Dende GÁLIX presentamos esta guía de recomendacións lectoras para o tempo de Entroido, que achega tanto bibliografía arredor desta temática como recursos e xogos descargables, para centros educativos e bibliotecas.
Contamos tamén con cuestionarios sobre as tradicións destas datas e recomendacións lectoras, por parte de autoras e autores da nosa LIX.
O Entroido constitúe unha das manifestacións máis ricas do noso patrimonio cultural, na que se combinan tradición, creatividade, diversión, participación comunitaria e transgresión. A súa presenza no libro infantil e xuvenil galego permite achegar esta festa ás novas xeracións dun xeito lúdico, de aí esta pequena selección de títulos que, no seu conxunto, contribúe a exaltar a nosa diversidade cultural e identidade colectiva.
No país dos entroidos, descubriremos os seus múltiples nomes, vestirémonos de peliqueiros, boteiros, máscaras, felos, pantallas, xenerais, bonitas ou cigarróns, e comeremos filloas, orellas ou botelos.
A pasalo ben coa lectura e coa festa!!!
Miguel García-Fernández
vogalía de bibliotecas e redes sociais
Accede neste enlace:
Xogos descargables:
Podes descargar a guía premendo na imaxe!
Visita a nosa biblioteca de Entroido!
Ilustrado por: María Montes (vogalía de ilustración)

Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]