A OEPLI presenta os
títulos para a Lista de Honra da IBBY.
A Lista recolle de xeito
bianual unha selección dos libros máis significativos de recente
publicación e de grande interese e calidade propostos polas Seccións
Nacionais da IBBY en tres modalidades:
escritores/as
ilustradores/as
e tradutores/as.
A escolla ten como consecuencia unha maior
divulgación e coñecemento dos títulos e o aumento considerable do
número de traducións e de edicións estranxeiras de libros de
calidade para nenos/as.
Durante o Congreso da IBBY preséntase o
catálogo e expóñense as obras. Cando remata, os libros itineran
de xeito paralelo por todo o mundo en exposicións e feiras de
libros.
A OEPLI, por ter máis
dunha lingua oficial presenta catro libros nas modalidades de
escritores/as e tradutores/as e un título para a de
ilustradores/as.
A OEPLI, a través das
seccións territoriais, coma GÁLIX, seleccionou os 9 títulos que se indican a
seguir para a LISTA DE HONRA DA IBBY 2016:
MODALIDADE DE
ESCRITORES/AS
TÍTULO AUTOR/A EDITORIAL
Trampapara un pintor Isabel
Molina Santillana, 2014
Zonaprohibida David Cirici Grup
62/Fanbooks
Escarlatina,a cociñeira defunta Ledicia
Costas Xerais, 2014
Orkestralurtarra Harkatiz Cano Elkar. 2014
MODALIDADE DE
TRADUTORES/AS
TÍTULO TRADUTOR/A EDITORIAL
La
lección de August Diego de los Santos
Domingo Nube de Tinta
Quanel meu pare era un arbust Gustau
Raluy/Caroline de Jong Crüilla, 2013
BisaBea, Bisa Bel Ramón Nicolás
Rodríguez Galaxia, 2013
Haizeasahats artean Miren
Arratibel Erein-Igela, 2013
MODALIDADE DE
ILUSTRADORES/AS
TÍTULO ILUSTRADOR/A EDITORIAL
Ícaro Federico
Delicado Kalandraka, 2014
Descubre máis sobre as obras presentadas clicando nos seus títulos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]