Xa está aquí unha das citas máis esperadas do ano, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Dende este venres día 10 ata o 2 de abril poderás visitar o salón no Pazo da Cultura de Pontevedra, este ano, baixo o lema "O mundo que queremos".
Dentro do Salón, GÁLIX organiza unha actividade na que presentaremos a Lista de Honra IBBY e realizaremos un encontro con Ledicia Costas e Ramón Nicolás. A escritora Fina Casalderrey fará a lectura da mensaxe do Día Internacional do Libro Infantil 2017, que este ano preparou a sección de Rusia do IBBY, baixo o lema “Medremos co libro”, escrita polo escritor Sergey Makhotin.
Outros socios e socias estarán presentes no Salón, como na presentación do libro Escaquis e Romeu, de Antonio Manuel Fraga ou a sinatura de libros de Ledicia Costas, cos ilustradores Andrés Meixide, Óscar Villán e Víctor Rivas, entre outras. Consulta o programa para descubrilas!
Podes ver máis información do Salón neste enlace.
Descarga o programa aquí.
0 comentarios:
[Comentario blog]