túa biblioteca e goza da lectura este verán!




Nova no blog de Biblioleiros


martes, 20 de xuño de 2017

Así foi a entrega de premios do concurso Andersen Hoxe en Cambre



Foto da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.


A semana pasada celebramos, en Cambre, a entrega de premios do concurso Andersen Hoxe,
convocado pola OEPLI a través das súas seccións.

O acto de entrega tivo lugar o 15 de xuño ás 18:30h na Biblioteca Pública Municipal “Os Templarios” de Cambre.

Na web da Secretaría Xeral de Cultura podes ler a nova na que se destacan as verbas que o secretario xeral de Cultura adicou ao acto.

No Facebook do Concello de Cambre podes ver unha morea de fotos do acto, coas gañadoras e os representantes da Xunta, de GÁLIX e do Concello e a Biblioteca. Podes velas aquí.
Máis información do premio aquí. As gañadoras, aquí.

luns, 19 de xuño de 2017

Letras Galegas 2018: María Victoria Moreno

Imaxe cortesía de Editorial Galaxia

Esta fin de semana coñecimos por fin a quen estará adicado o Día das Letras Galegas 2018. Cumprindo cunha longa débeda tanto ás mulleres coma á LIX, no Pleno Ordinario do 17 de xuño, elixiuse honrar a María Victoria Moreno.

Desde GÁLIX queremos amosar a nosa ledicia ante esta boa nova. Comezamos cos preparativos para a celebración!
Máis información no portal da RAG e en Cultura Galega.



xoves, 15 de xuño de 2017

Entrevista a Andrea Maceiras na Revista Criaturas




A Revista Criaturas volve á carga cunha entrevista á autora Andrea Maceiras. Bota un ollo aquí!

mércores, 14 de xuño de 2017

Entrega de premios do concurso Andersen Hoxe



Mañá celebrarase a entrega dos premios ás gañadoras do concurso Andersen Hoxe, convocado pola OEPLI a través das súas seccións.

Lembrámosvos que as gañadoras en Galicia foron:

  • Primeiros Lectores: Cristina Garrido Vázquez. Biblioteca “Os Templarios”. Cambre (A Coruña)
  • Lectores Avanzados: Ángela Fontecoba Fernández. Biblioteca “Os Templarios”. Cambre (A Coruña)
  • Superlectores: Katia Tojo Soto. Biblioteca “Ánxel Casal”. Santiago de Compostela (A Coruña)


Convidámosvos a participar ao acto de entrega dos premios do concurso Andersen Hoxe de Galicia que terá lugar o 15 de xuño ás 18:30h na Biblioteca Pública Municipal “Os Templarios” de Cambre.
Máis información do premio aquí
Agardámosvos!

Na nosa biblioteca (58)

Máis novidades para comezar o mes! Desta volta, de Xerais:


Título: Corredora
Texto: María Reimóndez
Editorial: Xerais
Colección: Fóra de xogo
Reseñas literarias: en Palabra de Gatsby por David González Domínguez e en Trafegando Ronseis por Noa Presas

Título: Costa do solpor. O regreso da illa do tesouro
Texto: Xosé Mª Lema
Editorial: Xerais
Colección: Fóra de xogo

Continuación de Costa do solpor, Premio da Crítica Galicia (creación literaria) 2014
Reseñas literarias no xornal dixital Que pasa na Costa, artigo de Manuel Suárez Suárez, e no blog Trafegando Ronseis / Ruta literaria:"Ruta Costa do Solpor"



Título:  Misión Tokyo
Texto: Pere Tobaruela
Ilustracións: Andrés Meixide
Editorial: Xerais
Colección: Formig4s

Cuarto título da serie Formig4s.
Reseña literaria no blog Trafegando ronseis

martes, 13 de xuño de 2017

Na nosa biblioteca (57)


Dúas novas publicacións para a nosa biblioteca: a Revista Faristol, editada polo ClijCat, e unha publicación recibida da Deputación de Ourense, a obra gañadora do XIII Premio Pura e Dora Vázquez de Literatura Infantil e Xuvenil 2016:


Título: Faristol: revista del Llibre Infantil i Juvenil; nº 85 (abril, 2017)
Editorial: Consell Català del Lilibre Infantil i Juvenil


Título: Dos estranos ollos de Damaluar e das aventuras que lle sucederon o día que desapareceron as súas zapatillas
Texto: Montserrat Pís Marcos
Ilustracións: Francisco Pérez Villanueva (Quico)
Editorial: Deputación Provincial de Ourense, 2016

luns, 12 de xuño de 2017

A aventura de ler, xornada arredor da animación lectora

 


Informámosvos da celebración dunha interesante xornada arredor da lectura e o fomento do hábito lector organizada por Xandobela dentro do proxecto Erasmus+ The Adventure of Reading.

O evento terá lugar o 15 de xuño na Galería Sargadelos de Compostela.


AXENDA DO EVENTO

OBRADOIROS DE FORMACIÓN - Inscricións de balde para os obradoiros en info@xandobela.info

12:00h. BRINCAR COAS LENDAS. NIVEL 1.
Brincaremos cos contos, coas palabras, co noso corpo, coa nosa voz, con monicreques e tamén xogaremos cos obxectos a animalos, a espertar a metáfora que durme dentro deles, para que formen parte do espazo escénico e sirvan de reforzo á palabra sen quitarlle protagonismo.
IMPARTE: Raquel Queizás (contadora, actriz e titiriteira).

16:30h. "CONTAR É CAER DA BURRA"
Escoitar, conversar, colleitar, destilar, contar, convivir... Tradición oral e contar, un oficio que todos e todas temos.
IMPARTE: Celso F. Sanmartín (contador de tradición oral e poeta).

FALANDO DE... - Entrada libre ata completar ocupación

18:30h. GUÍAS DE LECTURA PARA CALQUERA COMPOSTURA
Presentación dos resultados do proxecto europeo Erasmus + 'The adventure of reading' con representantes das entidades parceiras 'La Corte della Carta' (Italia), Asociaçao para o desenvolvemento de Pitoes (Portugal) e Xandobela, Educación e Cultura (Galicia).

19:00h. FALADOIRO SOBRE A ANIMACIÓN Á LECTURA
Comparten mesa e mantel: Celso F. Sanmartín (contador de tradición oral e poeta), Raquel Queizás (contadora, actriz e titiriteira), Fátima Villamel (mestra e contadora), Sole García (administrativa e nai).
Evento en Facebook / Web de Xandobela / Web do Proxecto


Este libro encantoume (xuño 2017)



XUÑO, 2017

Recomendamos: Corredora, de María Reimóndez
Se che gusta correr, vaiche gustar Corredora, de María Reimóndez, e se aínda non tes ningún libro de María, xa podes escoller entre todos estes escritos para ti: Usha (Xerais 2006), Lía e as zapatillas de deporte (Xerais 2008), O monstro das palabras (Xerais 2009),  Volvo! O regreso de Usha (Xerais 2014), e agora Corredora (Xerais 2017). Genet naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía, rodeada de montañas. Alí vive coa súa nai e co seu pai que pasa tempadas fóra, na chaira, pacendo os animais. Coma todas as nenas da aldea, Genet encárgase da casa e de levar a cabra a pastar cando queda soa. Sempre hai escaseza, pero o ano en que a situación é desesperada pola fame, os homes da aldea deciden que as mulleres máis novas deben camiñar ata a cidade para pedir esmola, nas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba. Aquí comeza aventura da corredora. Na cidade hai unha chea de cousas atractivas das que Genet non vai poder gozar polo de agora: ”Quen sabe se algún día ela poderá probar tales beberaxes”. Genet, adopta o alcume de Solomon e o aspecto dun neno para pasar desapercibida, e mentres fai os recados, corre: “ninguén ataca a unha persoa que corre veloz”. A historia da corredora é un conto de superación persoal, da moza que se vai facendo Genet, que grazas ao apoio da súa nai Toiba, a do seu adestrador Abebe, á das súascompañeiras como Meseret, e sobre todo, á da súa afouteza, que lle permite pasar de correr para ser invisible a correr para que a vexan. Toda unha campioa que retrata a tradición de estrelas etíopes do atletismo como Tiki Gelana, de Tirunesh Dibaba, de Teyba Erkesso, de Eyerusalem Kuma, e tantas outras!

Ana Luna Alonso
______________________________
GÁLIX aporta cada mes unha reseña feita por algún socio para a sección Este libro encantoume da OEPLI, ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as recomendacións das seccións aquí, na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no noso blog (bota un ollo na barra lateral!). Se queres colaborar coas túas reseñas para esta sección, non dubides en nos contactar.

Eventos libreiros


Malia chegar tarde a dar conta das primeiras feiras do libro do ano e do novo evento compostelán que é a SELIC, Semana do Libro de Compostela, gustaríanos dar conta deles e confiar en chegarmos a tempo para vos trasladar as seguintes citas da axenda libreira do ano.

Nestes enlaces podedes ver máis información:

venres, 9 de xuño de 2017

Na nosa biblioteca (56)


Rematamos a semana con dúas novas incorporacións á nosa biblioteca, por unha parte, o último número da Revista Platero e, por outra, unha publicación do Concello da Coruña que contén o catálogo da exposición Panorama da BD Galega 2016:


Título: Panorama da BD galega 2016 [catálogo de exposición]
Texto: [comisario da exposición], Jano Viñuela

Editorial: Concello da Coruña, 2017


Editorial: Seminario de Literatura Infantil y Juvenil. Centro de Profesores y Recursos. Oviedo
Inicio: 1986
Periodicidade: Bimestral
Número temático da vida de María Isabel Molina escrito por Carlos Benjamín Pereira Mira.Reseñas literarias de:  Dragal. La herencia do dragón e Dragal. La metamorfosis do dragón.

mércores, 7 de xuño de 2017

Na nosa biblioteca (55)


Recibimos unha morea de novidades da man de Oqueleo, o novo selo editorial de Obradoiro Santillana, do cal podes descargar o seu catálogo completo aquí.


Título: A vaca dixo mua
Texto: Gloria Sánchez
Ilustracións: Teresa Bellón
Editorial: Oqueleo / Santillana-Obradoiro
Colección: Narrativa. Amarela + 6 anos


Título: Bruxa e familia
Texto: Paula Carballeira
Ilustracións: Lucía Cobo
Editorial: Oqueleo / Santillana-Obradoiro
Colección: Narrativa. Morada + 8 anos


Título: O que nunca che contaron
Texto: María Canosa, Kike Gómez
Ilustracións: Dani Padrón
Editorial: Oqueleo / Santillana-Obradoiro
Colección: Narrativa. Morada + 8 anos
Reseña literaria en Trafegando ronseis

Título: Hilario e os tres medos
Texto: Xoán Babarro
Ilustracións: [cuberta], Iria Fafián
Editorial: Oqueleo / Santillana-Obradoiro
Colección: Narrativa. Laranxa + 10 anos


Título: Os recreos de Nicolasiño
Texto e Ilustracións: Goscinny-Sempé
Tradución: Antón Palacio
Editorial: Oqueleo / Santillana-Obradoiro
Colección: O Nicolasiño. Laranxa + 10


Título: O bosque pálido
Texto: Jaureguizar
Ilustracións: [cuberta] Xulia Vicente
Editorial: Oqueleo / Santillana-Obradoiro
Colección: Narrativa. Azul  + 12


Título:  O segredo da casa de Formoso
Texto: Héctor Cajaraville
Editorial: Oqueleo / Santillana-Obradoiro
Colección: Xuvenil
Reseña literaria na web do autor

martes, 6 de xuño de 2017

Newsletter Rexional do IBBY




Xa está dispoñible a nova Newsletter Europea do IBBY coas novas rexionais que as seccións enviamos.
Podes consultala neste enlace e ler das actividades que se levan a cabo en toda Europa, incluíndo o proxecto de axuda aos refuxiados.



luns, 5 de xuño de 2017

Coñecemos os gañadores dos Premios Xerais 2017

Imaxe: web de Xerais

Este sábado celebrouse na Illa de San Simón a entrega dos Premios Xerais 2017. Na gala, lembrouse con agarimo a figura de Agustín Fernández Paz e a editorial agasallou a todos os presentes cun exemplar de Un mundo de palabras*, a obra que recolle os ensaios de Agustín Fernández Paz sobre o libro e o fomento da lectura, con Isabel Soto como editora literaria.

Velaquí os premiados desta edición:

  • XXXIIª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil: Concorreron 35 traballos, entre os que resultou gañadora a obra Muriel, de María Canosa.
  • IXª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil: Concorreron 19 obras, entre as que resultou elixida Ceiba de Luz, de Manuel Lourenzo.

No que respecta ao XXXIV Premio Xerais de Novela, o gañador foi Santiago Lopo con A arte de trobar.

Toda a información sobre os premios e os gañadores aquí.

*En GÁLIX dispoñemos, na nosa biblioteca, dun exemplar para consulta.