Dende Edicións Embora fannos chegar estes dous novos libros de narrativa galega xuvenil, incluídos na súa colección O Globo.
Isela
de Carlos López
SINOPSE:
Isela é unha nena moi lista e imaxinativa. Vive en Cidade Clara cos seus pais e o seu avó. Cidade Clara é un lugar onde acontecen feitos verdadeiramente sorprendentes e habitan personaxes divertidos, que iremos coñecendo da man da pequena protagonista. Non te demores máis e vén visitar Cidade Clara, a cidade de Isela.
Os títulos son: “Cinco horas con Mauro”, de Pere Tobaruela, e “Isela”, de Carlos López (Pinto&Chinto)
SOBRE O AUTOR: CARLOS LÓPEZ (Boimorto, 1967) ten publicados unha presa de libros para nenos. Obtivo premios como o Merlín, o Raíña Lupa ou o White Ravens, e as súas obras foron traducidas a varios idiomas.
Cinco horas con Mauro
de Pere Tobaruela
SINOPSE:
Mauro estaba farto de que catro compañeiros de clase lle fixeran a vida imposible. E dediciu solucionalo á súa maneira. Nunca antes estivera tan convencido de botar un plan adiante. Faríao pasase o que pasase. Por iso aquela tarde sería diferente. Aínda que a Mauro non lle pasara pola a cabeza que puidese chegar a selo tanto. —Pensaba que isto só pasaba nos libros, nas pelis ou nos videoxogos –dixo en voz alta.
Trata sobre o acoso escolar.
SOBRE O AUTOR: PERE TOBARUELA (Barcelona 1965). Con cincuenta títulos publicados, transita por diversos xéneros literarios: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, biografía, escolma de entrevistas, conto e novela. Dentro da súa produción novelística atopamos obras infantís e xuvenís, e tamén para o público adulto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]