mércores, 20 de setembro de 2023

O escritor vasco Patxi Zubizarreta, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2023

Os Premios Nacionais de Literatura Infantil e Xuvenil son outorgados anualmente polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte como recoñecemento a unha obra dirixida ao lectorado máis novo.


O escritor vasco Patxi Zubizarreta foi galardoado este ano polo seu libro Zerria. O xurado destacou a súa obra “pola excepcional calidade narrativa e a potencia desafiante do relato con descricións hipnóticas que reflexionan sobre a condición humana. Pola mestría dun relato capaz de remover e conmover a nosa conciencia, memoria e o noso presente”. Así mesmo, o xurado sinalou que “Zubizarreta, coa súa exquisita delicadeza e elegante escritura consegue atopar a beleza na ferida e converte a literatura para o público xuvenil nunha pedra preciosa”.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

[Comentario blog]