mércores, 18 de febreiro de 2026

Día de Rosalía

 

 


Con motivo do Día de Rosalía, que se celebra cada 23 de febreiro, coincidindo coa data de nacemento de Rosalía de Castro, presentamos unha selección de recursos pensados para achegar a súa figura e a súa obra ao alumando e ao publico lector.

Trátase dunha escolma de libros dirixidos á infancia e á adolescencia que achegan a vida e obra de Rosalía dende linguaxes e formatos diversos. Son propostas pensadas para descubrir quen foi, que escribiu e porque segue a ser unha voz fundamental da nosa literatura. Acompañámola, ademais, dunha reflexión sobre Rosalía escrita por Montse Pena Presas, socia de GÁLIX, docente da Universidade de Santiago de Compostela e experta en LIX.

Con estes materiais convidamos ás novas xeracións a achegarse a Rosalía de Castro dunha maneira emocionante e significativa, mantendo viva a súa memoria a través da lectura.

 

 

 Podes consultar e descargar as recomendacións no seguinte enlace

 (premendo na imaxe)

 


 

mércores, 11 de febreiro de 2026

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia 2026 - Recomendacións Lectoras 2026

 

 

Dende GÁLIX queremos unirnos, neste 11 de febreiro, á celebración e reivindicación do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Por iso presentamos esta guía de recomendacións lectoras centrada na importancia de amosar a presenza feminina nos ámbitos científicos a través da literatura infantil e xuvenil galega. 

A publicación recolle unha selección de obras que permiten traballar nas aulas e bibliotecas a ciencia en feminino, ofrecendo a nenas e nenos historias nas que recoñecerse e nas que imaxinar futuros posibles. 

Complétase con testemuños de mulleres senlleiras e profesionais galegas que comparten as lecturas que marcaron a súa infancia, poñendo en valor o papel da lectura na construción de vocacións STEAM. 

Celebrar esta data dende os libros é tamén unha forma de sementar curiosidade, pensamento crítico e igualdade, abrindo camiños para que máis nenas poidan verse facendo ciencia. 


  
Preme na imaxe para descargar a Guía 
 
 
  
 
"O futuro pasa porque a ciencia sexa cousa de todos e de todas"
 
Amparo Alonso. Premio María Josefa Wonemburguer Planells 2020 
 
 
 


 
 
 
 

martes, 10 de febreiro de 2026

Recomendancións lectoras de Entroido 2026

 

 
 
Dende GÁLIX presentamos esta guía de recomendacións lectoras para o tempo de Entroido, que achega tanto bibliografía arredor desta temática como recursos e xogos descargables, para centros educativos e bibliotecas. 
Contamos tamén con cuestionarios sobre as tradicións destas datas e recomendacións lectoras, por parte de autoras e autores da nosa LIX.   
 
 
 
O Entroido constitúe unha das manifestacións máis ricas do noso patrimonio cultural, na que se combinan tradición, creatividade, diversión, participación comunitaria e transgresión.  A súa presenza no libro infantil e xuvenil galego permite achegar esta festa ás novas xeracións dun xeito lúdico, de aí esta pequena selección de títulos que, no seu conxunto, contribúe a exaltar a nosa diversidade cultural e identidade colectiva.  
No país dos entroidos, descubriremos os seus múltiples nomes, vestirémonos de peliqueiros, boteiros, máscaras, felos, pantallas, xenerais, bonitas ou cigarróns, e comeremos filloas, orellas ou botelos. 
   A pasalo ben coa lectura e coa festa!!! 
 
 
Miguel García-Fernández
vogalía de bibliotecas e redes sociais 
 
 
Accede neste enlace: 
 
 
 
 
Xogos descargables:
 
 
 



Podes descargar a guía premendo na imaxe!
 

 
 
 Visita a nosa biblioteca de Entroido!
 
 
 
 
 
 
 
Ilustrado por: María Montes (vogalía de ilustración)