Mañá ten lugar en Pontevedra o
VI Congreso de Escritores/as da AELG, celebrado baixo o título
Para que(n) escribimos o futuro?
Moitos socios e socias de GÁLIX, membros tamén da
Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, participarán mañá nas mesas de traballo deste
VI Congreso de Escritores/as da AELG. Nelas, debatiremos sobre os camiños e posibilidades do traballo de escritores/as, editoriais e outros actores do nacemento dos nosos libros.
Un evento que promete ser unha fervenza de ideas, novas vías de actuación e recursos para todos e todas. Vai todo o noso apoio a estas iniciativas da
AELG, coa esperanza de poder aportar o noso gran de area para seguir a apoiar a LIX galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]