xoves, 31 de marzo de 2016

Contacontos Animal na Libraría Suevia



O Día do Libro Infantil e Xuvenil 2016 achégase e bibliotecas e librarías preparan as súas actividades, como a Libraría Suevia, de A Coruña.

Para este 2 de abril, ás 12:30, a Libraría Suevia ten preparada unha sesión de contacontos na que os animais serán os protagonistas. Adultos, nenos e nenas están todos convidados a esta actividade.

Máis información no facebook da libraría aquí e na páxina do evento aquí.

mércores, 30 de marzo de 2016

Na nosa biblioteca (20)


Novos libros de Galaxia para a nosa biblioteca:



Teatro de guiñol
de Pirilampo
Texto: Manuel María
Ilustracións: Iván R.
Prólogo: Xurxo Souto
EditorialGalaxia
Colección: Sonárbore





Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada
Texto: Carlos Labraña
Ilustracións: Rodrigo Chao
EditorialGalaxia
Colección: Árbore (de 10 anos en diante)





As terapias da doutora Ledicia
Texto: Raquel Castro

Ilustracións: Almudena Aparicio
EditorialGalaxia
Colección: Árbore (de 10 anos en diante)

Premio de Honra Estornela de Teatro. Fundación Xosé Neira Vilas, 2014


O enigma de Caronte
Texto: Carlos Vila Sexto
EditorialGalaxia
Colección: Costa Oeste



luns, 28 de marzo de 2016

Na nosa biblioteca (19)


Velaquí as últimas novidades de Xerais recibidas para a nosa biblioteca:




Esmeraldina, a pequena defunta
Texto: Ledicia Costas
Ilustracións: Víctor Rivas
EditorialXerais
Colección: Merlín (de 11 anos en diante)






Pauliño é un cabalo
Texto: Raúl Dans
Ilustracións: Pedro Díaz Lorenzo
EditorialXerais
Colección: Merlín (de 7 anos en diante)







Quen dá a quenda?
Texto: Héctor Cajaraville
Ilustracións: Ignacio Hernández
EditorialXerais
Colección: Merlín (de 9 anos en diante)

xoves, 24 de marzo de 2016

O 4 de abril coñeceranse os gañadores do Premio Andersen 2016

O próximo 4 de abril, na Feira do Libro de Boloña, o IBBY Premios Hans Christian Andersen 2016. Estes premios, chamados os "pequenos Nobel", outórganse cada dous anos dende 1956, son o máis alto recoñecemento internacional a escritores e ilustradores de libros infantís e xuvenís e están patrocinados pola raíña Margrethe II de Dinamarca.
anunciará os gañadores dos

Neste vídeo podedes ver os finalistas.


martes, 22 de marzo de 2016

XVII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra



Ilustración de María Álvarez (Yupiyeyo)
Non queda nadiña para podermos disfrutar do novo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra!

Este ano o tema do salón é CANTA BICHERÍA! Os animais son os protagonistas desta edicións: domésticos, salvaxes, polares, nocturnos, acuáticos... De formigas a osos, de cans a paxaros, animais de todas as partes do mundo, de lugares coñecidos e de lugares por coñecer...

Visita este mundo fantástico da man de Extravaganzza Pérez, a personaxe creada por Ledicia Costas e que cobra vida neste Salón.

Lembra que podes visitar o Salón do 1 ao 23 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra.  


Descarga aquí o programa para coñecer todas as actividades.

luns, 14 de marzo de 2016

Novo catálogo de literatura infantil e xuvenil publicada en 2015



Xa está dispoñible o catálogo que todos os anos elaboramos cos títulos de literatura infantil e xuvenil publicados en Galiza no ano anterior.

Podes descargar o catálogo 2016 neste enlace e lembra que podes ver o resto de catálogos na páxina de recursos, na sección Catálogos, guías e recursos online, ao final da páxina.



Feira do Libro de Nigrán





O día 20 de marzo celebrarase en Nigrán a segunda Feira do Libro do Val Miñor, acollida, nesta ocasión, arredor do concello de Nigrán.

Esta feira quere dar un xiro ás feiras tradicionais, presentando unha programación participativa que abrangue diferentes formas de expresión cultural.

Máis información no seu facebook aquí.




xoves, 10 de marzo de 2016

Estrea da curta A última moeda, de Fina Casalderrey en Pontevedra



A asociación audiovisual Piruleta Vermella, coa colaboración do Concello de Pontevedra, convídavos á estrea da curtametraxe A última moeda, de Fina Casalderrey.

O acto, de entrada libre ata completar a capacidade, terá lugar o domingo 13 de marzo ás 19:00 horas no Teatro Principal de Pontevedra.


Novidades literarias de Edicións Embora


Dende Edicións Embora fannos chegar estes dous novos libros de narrativa galega xuvenil, incluídos na súa colección O Globo.


 Isela
de Carlos López


SINOPSE:
Isela é unha nena moi lista e imaxinativa. Vive en Cidade Clara cos seus pais e o seu avó. Cidade Clara é un lugar onde acontecen feitos verdadeiramente sorprendentes e habitan personaxes divertidos, que iremos coñecendo da man da pequena protagonista. Non te demores máis e vén visitar Cidade Clara, a cidade de Isela.
Os títulos son: “Cinco horas con Mauro”, de Pere Tobaruela, e “Isela”, de Carlos López (Pinto&Chinto)

SOBRE O AUTOR: CARLOS LÓPEZ (Boimorto, 1967) ten publicados unha presa de libros para nenos. Obtivo premios como o Merlín, o Raíña Lupa ou o White Ravens, e as súas obras foron traducidas a varios idiomas.



Cinco horas con Mauro 
de Pere Tobaruela


SINOPSE:
 Mauro estaba farto de que catro compañeiros de clase lle fixeran a vida imposible. E dediciu solucionalo á súa maneira. Nunca antes estivera tan convencido de botar un plan adiante. Faríao pasase o que pasase. Por iso aquela tarde sería diferente. Aínda que a Mauro non lle pasara pola a cabeza que puidese chegar a selo tanto. —Pensaba que isto só pasaba nos libros, nas pelis ou nos videoxogos –dixo en voz alta.
Trata sobre o acoso escolar.

 SOBRE O AUTOR: PERE TOBARUELA (Barcelona 1965). Con cincuenta títulos publicados, transita por diversos xéneros literarios: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, biografía, escolma de entrevistas, conto e novela. Dentro da súa produción novelística atopamos obras infantís e xuvenís, e tamén para o público adulto.



mércores, 9 de marzo de 2016

A biblioteca Luis Rei de Cambados gaña o premio estatal Biblioteca Pública y Compromiso Social 2015


Dende GÁLIX, queremos felicitar á Biblioteca Municipal de Cambados Luis Rei, que vén de gañar o premio estatal Biblioteca Pública y Compromiso Social 2015, convocado pola Fundación Biblioteca Social.

O proxecto Canto conta Cambados!, presentado pola biblioteca, foi valorado como o mellor proxecto por, segundo o xurado, "normalizar ao usuario con discapacidade" o que "facilita a cohesión social e cidadá ao eliminar as fronteiras de destinatarios, actúa coa proximidade e a reivindicación lingüística, de forma que cultura e libro deveñen en instrumentos de pertenza, participación cidadá e transformación". Este proxecto foi o único remitido desde Galicia á segunda edición deste certame.

Adhesión de GÁLIX á Plataforma Seguir Creando


GÁLIX vén de se adherir á moi necesaria plataforma Seguir Creando, na que nos unimos á reivindicación de que calquera profesional da creación poida seguir creando de forma remunerada despois da súa xubilación sen deixar de percibir unha pensión á que contribuíron durante a súa vida activa, algo que a lei prohibe desde o ano 2013.

Podedes atopar máis información sobre as adhesións e reivindicacións desta plataforma no comunicado da AELG publicado neste enlace.

Descargar declaración e listaxe de entidades asinantes

Todas as persoas creadoras unidas por un trato xusto ao seu traballo.

martes, 8 de marzo de 2016

Marilar Aleixandre proposta para entrar na Real Academia Galega



O pleno da RAG vén de oficializar a proposta de Marilar Aleixandre para entrar na Real Academia Galega e ocupar a vacante de Xosé Neira Vilas.

 Unha boa nova para a LIX galega.
Parabéns, Marilar!


mércores, 2 de marzo de 2016

Entrevista a Elena Gallego en La Región


O pasado día 25 de febreiro, Elena Gallego Abad presentou en Ourense, no Foro de La Región a saga Dragal. Co gallo deste acto, fixéronlle unha entrevista que podes ler aquí.

Nova do acto neste enlace.Vídeo neste enlace.

Na nosa biblioteca (18)


Estas son as últimas novidades de Xerais recibidas para a nosa biblioteca:



Tártarus
Texto: Antonio Manuel Fraga
EditorialXerais
Colección: Fóra de Xogo






A cacería
Texto: Amadeo Cobas
Editorial: Xerais
Colección: Fóra de Xogo

V Premio Internacional de Novela Curta "Cidade Centenaria de Riveira" 

martes, 1 de marzo de 2016

Concurso E ti, que vés lendo?



A Federación de Libreiros de Galicia comeza hoxe unha nova edición do concurso “E ti, que vés lendo”.

O concurso estará aberto dende hoxe, 1 de marzo, ao 30 de xuño de 2016.

Como na edición anterior, os participantes recibirán un presente ao acercarse co cupón de participación ás librarías da Federación. Ademais, os gañadores obterán un vale de 20€ para gastar en libros, que poderá ser canxeado ata o 30 de setembro de 2016.

Bota un ollo ás bases, o formulario de inscrición e toda a información neste enlace.