xoves, 30 de maio de 2024

Na nosa bibliotea (400)

 

Recibimos novidades de Edicións Xerais de Galicia, como doazón para a Biblioteca de GÁLIX:
  • Curriño. O can influencer

  • Curriño. Benvido ao equipo

  • Os peidos máxicos de Sultán

  • O segredo de Joseph Haydn

 

 

Título: Curriño. O can influencer

Texto: Ledicia Costas

Ilustración: Mili Koey

Editorial: Edicións Xerais de Galicia

+ info: https://www.xerais.gal/libro/de-6-anos-en-diante/currino-o-can-influencer-ledicia-costas-9788411105347/

Título: Curriño. Benvido ao equipo

Texto: Ledicia Costas

Ilustración: Mili Koey

Editorial: Edicións Xerais de Galicia

+ info: https://www.xerais.gal/libro/de-6-anos-en-diante/currino-benvido-ao-equipo-ledicia-costas-9788411105354/



Título: Os peidos máxicos de Sultán

Texto: Marta Villar

Ilustración: Lucía Barrios

Editorial: Edicións Xerais de Galicia

Colección: Merlín

+ info: https://www.xerais.gal/libro/de-9-anos-en-diante/os-peidos-maxicos-de-sultan-marta-villar-9788411105361/




Título
: O segredo de Joseph Haydn

Texto: Suso de Toro

Ilustración: Xosé Cobas

Editorial: Edicións Xerais de Galicia

Colección: Camaleón

+ info: https://www.xerais.gal/libro/camaleon/o-segredo-de-joseph-haydn-suso-de-toro-9788411105309/

 

 

 

 

mércores, 29 de maio de 2024

VIII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade

 

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e o Concello de Vilalba, en colaboración con Edicións Xerais de Galicia convocan o VIII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade.


  • Para obras inéditas.

  • Escritas en lingua galega.

  • Temática relacionada coa igualdade.

  • Dirixidas ao lectorado infantil e xuvenil.

  • Extensión libre.

  • O premio ten unha dotación de 3000€

  • O prazo de presentación de orixinais remata o 12 de xullo de 2024.

     

    ACCESO ÁS BASES

       

Na nosa bibliotea (399)

 

A Editorial Baía achegou esta novidade á Biblioteca de GÁLIX:

  • O fabricante de sombreiros

 

 

Título: O fabricante de sombreiros

Autores: Pinto&Chinto

Editorial: Baía

+ info: https://baiaedicions.gal/primeiros-lectores-de-3-anos/592-o-fabricante-de-sombreiros.html



luns, 27 de maio de 2024

Na nosa biblioteca (397)

 

Novidade de Antela Editorial como doazón para a Biblioteca de GÁLIX :

  • Avelaíña e o camiño á illa



Título: Avelaíña e o camiño á illa
Autora: Bea Gregores
Tradución ao galego: Antela Editorial

Editorial: Antela
+ info: https://antelaeditorial.com/index.php/producto/avelaina-e-o-camino-a-illa-gal-esp/

venres, 24 de maio de 2024

Catálogo da OEPLI e seccións de ámbito lingüístico 2023

 

A OEPLI e as súas seccións Gálix, ClijCat, Galtzagorri e Consejo, que corresponden aos ámbitos lingüísticos dos idiomas oficiais do estado, en colaboración co Ministerio de Cultura, edita o catálogo LITERATURA INFANTIL E XUVENIL ESPAÑOLA. Selección OEPLI 2023, un libro/catálogo coa selección bibliográfica dos mellores libros infantís e xuvenís publicados ao longo do ano pasado. 


A selección foi realizada por persoas representativas das diferentes seccións que conforman a OEPLI. Os 201 títulos, que compoñen o catálogo, forman parte desta lista de honra por seren consideradas significativas dentro da gran produción existente, obedecendo a criterios obxectivos de calidade e idoneidade, .

Dada a calidade acadada pola literatura infantil e xuvenil producida nas linguas oficiais do Estado, este catálogo, que ten como finalidade estimular a difusión en ámbitos internacionais, propiciar a compra de dereitos de tradución, publícase tamén en inglés.

Todas as `persoas interesadas poden acceder e descargar o documento nesta ligazón:

DESCARGA






xoves, 23 de maio de 2024

A obra Papóns gaña o IV Premio de Álbum Ilustrado Alberte Quiñoi

 

A obra titulada Papóns, de Sandra Lodi é a gañadora do IV Premio de Álbum Ilustrado Alberte Quiñoi, para obras ilustradas inéditas dirixidas ao lectorado infantil.


O galardón, convocado polo Concello da Estrada coa colaboración de Editorial Galaxia e conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, recibe o seu nome como homenaxe ao autor estradense Manuel García Barros.

O xurado formado por Luz Beloso, Sara Valcárcel Maceira, Luis Davila, Armando Requeixo Cuba, e Carlos Loureiro Rodríguez valorou que o álbum pon en valor a necesidade de preservar e protexer a natureza e respectar os animais e darlles o seu propio lugar. Ademais representa un fermoso vínculo de transmisión cultural e familiar.