mércores, 29 de marzo de 2017

A OEPLI presenta 15 ilustradores e ilustradoras para a Bienal de Bratislava


A OEPLI presenta 15 ilustradores e ilustradoras para a Bienal de Bratislava 2017.

Cada dous anos celébrase en Bratislava a Bienal de Ilustración e a OEPLI, como sección española de IBBY, selecciona entre os 45 ilustradores e ilustradores presentados polas seccións a 15 con 24 libros de recente publicación.

No marco da Bienal, un xurado internacional concede os seguintes premios ás mellores obras: un Grand Prix cun valor de 3000 $, cinco Mazás de Ouro de 1500 $ e cinco Placas cun valor de 100 $ cada unha.

Para a edición de 2017 os seleccionados son:


luns, 27 de marzo de 2017

Na nosa biblioteca (44)


Recibimos de Baía Edicións, como doazón para a biblioteca GÁLIX, os catro títulos da colección Divírtete con:


Divírtete con Michi a gata


Divírtete con Kera o oranguntán


Divírtete con Laica a cadela


Divírtete con Tembo o bebé elefante

Texto e Ilustracións: Gabriel Cortina
Tradución: Equipo de tradución de Baía
Editorial: Baía Edicións
Colección: Divírtete con


venres, 24 de marzo de 2017

Obradoiros de Compostela Literaria - Romaría Formativa 2017


Compostela Literaria trae dous interesantes obradoiros: Dereitos de Autor@ e contratos editoriais, este sábado día 25, e Redes sociais e comunicación online, o vindeiro 8 de abril.

Podedes contactar e preinscribirvos no enderezo compostelaliteraria@gmail.com. 





xoves, 23 de marzo de 2017

Presentación de Mulleres Bravas da nosa historia na Biblioteca Municipal de Ponteceso


Mañá, día 24 de marzo, preséntase na Biblioteca Municipal de Ponteceso, ás 20:00 horas a colección Mulleres Bravas da Nosa Historia, de Urco Editora.

Alí estarán, Eva Agra, ilustradora da colección, Eli Ríos, autora dun dos volumes e Andrea Jamardo de Urco Editora.

A colección Mulleres Bravas da nosa historia está composta por unha serie de libros infantís que tratan a vida e a obra das mulleres que tanto fixeron pola nosa cultura e o noso pais. Dende unha perspectiva de xénero e sempre baixo uns lentes lilás, a Libraría de Mulleres Lila de Lilith e Urco Editora lanzan esta colección coa finalidade de facer visibles a esas mulleres e os seus traballos.

Obradoiro de mediación lectora



BAMAD Galicia organiza, en colaboración co Salón do Libro de Pontevedra, un obradoiro gratuíto sobre mediación lectora o día 25 de marzo. Podes ver toda a información e inscribirte neste enlace e consultar o programa aquí.


Na nosa biblioteca (43)


Hércules de Edicións presenta esta novidade da súa colección Novas Lecturas:


Título: Meu avó, rei das pequenas cousas
Texto: Joâo Manuel Ribeiro
Ilustracións: Catarina Pinto
Tradución: Ánxela Gracián
Editorial: Hercules de Ediciones
Colección: Novas lecturas. A partir de 11 anos

Na prensa: en La Voz de Galicia e en El Correo Gallego

mércores, 22 de marzo de 2017

Presentación de Sangue de Lúa de Sabela González en Vigo


Este venres 24 de marzo, Sabela González presenta o peche da súa triloxía, As Crónicas de Landereina, na libraría Librouro de Vigo, acompañada de Carlos Lema por parte da Editorial Galaxia.

Toda a información no evento de Facebook e na web da autora.

martes, 21 de marzo de 2017

O Libro Xigante de Víctor Rivas no Salón do Libro



No Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra celebrouse o pasado sábado día 18 de marzo a primeira festa do Libro Xigante, unha actividade que durou todo o día e que estivo dirixida polo noso socio Víctor Rivas.

Este é o segundo Libro Xigante, dirixido por Víctor Rivas e coordinado por Esther Vázquez, e contou coa colaboración como ilustradores de: Carlos Trigo, Beatriz Torres (Zirta), Elizabeth Rodriguez (MeliMolita), Ines Casarejos Comesaña, Ignacio Hernandez, Luz Beloso, Saray Garcia, Michel Casado.
O corrector galego foi Miguel Ángel Alonso Diz, e como axudantes e rotulistas participaron Marta Rivas, Carla Moreiras, Paula García e Pablo Permuy.

Podedes ver o libro fisicamente no Salon do Libro de Pontevedra ata o 2 de abril. Tamén podedes velo virtualmente no seu álbum de fotos de Facebook aquí.


xoves, 16 de marzo de 2017

X Premio Compostela




Un ano máis, a Editorial Kalandraka e o Concello de Santiago convocan o Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, dotado con 9.000 €. O prazo de recepción de obras remata o 12 de maio e a obra gañadora coñecerase durante o mes de xuño.

Consulta aquí as basesConsulta aquí toda a información da convocatoria e anteriores edicións


martes, 14 de marzo de 2017

Na nosa biblioteca (42)


Velaquí a última novidade de Sushibooks:


Título: Todos teriamos que ser feministas
Texto: Chimamanda Ngozi Adichie
Tradución: Moisés Barcia
Editorial: Sushi Books. Rinoceronte Editora.
Colección: Avanzado

venres, 10 de marzo de 2017

Na nosa biblioteca (41)

Através Editora tráenos estes títulos en marzo:


Título: Poemas no faiado: antologia de poesia lusófona para crianças
Texto: ed. lit., Gemma Fernández e José Serén
Ilustracións: Boti
Editorial: Através Editora, 2011
Colección: Através das letras, 3


Título: Nântia e a Cabrita d'ouro
Texto: Concha Rousia
Editorial: Através Editora, 2012
Colección: Através das letras, 6


Título: Vicentinho e as árvores da paz
Música: Tou-po-rou-tou; dir. artística: Servando Barreiro
Texto: Anxo Moure
Ilustracións: Sandra López Escribá
Editorial: Através Editora, 2010
Colección: Fóra de coleçao. Disco-livro

Grupo Tou-po-rou-tou

Faleceu Palmira G Boullosa


O pasado 9 de febreiro faleceu Palmira González Boullosa, socia número 15 de GÁLIX.

Palmira foi mestra, escritora e especialista en literatura de tradición oral. En 1987 gañou a segunda edición do Premio Merlín de Literatura Infantil co texto A princesa Lúa e o enigma de Kian (Xerais, 1988).

Desde GÁLIX queremos expresar o noso pesar pola perda desta pioneira da literatura infantil e xuvenil galega, así como amosar o noso apoio aos seus seres queridos.

xoves, 9 de marzo de 2017

Cartel de David Pintor para Conferencia Europea do IBBY


(Preme na imaxe para vela máis grande)

O socio de GÁLIX David Pintor foi o ilustrador encargado de deseñar o cartel da primeira Conferencia Rexional Europea do IBBY, das seis conferencias rexionais que se celebran ao longo do ano, que terá lugar en Bolonia durante o último día da súa Feira do Libro Infantil, o 6 de abril.
Inscricións á conferenciaConferencias rexionais

Web de David Pintor

martes, 7 de marzo de 2017

Aldaolado na Biblioteca Central de Rialeda


Este 9 de marzo, ás 19 horas, poderedes disfrutar no Teatro As Torres de Santa Cruz dunha actuación de Aldaolado, con Lucía Aldao e María Lado.

Con humor, poesía e música realizan o seu espectáculo en clave feminina, utilizando a poesía para botar unhas risas, ou o humor para compartir poemas, sempre acompañado de música en directo.

As bibliotecas municipais de Oleiros convidan a todas as persoas que desexen asistir  a acompañar e divertirse con estas dúas poetas.

Salón do Libro 2017


Xa está aquí unha das citas máis esperadas do ano, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Dende este venres día 10 ata o 2 de abril poderás visitar o salón no Pazo da Cultura de Pontevedra, este ano, baixo o lema "O mundo que queremos".

Dentro do Salón, GÁLIX organiza unha actividade na que presentaremos a Lista de Honra IBBY e realizaremos un encontro con Ledicia Costas e Ramón Nicolás. A escritora Fina Casalderrey fará a lectura da mensaxe do Día Internacional do Libro Infantil 2017, que este ano preparou a sección de Rusia do IBBY, baixo o lema “Medremos co libro”, escrita polo escritor Sergey Makhotin.

Outros socios e socias estarán presentes no Salón, como na presentación do libro Escaquis e Romeu, de Antonio Manuel Fraga ou a sinatura de libros de Ledicia Costas, cos ilustradores Andrés Meixide, Óscar Villán e Víctor Rivas, entre outras. Consulta o programa para descubrilas!

Podes ver máis información do Salón neste enlace.
Descarga o programa aquí.

luns, 6 de marzo de 2017

Feiras do Libro de Galicia 2017



A Federación de Librarías de Galicia xa fixo público o calendario das Feiras do Libro das que poderemos gozar este ano. Segundo se acheguen as datas iremos informándovos no blog e poderedes consultar todos os eventos nesta entrada con este enlace.

venres, 3 de marzo de 2017

Este libro encantoume (marzo de 2017)

Como sabes, GÁLIX aporta cada mes unha reseña feita por algún socio para a sección Este libro encantoume da OEPLI, ao igual que o resto de seccións. Así, todos os meses poderás ver as recomendacións das seccións aquí, na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no noso blog (bota un ollo na barra lateral!). Se queres colaborar coas túas reseñas para esta sección, non dubides en nos contactar.

MARZO, 2017

Recomendamos: Sangue de Lúa, de Sabela González


Berenguela e Güenela conseguiron a apócema coa que poderán destruír a Pedra de Lúa. Porén, fuxir de Svörie, a illa dos sabios, e chegar até a capital do reino de Landereina non semella unha misión doada. Alí deberán rescatar o príncipe Ohn, peza clave no seu plan para impedir que Maëriss, a traidora, complete o seu poder. Para iso contarán coa axuda de Gan, o guerreiro huntai, e mais de Breihm, que procura redimirse da súa culpa. Deles catro depende o destino das xentes de Landereina, atemorizadas ante a posibilidade de que se repita a tiranía que sufriran anos atrás baixo o xugo de Wiasmau.

Sangue de Lúa é a derradeira parte da triloxía fantástica As crónicas de Landereina, da escritora Sabela Gónzalez. Tal e como fixera nas dúas primeiras entregas, combina a aventura das protagonistas con convenientes visitas ao pasado, que serven para que o lector conte cunha perspectiva global dos acontecementos. No caso de Sangue de lúa, o relato pretérito enfócase na vinganza de Wiesmau contra a dinastía dos Gheiroez, describindo o emprego do seu poder como feiticeiro para conxugar un elaborado plan co que atormentará durante décadas á súa descendencia, para acabar erixíndose como tirano de Landeireina. Este recurso enriquece o texto, axudando a narración a atar todos os cabos pendentes e outorgando ao lector información en doses medidas, sen chegar nunca a abafalo.

Este libro encantoume porque profunda nas virtudes que alberga a saga: axilidade narrativa, revisión de patróns e roles no relato fantástico, trazo firme de personaxes e naturalidade dos diálogos

Antonio M. Fraga

Na nosa biblioteca (40)

Estas son as últimas novidades de Xerais que recibimos na nosa biblioteca: