domingo, 30 de xuño de 2024

Convocados os Premios Pura e Dora Vázquez de Narración e Ilustración.

 

A Deputación de Ourense vén de convocar o XX Premio Pura e Dora Vázquez de Narración e Ilustración.

Imaxe da Real Academia Galega. academia.gal.

 

 Na modalidade de narración:

  • Poderán participar obras inéditas

  • En galego normativo.

  • De tema libre.

  • Dirixidas ao lectorado infantil ou xuvenil.

  • Extensión mínima de 25 páxinas e máxima de 100 páxinas.

  • O premio, único, ten unha dotación económica de 3.000 €.

  • O prazo de recepción de obras remata o 2 de setembro de 2024.

     

    Na modalidade de ilustración:

  • Poderán participar obras orixinais para ilustrar o texto premiado na modalidade de narración

  • O tema será o do texto premiado na modalidade de narración.

  • O premio, único, ten unha dotación económica de 3.000 €.

  • O prazo de recepción de obras, logo de coñecido o fallo na modalidade de narración, remata o 29 de novembro de 2024.


martes, 25 de xuño de 2024

Na nosa biblioteca (403)

 

Editorial Galaxia achéganos estas novidades para a Biblioteca de GÁLIX:

 

  • Mover ficha. Proposta didáctiva para as aulas de linguas e literatura

  • Fóra de xogo

  • O violino de Luísa

 

Título:Mover ficha. Proposta didáctiva para as aulas de linguas e literatura

Texto: Rosalía Fernández Rial

Editorial: Galaxia

Colección: Biblioteca de Intervención Social / Didáctica

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/mover-ficha-proposta-didactiva-para-as-aulas-de-linguas-e-literatura/

 

 

 

Novas na rede:




Título: Fóra de xogo

Texto: José Luís Baños de Cos

Ilustracións: Agustina Shuan

Editorial: Galaxia

Colección: Árbore

VI PREMIO DE LITERATURA INFANTIL CARLOS MOSTEIRO

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/fora-de-xogo/




Título
: O violino de Luísa

Texto: Verónica Santalices

Ilustracións: Mara Méndez

Editorial: Galaxia

Colección: Árbore

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/o-violino-de-luisa/

 

 

COMUNICADO OFICIAL DO IBBY SOBRE GAZA

 

Declaración sobre as continuas violacións dos dereitos da infancia en Gaza


O International Board on Books for Young People (IBBY) mantén os principios avalados nas Convencións de Dereitos Humanos das Nacións Unidas, especialmente a Convención sobre os Dereitos do Neno, e insta a todos os líderes mundiais a traballar xuntos en nome dos nenos de Gaza.

IBBY naceu despois da Segunda Guerra Mundial coa crenza inquebrantable de que o entendemento internacional é unha condición necesaria para a tolerancia e a paz mundial. Ao promover os libros infantís e a lectura de calidade, contribuíu a dar a coñecer os ideais de solidariedade, respecto e cooperación entre nenos e mozos de todo o mundo.

IBBY axudou a construír e facer crecer bibliotecas e programas de lectura para nenos de todo o mundo, incluídos en Beit Hanoun e Rafah en Palestina. Creados en 2008, estes eran lugares seguros cheos de máis de cinco mil libros onde os nenos podían ler, compartir pensamentos, escribir poemas, coñecer autores e mesmo gañar premios, como o concurso "Contos do mundo" da UNESCO que gañou un novo membro da biblioteca al-Shawka en Rafah en 2021. Esas bibliotecas foron agora destruídas, pero a perda destas pedras angulares culturais e da infancia é só unha pequena parte da traxedia en Palestina. Mentres observamos a continua violencia e destrución en Gaza, lamentamos os nenos e as familias que morren, feridos, desprazados e orfos. Lamentamos o caos e a confusión que domina a súa vida diaria, a imposibilidade de cubrir as necesidades humanas básicas de alimentos, auga, abrigo e axuda médica.

Todos os nenos do mundo merecen ser protexidos e nutridos. Condenamos as continuas violacións dos dereitos básicos dos nenos en Gaza. IBBY engade a súa voz ás chamadas urxentes de acceso á axuda humanitaria e a subministracións que salvan vidas para a poboación de Gaza. Ademais, instamos encarecidamente aos líderes de Israel e Hamás a que cumpran as decisións e resolucións internacionais para promulgar inmediatamente o cesamento das hostilidades.

 



domingo, 23 de xuño de 2024

Convocados os premios Lazarillo 2024


Este prestixioso galardón, o máis antigo na literatura infantil e xuvenil española, foi convocado polo extinto Instituto Nacional del Libro Español, no ano 1958 na súa tripla modalidade de escritores, ilustradores e editores, co obxectivo de estimular a produción de bos libros infantís e xuvenís. É un dos poucos premios independente de calquera selo editorial que gañaron prestixiosos escritores/as e ilustradores/as da literatura infantil e xuvenil española.

Dende o año 1986 é a OEPLI a encargada de convocalos anualmente nas súas dúas modalidades: Álbum Ilustrado e Creación Literaria.

Co obxectivo de estimular a produción de bos álbums ilustrados destinados ao público infantil e xuvenil e estimular a produción de libros de calidade, especialmente destinados ao público infantil, a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI), que inclúe as seccións de ámbito lingüístico GÁLIX, Galtzagorri, ClijCat e Consejo, e co patrocinio do Ministerio de Cultura e Deporte e de McDonald’s, convoca os Premios Lazarillo 2023.

Este certame de Literatura Infantil e Xuvenil, o máis antigo do Estado español para o lectorado máis novo, ten a particularidade de estar aberto á participación de obras escritas en calquera das linguas do estado.

 Álbum Infantil e Xuvenil Ilustrado

 

  • Para obras orixinais e inéditas.

  • Destinadas ao público infantil ou xuvenil.

  • Formato máximo, DIN A-2.

  • Extensión máxima de 32 páxinas.

  • Cunha dotación de 6.000€

  • O prazo de entrega remata o 30 de outubro de 2024.


Creación Literaria, modalidade xuvenil

 

  • Para obras orixinais e inéditas.

  • Escritas en calquera das linguas oficiais do estado.

  • En calquera xénero literario (narrativa, poesía ou teatro)

  • Destinadas ao lectorado infantil, menor de 11 anos.

  • O premio ten unha dotación de 6000€.

  • O prazo de entrega remata o 30 de setembro de 2024.

  


ACCESO ÁS BASES:

 ÁLBUM

                                    LITERATURA