Velaquí as gañadoras galegas do concurso do DILI 2017 Andersen Hoxe

Publicado por GÁLIX | 25.5.17 Deixa un comentario

Como ben sabedes, con motivo do Día Internacional do Libro Infantil a OEPLI e as súas seccións, entre as que se inclúe GÁLIX, convocan un concurso no que poden participar nenos e nenas dende os seus colexios e bibliotecas.

Este ano, o concurso chamouse Andersen Hoxe e os participantes debían debuxar como sería un personaxe da obra de Andersen se a súa historia fose escrita na actualidade.

Na nosa sección, as gañadoras foron:

PRIMEIROS LECTORES


Cristina Garrido Vázquez. Biblioteca Pública Municipal “Os Templarios”.Cambre (A Coruña)

LECTORES AVANZADOS


Ángela Fontecoba Fernández. Biblioteca Pública Municipal “Os Templarios”. Cambre (A Coruña)

SUPERLECTORES


Katia Tojo Soto. B.P. Ánxel Casal. Santiago de Compostela (A Coruña).

Noraboa ás tres! Pronto poñeremos data para a entrega de premios, seguídenos para non perder detalle ;)


Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]