A Asociación Agadea, de axuda ás persoas afectadas por demencias tipo Azlhéimer, en colaboración coa SecretaríaXeral de Política Ligüística convoca a terceira edición do Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer co obxectivo deste de sensibilizar e dar o coñecer o Alzhéimer entre o lectorado máis novo.
A este certame poderán presentarse obras:
Orixinais e inéditas escritas en lingua galega.
Que traten o problema da demencia para facela máis comprensible á xente nova.
Dirixidas ao público infantil.
En calquera xénero
O prazo de recepción de orixinais remata o 1 de xullo do 2024.
A dotación económica é de 3.000 euros para a obra premiada.
O ditame darase a coñecer en setembro, con motivo do Mes do Alzhéimer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]