mércores, 26 de abril de 2017

26 Premio edebé de Literatura Infantil e Xuvenil



Durante o mes de abril publicáronse as bases do 26 Premio edebé de Literatura Infantil e Xuvenil.

A este premio poderán presentarse obras orixinais e inéditas de literatura infantil ou xuvenil, escritas en galego ou en calquera das linguas do estado. O prazo de admisión remata o 15 de setembro de 2017.

Máis información nas bases aquí.



xoves, 20 de abril de 2017

Danse a coñecer os finalistas da Gala do Libro Galego 2017

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia  deron a coñecer este mes de abril as obras finalistas da Gala do Libro Galego 2017, un galardón co que se pretende recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2016 en Galicia.

As obras gañadoras, sen dotación económica, serán determinadas por un xurado externo e daranse a coñecer o vindeiro 20 de maio nunha Gala que terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

As obras que resultaron finalistas no ámbito da LIX e da ilustración son:

Literatura Infantil e Xuvenil

  • A casa do medo. De Agustín Fernández Paz. Editorial Rodeira
  • Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. De Ledicia Costas. Edicións Xerais de Galicia
  • O soño do Merlo Branco. De Agustín Fernández Paz. Ilustracións de Lucía Rodríguez Cobo. Edicións Xerais de Galicia
  • Marta e a píntega. De Eli Ríos. Ilustracións: Patricia Román. Editorial Galaxia
  • A soidade das medusas. De: Iria Collazo López. Editorial Galaxia

Libro Ilustrado

  • Canta connosco. De Óscar Villán. Kalandraka Editora
  • Marcopola 4. Avoa Power. De Jacobo Fernández Serrano. Edicións Xerais de Galicia
  • Aire. María Fumaça. VVAA. Ilustracións de P. Pastor. Editorial Galaxia
  • Presas fáciles. De Miguelanxo Prado. El Patito Editorial
  • Os lapis primos. De José A. Ramírez Lozano, Natalie Pudalov. OQO Editora

Tamén temos representación da LIX e a ilustración noutras categorías:

Fomento da lectura ou iniciativa cultural:
  • Salón do Cómic da Coruña
  • Ciclo Vermú entre libros (Libraría Paz)
  • Espazo Lectura (Gondomar)
  • Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
Iniciativa bibliográfica
  • Será correcto? De Concha Blanco e María Canosa. Hércules de Ediciones
Teatro
  • Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada. De Carlos Labraña. Editorial Galaxia
Proxecto literario na rede
  • Brabádegos. Portal de Literatura infantil e xuvenil, de Romina Bal
  • Os Bolechas

mércores, 12 de abril de 2017

Na nosa biblioteca (49)


Estas son as últimas doazóns de Baía Edicións para a  biblioteca de GÁLIX:


Título: A cova da moura
Texto: Natalia Carou Figueira
Ilustracións: Xosé Gimeno
Editorial: Baía Edicións
Colección: Meiga Moira


Título: A illa do silencio
Texto: David D. Vázquez Álvarez
Ilustracións: Marcos B.
Editorial: Baía Edicións
Colección: Meiga Moira


Título: Caramulo e a capinteira dos soños
Texto: Anxo Moure
Ilustracións: Cristina Ouro
Editorial: Baía
Colección: Contoconto


Título: A xacia Luviñas
Texto: Anxo Moure
Ilustracións: Cristina Ouro
Editorial: Baía
Colección:Contoconto


Na nosa biblioteca (48)


Máis novidades, desta volta, as de Sushi Books en abril:



Título: Habaixo o colexio!: unha guía para a vida escolar dirixida ós alumnos e os seus pais
Texto: Geoffrey Willans
Ilustracións: Ronald Searle
Tradución: Moisés Barcia
Editorial: Sushi Books. Rinoceronte Editora
Colección: Intermedio

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.
Reseñas: Lecturo Literaturo: blog da Bca do CPI Progreso de Catoira


Na nosa biblioteca (47)



De Rodeira-Edebé chegaron como doazón para a nosa biblioteca estas obras:



TítuloA fábula dos ratos mensaxeiros
Texto e Ilustracións: Xan López Domínguez
Editorial: Rodeira-Edebé
Colección: Tucán. Laranxa (8+)

Descargar capítulo /
Entrevista con Xan López Domínguez por Jesús Giménez: Las alucinantes criaturas del zoo de Xan López Domínguez (03/06/16)

Título: A inmortal
Texto: Ricardo Ruiz Garzón
Ilustracións: Maite Gurrutxaga
Tradución: Isabel Soto
Editorial: Rodeira-Edebé
Colección: Tucán. Verde (10+)


TítuloO aprendiz de bruxo e Os invisibles
Texto:Jordi Sierra i Fabra
Ilustracións: Francisco Ruizge
Tradución: María Xesús Gómez Sanjurjo
Editorial: Rodeira-Edebé
Colección:Tucán. Verde (10+)


luns, 10 de abril de 2017

Acto GÁLIX no Salón do Libro de Pontevedra


O día 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil, celebramos en no Salón do Libro de Pontevedra, aproveitando a súa xornada de peche, un acto propio adicado aos representantes galegos na Lista de Honra do IBBY.

Neste acto, presentado polo noso presidente Xosé Antonio Perozo, Fina Casalderrey adicou á audiencia unhas fermosas palabras sobre a importancia da nosa asociación así como de coidar dos lectores e lectoras de LIX, ademais de ler o manifesto do DILI 2017 (podes lelo aquí).

Ledicia Costas e Ramón Nicolás, pola súa banda, falaron sobre a repercusión de que os seus títulos formen parte da listaxe de honra do IBBY. A este respecto, Ledicia Costas subliñou como este feito axudou a levar o seu traballo a outras xeografías e destacou a boa imaxe que a LIX galega ten fóra das nosas fronteiras, agradecendo o traballo de Fina Casalderrey, Paco Do Campo e Agustín Fernández Paz, entre outros, como pioneiros neste campo.

Pola súa banda, Ramón Nicolás expresou o orgullo de traer ao galego a obra de Ana María Machado, o que foi para el unha satisfacción tanto persoal como profesional.

Este libro encantoume (abril 2017)


ABRIL, 2017

Recomendamos: Os tres porquiños, na adaptación de Xosé Ballesteros
Nesta versión do clásico os personaxes están totalmente antropomorfizados e trasladados a un mundo moi semellante o noso, ilustrado fermosamente por Marco Somá.
O detallismo das ilustracións permítenos ler e reler e seguir descubrindo en cada unha das páxinas multitude de aspectos que nos sacaran un sorriso. Esta minuciosidade comeza incluso antes que a propia historia, con unhas traballadas gardas que semellan as maletas dos porquiños. Nas ilustracións tamén podemos topar guiños meta-literarios como por exemplo que o conto que están a ler os protagonistas é a "Galiña roxa" (un álbum deste mesmo ilustrador).
A súa estrutura reiterativa, tan común nos contos tradicionais, invita a que os nenos interactuen o contar a historia soprando e tamén repetindo as expresións, algunhas delas propias da tradición oral galega. No texto destaca tamén a importancia que se lle da as onomatopeas destacadas tipograficamente, propiciando a marcalas cando o álbum é narrado.
Por todo isto este conto encantoume e semella unha acertada opción para gozar cos nenos da lectura.
Atenea Ruibal
______________________________
GÁLIX aporta cada mes unha reseña feita por algún socio para a sección Este libro encantoume da OEPLI, ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as recomendacións das seccións aquí, na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no noso blog (bota un ollo na barra lateral!). Se queres colaborar coas túas reseñas para esta sección, non dubides en nos contactar.

domingo, 9 de abril de 2017

Na nosa biblioteca (45)


Estas son as novidades que Kalandraka publicou no mes de marzo:


Título: Agni e a chuvia
Texto: Dora Sales
Ilustracións: Enrique Flores
Tradución: Tamara Andrés
Editorial: Kalandraka
Colección:Sete Leguas


Título: Grisela
Texto: Anke de Vries
Ilustracións: Willemien Min
Tradución: Arianne Faber e Pilar Martínez
Editorial: Kalandraka
Colección: Demademora


Título: Polo camiño
Texto e Ilustracións: Mariana Ruiz Johnson
Tradución: Xosé Ballesteros
Editorial: Kalandraka
Colección: Acartonados

O conto interpretado en lingua de signos. [Colexio Público de Educación Especial Vilagarcía de Arousa]

Na nosa biblioteca (46)

Durante o mes de marzo recibimos estas novidades da man de Xerais:


Título: Sementes
Texto e Ilustracións: Sonia García Vidal
Banda sonora: Álvaro Buxeiro
Editorial: Xerais
Colección: Pequeno Merlín. Álbums.
Libro + CD (banda sonora + conto locutado)
Críticas literarias:  Gracia Santorum, Romina Bal e Ramón Nicolás.

Título: Carlos Casares: vida e literatura
Texto: Damián Villalaín
Ilustracións: fotos, Fundación Carlos Casares, il. cuberta e retratos, Evaristo Pereira
Editorial: Xerais
Colección:Merlín + 11 anos
Publicado con motivo do Día das Letras Galegas. Crítica literaria en Caderno da Crítica


Título: 4_Xinetes
Texto: Anxo Fariña [blog]
Editorial: Xerais
Colección: Milmanda


Novo catálogo de literatura infantil e xuvenil publicada en 2016


Xa está dispoñible o catálogo que todos os anos elaboramos cos títulos de literatura infantil e xuvenil publicados en Galiza no ano anterior.

Podes descargar o catálogo 2017 neste enlace e lembra que podes ver o resto de catálogos na páxina de recursos, na sección Catálogos, guías e recursos online, ao final da páxina.

Novas relacionadas: O catálogo de Libros infantís e xuvenís de Galicia 2017 difunde máis de 100 títulos en galego no mercado internacional